XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

viernes, 30 de enero de 2009

ÚLTIMA HORA: SUSPENDIDA A XORNADA DO DOMINGO

ÚLTIMA HORA 
SUSPENDIDA A XONADA DO DOMINGO
DIA 01/02/2009
Segundo nos acaba 
de informar 
o Comité e debido as
 circunstancias climatolóxicas 
tan adversas que se preveen 
para este fin de semana, 
Supéndese a xornada deste
 domingo que pasará a xogarse 
o día 08/02/2009
Así que queridos compañeiros 
este domingo non temos fútbol

lunes, 26 de enero de 2009

XA ESTAMOS EN SEGUNDA. ZAS 3 --- XUVENTUDE 0

Outro equipo máis que nos goleou. O Zas metiunos, coma case todos, tres goles. Levamos unha media impresionante, máis de tres goles por partido en contra, así non imos a ningún lado, bueno millor dito....xa fomos, estamos xa en SEGUNDA DIVISIÓN, merecidamente porque de pouco nos vale xogar ao fútbol ben se sempre perdemos. Este domingo según me contaron, porque eu no fun ao partido, parece que outra vez xogamos un gran partido nun campo difícil coma o de Zas, pero unha vez máis fallamos incontables ocasións de gol, e eles fixeron todo o contrario, chegaron pouco e marcaron......case sempre.....A verdade é que o isto parece non ter fin. Como de todas as experiencias da vida hai que sacar unha conclusión positiva, a de este ano é que a pesar de perder por goleadas, houbo partidos nos que xogamos moi.....moi ben ao fútbol, outra cousa son os resultados......que non nos axudaron......e tampouco fixemos nada por cambiar a dinámica...Xa dixen más veces que un pouquiño más de mala hostia..........a que puxemos o ano pasado na segunda volta e que nos levou a só perder tres o catro partidos a falta de dúas xornadas para o final, esa mala hostia.....e esa concentración foi o que se votou de menos nestes partidos. O importante é que o grupo aínda se mantén e iso é importante y NOS CINCO ÚLTIMOS PATIDOS QUE NOS QUEDAN NA ELITE, VAMOS A PASALO BEN....A XOGAR AO FÚTBOL......A DIVERTIRNOS.....porque sinceramente creo que o merecemos... sí merecémolos . ¡que carallo!. A disfrutar......neste últimos partidos A......D...I....S....F....R.....U......T......A......R

jueves, 22 de enero de 2009

XUVENTUDE 0 -- NANTON 3

Unha nova derrota neste longo e insufrible camiñar ata a 2ª división. Segundo me conta un dos nosos "redactores" ....fixemos o que poidemos...que parece que no foi pouco. Na primeira parte 0-0. Na segunda todo comenzou con un penalti que só viu o árbitro, porque ao parecer nin eles o reclamaron, pero xa se sabe que a can fraco todo son ..."penaltis en contra", neste caso o trencilla........tuvo un "exceso de vista", que este ano case sempre sufrimos nón, non sei porque será. A partires de ahí, o de sempre, tan pronto nos abren a lata e fácil que nos marquen máis, de todos os xeitos a nós os empates non nos valen para nada, así que da igual.
O DOMINGO XOGAMOS EN ZAS E O PARTIDO É AS 
12,00, así que toca aproveitar a cama un pouco máis.

jueves, 15 de enero de 2009

UNHA MANITA A DOMICILIO: BUÑO 1 -- XUVENTUDE 5

Sí...sí estades a ler ben.....GAÑAMOS 1 --5  aos Oleiros, no campo do Cerqueda. Polo menos este ano conseguimos outra vez macar cinco goles nun partido. A verdade é que do partido non vos podo contar máis que o que me dixeron. que ao parecer ían varios minutos da segunda parte e que estabamos perdendo 1-0, a pesares de facer un par de paus,  como case sempre  vaaa. Nin sei que marcou nin quen xogou. Houbo varias ausencias: O superdelegado, algún que outro, algún máis....eu......, en fin, que a veces amontónaselle a un o choio cando menos o pensa.
Felicitar ao equipo e vamos a ver se se gaña o domingo...eu  por si acaso tampouco vou a estar........así deséxovos sorte e xa me contaredes como foi a  cousa, porque o Nantón que parecía que ía como un foguete, parece que lle pode a presión e comenza a desinflarse, pero seguro que o domingo en Cances quere resarcirse da inesperada derrota contra o San Román, pero que non se confien porque.......igual lles damos unha sorpesiña eh........

martes, 13 de enero de 2009

SOLIDARIDADE COS COMPAÑEIROS DE CABANA: ¡¡¡¡¡FÚTBOL SI, CACOS NON!!!

Acabo de ver o blog dos compañeiros de Cabana e quedei estupefacto. Desde Cances a nosa solidaridade con vós e a nosa máis firme condena para estos actos delictivos practicados polos "amigos do ajeno" para os que é máis fácil roubarlle os cartos aos demáis que gañalos coa súor da súa frente.
¡¡¡¡¡ANIMO COMPAÑEIROS!!!!!!!!! E QUE NOS SIRVA DE LECCIÓN A TODOS OS DEMÁIS EQUIPOS.
Visto o visto o millor será facilitarlle a chave do vestiario aos equipos contrarios, para así curarnos todos en saude.

viernes, 9 de enero de 2009

BENVIDOS NOVAMENTE A ACTIVIDADE: O DOMINGO BUÑO --- XUVENTUDE EN CERQUEDA

O domingo comenzamos un novo ano e esperemos que tamén empecemos unha nova singladura en canto a xogo e polo menos que consigamos divertirnos, xa que é o que nos queda.
EN CERQUEDA AS 11,00. Non vos olvidedes.