XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

viernes, 29 de agosto de 2008

ACORDOS DA ASAMBLEA CELEBRADA ONTE EN MALPICA

A asemblea celebrada onte en Malpica aprobou o que brevemente paso a resumir:
1º) Xogar a liga a dúas voltas, con dous grupos un de 12 (os 10 do ano pasado máis os dous que ascenderon) e outro de 11 (entran o Leiloio, Porteño e Corcoesto).
2º) Elevar a cuota de inscripción do equipo ata 200 euros , e elevar a cuota dos árbitros que agora será de 50 euros por partido.
3º) Comenzar a liga o 21 de setembro, e a copa xa se decidirá o seu formato nunha próxima asemblea
4º) Manter a sancións impostas aos xogadores (ata de agora había amnistia ao principio da tempada e todos os xogadores partían de cero). Este foi un dos puntos máis controvertidos xa que a votación gañouse 10 a 9.
No que se refire ao calendario dironnos un provisional e en breve pasarásenos o definitivo.
No que a nós respecta dicirvos que o día 21 de setembro xogamos o primeiro partido en Cances contra o Bergantiños, e o dia 27 o segundo en San Román. Así que xa podemos ir entrenando, porque segúndo teño entendido calquera deles reforzouse de carallo e medio. O mercado de fichaxes anda tolo, isto en vez de un torneo de veteranos para pasalo ben, parece unha competición oficial da UEFA.....señor....señor....o que non fixemos de novos queremos facelo agora de vellos.......en fin .....nos ao noso.......a xogar e a pasalo ben que de iso se trata.

miércoles, 27 de agosto de 2008

EMPEZAN OS BOLOS: DOMINGO XUVENTUDE-LEILOIO, AS 11 EN MALPICA

Comenza os bolos de pre-temporada, así que o domingo día 31 no campo de PEDRA QUEIMADA de Malpìca, as 11,00 da mañán, todos os integrantes da plantilla están convocados para facer o primeiro test. O míster Luis informoume que neste primeiro test no haberá báscula, ou sexa que non haberá control de peso, más ca nada por se lle rompemos o aparello........e vamos a ver se de unha vez por todas estamos vestidos 10 minutos antes de comenzar o partido.
Os rivais van a ser nosos veciños de LEILOIO equipo que entrará este ano na segunda división, e o que lle desexamos, xa dende agora toda a sorte do mundo.
Así que compañeiros sacade as botas do seu cocho, engrasádeas e o domingo a correr polo campo do Malpica....Ah! xogamos en Malpica porque o noso benquerido Vinculeiro Stadium está en reformas.

lunes, 25 de agosto de 2008

PARA REMATAR A TRILOGIA DAS FESTAS: O COCIDO DE 2008

E esta é unha pequena montaxe de vídeo do cocido do ano 2008. Polo momento vamos a dar por rematado o asunto das festas, non sea o demo que a xente pense que o de xogar é unha disculpa para enchernos ata os topes.....aunque non vai a cousa descamiñada. Só decir que estaba caralludo.

sábado, 23 de agosto de 2008

CONCENTRACIÓN DO ANO 2006

Ahí vos vai outro pequeno montaxe de vídeo. Este corresponde ao ano 2006. Sinto non atopar o video do partido de Malpica. ¿acordádesvos? Si, sí, aquel no que fallamos vinte goles e terminamos perdendo creo que por 3-1. É unha lastima porque se podería facer unha montaxe cojonuda, parecida a esa na que saliu aquel Abreu que xogou (é un dicir) no Depor, ou outra que corre por youtube na que se ven pifias incríbles. Que o disfrutedes e preparádevos que este ano ides a saír en internet un día sí e outro xa veremos.......E os amigos da chave, os que buscan o "peio" ao principio deste video, eses tamén van ser estrelas na internet, tempo o tempo. Disfrutade se vos gusta, porque da un choio de carajo e medio.

viernes, 22 de agosto de 2008

GOL DE VEGA

Seguimos chafallando cos videos e hoxe tócalle editar un dos poucos goles ao noso favor que teño grabados. Probamos novas cousas: voz en off, música de fondo. A ver se seguimos mellorando a técnica e poido poñer outras partes das moitas grabacións que temos. Disfrutade....

lunes, 18 de agosto de 2008

¡¡¡¡¡¡ÁNIMO AMIGO, ÁNIMO!!!!!!

Isto vai adicado a tí amigo meu de toda a vida, case poido dicir que irmán, para que sepas que estamos contigo, sempre e en todo momento contigo.
!!!ÁNIMO AMIGO!!!
DURANTE A NOSA VIDA
DISPUTAMOS E GAÑAMOS PARTIDOS
MOI DIFÍCILES, E ESTE QUE
AGORA CHE TOUCOU XOGAR A TÍ,
TAMÉN O VAS A GAÑAR, E POR GOLEADA.
¡¡¡ÁNIMO!!!

domingo, 17 de agosto de 2008

A VER SE FUNCIONA

Esta é a primeira vez que subo un video, vamos a ver como funciona esto. Se sae ben xa sabedes que teño material dabondo para publicar moitos máis.....pero que nadie se alarme......

sábado, 16 de agosto de 2008

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO. ESPERO QUE DISFRUTARADES DAS VACACIÓNS. EMPEZA O LIO DE NOVO

Hola a todos espero que disfrutarades das vacacións, pero como todo ten un remate, xa podedes irlle dando graxa as botas, porque empeza o lio de novo, así que irse preparando que a Xunta Directiva deste equipo quere organizar un partido en próximas fechas e así poder evaluar o estado físico de todos os xogadores. XA HAI QUE EMPEZAR A PRE-TEMPADA, así que menos churrascos e cocidos y maís correr para baixar esos kilos que seguramente teremos enriba. PARA O PRÓXIMO DIA 28 DE AGOSTO ESTAMOS CITADOS POLO COMITÉ A UNHA ASEMBLEA XERAL CO OBXECTO DE PLANIFICAR A TEMPADA 2008-2009. DISQUE ENTRAN TRES EQUIPOS: LEILOIO, CORCOESTO E PORTEÑO, QUE PARECE QUE ENTRARAN EN "SEGUNDA". FALASE DE LIGA A DÚAS VOLTAS E A TRES. Xa informaremos puntualmente sobre a asemblea. Por outra banda dicirvos que se están a facer milloras no VINCULEIRO STADIUM, entre elas unha importante que foi poñerlle riego para que así o campo no estea tan duro. Parece que a cousa vai funcionando porque o aspecto é inmellorable, e senón botádelle unha ollada.