Quen nos ía dicir a nos co ano que levabamos que a estas alturas estariamos liderando o noso grupo?, pois sí, aproveitando as circunstancias acaecidas, e tendo en conta a derrota do Camariñas en Buño, depois de derrotar en Paisaco por 1-6 aos de Bértoa, atopámonos con que somos líderes con tres puntos de ventaxe sobre o segundo. En fin, cousas do fútbol, a verdade é que o grupo meréceo por saber sofrir durante a liga. Non poido contar nada do partido porque non estiven nel, só dicir que marcaron ao parecer Jorge, Vega e Ramón, éste último parece ser o descubrimento do noso mister Tino, que según as informacións colocouno de interior e é todo un crack. Só me queda felicitar ao grupo por saber manter o tipo e polo menos acabar o ano con unhas cuantas victorias, que por outro lado tanta falla nos facían para subir un pouco a nosa autoestima.
Por outra banda parece que nos está a invadir un "virus de posters" porque segundo fuentes ben informadas, nos dormitorios, salas de estar, pasillos e inclusive nalgún baño de moitas casas, están a aparecer carteles coma este, todo parece indicar que e unha mensaxe subliminal dun grupo de mulleres cansas de estar os domingos "viuvas en vida"..