
Hoxe conseguimos doblegar ao Ponteceso no seu campo y gañamos 1-2 nun partido moi....moi difícil. Un gran Ponteceso necesitado de puntos apretounos dende o principio, nembargantes soupemos aguantar as súas embestidas e Pallín, nun alarde de calidade, puxo o 0-1 con unha preciosa "vaselina" (non sei se se escribe así pero todos entendedes). A partires de ahí comenzamos a xogar millor e o controvertido, pero eficiente, Pelat Sorribas desquiciou a defensa contraria nunha das sús internadas, provocando un penalti que tansformou o sempre talentoso : Joaquín. Co partido de cara tivemos un dos nosos clásicos baixóns e o Ponteceso marcou un gran gol. Descanso 1-2. Na segunda parte empezamos coma case sempre "medios dormidos" e dimoslle dúas ocasións de gol que eles non aproveitaron, porque unhas veces fallaron e outras veces foi Cuba no seu "campo maldito" o que lle impediu que lograran marcar, por iso a foto de hoxe vai dedicada a él.. porque neste campo eu sei que sofriu moito e hoxe fixo un partidazo, ao mesmo tempo quitouse o mal fario que o perseguia neste Pinguel. A partir do minuto vinte o partido tornouse bronco, o que dou lugar a uns "incidentes" que xamáis se deberían de producir nun torneo de veterans. Eu dende este humilde foro invito a reflexionar as "cabezas pensantes" sobre a idoneidad de facer unha liga tan competitiva, e tamén a que den as ordes oportunas aos árbitros para que teñan man firme con aqueles que teñán comportamentos antideportivos, senón isto vaise ir ao carallo.....tempo ao ....tempo. O día que por desgracia haxa "un accidente" con algún lesionado grave (e todos sabedes de que falo, que non son precisamente patadas) veremos que o camiño que collemos non é o axeitado. Lamentar as múltiples lesións que houbo no equipo producto na maioría de problemas musculares e desexar a súa pronta recuperación . Coma sempre se queredes ver a clasificacións ir ao enlace do Comité. Unha vez máis convídovos a participar neste blog, porque senón e moi aburrido...facede comentarios, mandade fotos ao correo eléctronico, ou facede algo porque se non hai participación e millor eliminalo.¡VEÑA COÑO QUE ISTO É PARA PASALO BEN!