XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 9 de junio de 2009

E COLORIN COLORADO ÉSTA COPA SE HA ACABADO: CORCUBIÓN 4 --- XUVENTUDE 1

Pois sí......colorín colorado.......esta copa y este sueño se ha acabado. O domingo o Corcubión pasounos por enriba e gañounos 4-1, segundo me dín os compañeiros quedamos eliminados con todo merecemento. O positivo desta "copa" é a fase de clasificación que nos fixo moito ben para que recobraramos a autoestima. De todos os xeitos, todo hai que dicilo, cecais o partido máis importante xogámolo en Camariñas, porque a realidade é que a maioría dos outros encontros foron "descafeinados", por así dicilo, ó non contar os contrarios moitas veces con toda a súa artillería. Agora só queda traballar para incorporar novos xogadores, xa que os vellos pasounos a fecha de caducidade e temos que dar paso a nova xente, iso sí, xente que ademáis de xogar o fútbol tamén sepa quedar cos compañeiros para tomar algo de vez en cando, e asistir a algún que outro churrasco, porque sen iso o fútbol non tería sentido.
Felicitar aos catro equipos que pasaron a semifinales, en particular aos nosos "verdugos" jejejejejeje de Corcubión , e dexesarlles sorte a todos.
Finalmente despedirme momentáneamente destas labouras de administrador do blog e ofrecerllelo a algún do equipo  que queira continuar con él, porque tamén aquí se necesita un relevo. Se alguén está disposto a seguir non ten máis que poñerse en contacto por medio do correo do club, alí eu lle darei as claves para que poida seguir esta pequena testemuña da actualidade do fútbol de veteranos. Lamentar non haber aprendido a manexar o photosop ou como se chame, e felicitar aos dous millores e máis "cachondos" blogs desta liga: os de Cabana e Malpica....,que nos teñen en vilo ata que non publican as  súas imaxinativas "noticias"....¡¡¡felicidades!!!. 
Antes de finalizar quero darlle ánimos e desexarlle sorte ao amigo que todos temos en mente a diario.....
E vou rematar este post do mesmo xeito que o comencei......colorín.......colorado......isto...........

jueves, 4 de junio de 2009

FOTOS DO XUVENTUDE 0 --- CORCUBIÓN 1

Gracias a xentileza de Suso Villar podemos ver as fotos do partido disputado o domingo nas Eiroas. Gracias Suso polo traballo, Pouco a pouco vámonos dando conta de que este traballo das fotos, dentro de uns anos vaise a ter en consideración, e senón que nos pregunten a nós que temos fotos contadas dos ano 90 cando aínda eramos veteranos-novatos na liga de Santiago, agora botámolas de menos...¿a qué sí?
Que disfrutedes delas:
XUVENTUDE-CORCUBION 31-05-2009