Acabo de ver o correo electrónico particular, o do noso club e asemesmo acabo de ver no blog do Comité a publicación das "medidas de gracia". Como o Comité non admite comentarios no seu blog, vounos a facer dende aquí. As medidas esas de gracia xa se sabían que existían, sairon pola tele antes da Asemblea do xoves. Nesa asemblea votouse que as sancións do ano pasado continuaban vixentes, e ao ser a asemblea soberana, eu personalmente, creo que hai que respectar a decisión tomada. ¿A qué ven agora esta historia das medidas de gracia se xa esta decidido pola asemblea?. De verdade que as veces non entendo por qué se está a revolver o que non se debe de revolver, ademáis xa é sabido que canto máis revolves máis cheira. Que eu saiba non estamos federados, e non nos afecta para nada iso, é máis, na maioría das asociacións de veteranos non se segue o reglamento da federación a rajatabla senón que se modifican certos artículos, sobre todo os referentes as conductas antideportivas que causen lesión por medio de violencia, aplicándose non as sancións que constan no reglamento senón sancións exemplarizantes que conlevan en ocasións a expulsión da competición por largos períodos de tempo e inclusive por tempo indefinido, todo isto previa aprobación da asemblea general que é quen en definitiva decide cómo, cando e cal é a forma da competición.
¿Hay algún interés en modificar a decisión da asemblea? Espero que non. Non sei para que nos complicamos tanto, a veces o exceso de información e contraproducente porque da lugar a debates que non teñen razón de ser e que por enriba crean confusión.
Dada a suspicacia que existe entre todos nós ven se pode entender que estas "medidas de gracia" adoptadas pola Federación revocan a decisión tomada na asemblea, e os equipos podriamos aproveitarnos de esa confusión, nembargantes espero que impere a cordura: O votado votado está. ¿Por qué quere o Comité que haxa unha nova votación sobre as famosas medidas de gracia?.Todo o que se aparte do decidido na asemblea será pisotear a soberanía da misma. Ollo con estas caralladas que xa bastantes liortas armamos ............sin que agora se pretenda dicidir novamente sobre o decidido, e MOITO MENOS VOTAR VIA TELEMÁTICA porque entonces o Comité está arrogándose unhas competencias que só lle corresponden a Asemblea Xeral, e sen ánimo de ofender parece unha auténtica metedura de pata por parte do Comité.