Unha vez máis a climatoloxía púxenos en contra e o sábado pola tarde cando visitamos o Vinculeiro aquelo era unha media piscina, polo tanto tivemos que suspender o partido contra o Corcubión, ante o risco de que despois de facer eles a viaxe non se poidera xogar. Así que estamoslle agradecidos ao Corcubión pola súa comprensión.
A climatoloxía é caprichosa e despois de chover desde o xoves, parou na noite do sábado pero de todos os xeitos o campo estaría case que impracticable. Son os imponderables de ter un campo de herba e non ter un de herba de mentira. Se a esto todo lle unimos que case que todos os campos están ocupados, pois pasa o que pasa.
O que está claro é unha cousa, nós non suspendemos os partidos por mero capricho, porque se ata o miércoles (que é a fecha tope para cambiar os partidos) a climatoloxía non é adversa e empeza a diluviar a partir do xoves ¿qué podemos facer nós?. De todos os xeitos o Xuventude foi o único equipo que levou un par de propostas a Asemblea. Unha era dar conta do que nos podía pasar cando chovera moito e propuxemos deixar unha xornada en cada volta para solventar estos inconvintes. A outra proposta (que nin siquiera se tivo en consideración por parte de ningún equipo) foi xogar o torneo de copa o último domingo de cada mes, co cal na primeira eliminatoria xogariamos todos, é dicir outubro e novembro, e a partires de aquí o que quedara eliminado tería un domingo de descanso cada mes, que seguramente nos agradecerían na casa, ou ben o poderiamos dedicar a xogar pachangas entre eliminados, ou partidos suspendidos, etc, o que está claro é que quedarían campos libres para poder dispoñer deles. Está última proposta non a tomou nadie en consideración, alegando algúns que se ía facer cando se quedara eliminado ??????, pois, coño, xogar contra outros ou descansar, porque o que quede fora na primeira eliminatoria de copa, con este formato actual, tamén queda medio ano sen xogar( desde abril ata setembro), cando da outra forma se estaría xogando ata case que Xuño aínda que se descansara un partido o mes. Como a Asamblea é soberana o resultado das dúas propostas, tanto de deixar unha xornada libre como a de xogar a copa o último domingo de cada mes, foron rexeitadas e nós así o acatamos.
Polo que respecta a xornada o Bergan sigue invicto xa que empatou co San Román. O Nantón segue o seu ascenso, o mesmo que o Baio, Castriz e Ponteceso, por contra o At. Milagrosa cada vez estase a descolgar máis. E ollo o Corcubión que en caso gañar o partido aprazado con nós estaría agora mesmos de segundo na clasificación. Esto non fixo máis que comenzar....aínda queda liga.....