XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 26 de octubre de 2008

XUVENTUDE 2 --- ZAS 3 SEN COMENTARIOS

Hoxe perdemos o SEXTO PARTIDO CONSECUTIVO, se a eso lle añadimos os dous últimos de liga do ano pasado e tamén o de copa: LEVAMOS 9 PARTIDOS "OFICIALES" SEN FACER UN PUTO PUNTO. En fin no vou a facer comentarios do partido, só insistir que somos a mesma plantilla que o ano pasado, e non hai unha explicación lóxica. Así como nos tres primeiros partidos fixemos o indio, nestes últimos tres xogamos razonablemente, pero somos tan débiles defensivamente que é de escándalo. O dianteiro máis torpe fai maravillas contra nós, e non lle estou achancando nada a defensa, porque o que defende e ataca é TODO  o equipo. Vamos ter que ir a unha meiga. Seguimos en números de record pero negativos.
O VERNES DIA 31 AS 10,30
(da noite, é dicir as 22,30)
**Darlle as Grazas ao amigo CARIOCA pola apreciación senón
 algún
igual  viña xa pola mañán---ja-----ja-----**
CHURRASCADA NO LOCAL SOCIAL
EN CANCES
Non vos olvidedes de asistir, porque ademáis hai que empezar a repatir as rifas da cesta de Navidad.
TODOS A PAPEAR
O VIERNES E O 
DOMINGO AS 10,00
XOGAMOS NAS EIROAS
(EN CARBALLO)
CONTRA O BÉRTOA.

domingo, 19 de octubre de 2008

XOGAMOS CON NUNCA (ESTA TEMPADA) E PERDEMOS COMA SEMPRE: NANTÓN 2 -- XUVENTUDE 0

Hoxe en Nantón xogamos o millor partido da tempada. Xogamos coma nunca e.....perdemos coma sempre. A verdade é que este ano estamos totalmente gafados, cando xogamos mal goleannos e cado xogamos ben perdemos tamén. Case que sería millor que xa acabara a tempada para nós, pero aínda quedan dúas terceiras partes da liga. Hoxe volvemos a ter problemas coa xente, porque uns están lesionados, outros desaparecidos e finalmente conseguimos xuntar trece ou catorce. Como non somos capaces de estar vestidos 15 minutos antes, como fan os demáis equipos, saimos dormindo e xa no minuto un do partido non meteron o primeiro gol.....a debacle xa se vía vir, pero contra todo pronóstico, e xogando con un xogador de campo coma porteiro, fomos aguantantando e inclusive chegamos a marcar un gol que nos anulou o colexigado, creo que inxustamente, era máis ou menos sobre o minuto corenta da primeira parte. Na segunda aguantamos como poidemos e incluve tivemos dúas ou tres chegadas unha delas moi clara no minuto oitenta e oito, cando un dos nosos rompiu o fora de xoga e se plantou só diante do porteiro deles, pero a sorte non está con nós e o balón saíu por riba do traveseiro. Como a can fraco todo son pulgas na xogada seguinte o Nantón, con un "uñazo" desde o borde da área sentenciou o partido é 2-0.
Dicir que unha vez máis o partido co Nantón foi un auténtico partido de veteranos, xogando ao fútbol os dous equipos, sen marullerias, nin faltas, e case que sen protestas. Desde estas páxinas xa loubamos outra veces o bó facer deste equipo que disfruta xogando ao fútbol e que entende o fútbol de veteranos por encima do resultadismo, hoxe unha vez máis demostrataron, a parte da súa calidade como futbolistas, a súa calidade como deportistas que entenden a competición como debe de ser, para pasalo ben e divertirse, pero é que eles ademáis consiguen gañar, nos tamén o conseguiremos algún día.
Felicitar finalmente a todos os compañeiros polo excelente partido feito, pese a derrota, é sobre todo a aqueles que en menos de vintecatro horas se meteron dous partidos entre peito e espalda.
En fin ....levamos unha manita de derrotas e cero victorias, nembargantes espero que isto terá que cambiar algún día, porque en contra do que pense a xente o equipo é o mesmo do ano pasado, e inclusive se reforzou con incorporacións de xente xoven que pouco a pouco se vai asentando e terá moito dicir, mentras tanto...queridos xiadeiros tende pacencia con nos, porque os máis jodidos de todos somos os que nos vestimos de corto..

domingo, 12 de octubre de 2008

PLENO 4 DE 4: XUVENTUDE 1 -- BUÑO 4

Levamos pleno: 4 partidos=4 derrotas.
Parafraseando a un entrenador que foi no seu tempo do Real Madrid e do Deportivo: un tal J. Benjamín Toschack "parecemos polos sen cabeza, correteando polo campo sin ton nin son".
 De todo esto hai que facer un lectura positiva: peor non o podemos facer. Despois de ir gañando 1-0 na primeira parte, e  ter o partido controlado, xa que o Buño só fixo na primeira parte un ocasión de gol e foi como consecuencia  de un falta que dou no travesaño,   na segunda   dimos toda unha lección do que non se debe facer xogando ao fútbol, e dicir, ir cada un a súa bola. Regalamos os dous primeiros goles, e despois entraronos as prisas,menos mal que eles non acertaron porque poidemos levar oito.
Como non podemos xogar peor do que o estamos facendo, só nos queda unha solución, así que espero que este sea o punto de inflexión no que equipo reaccione e senón só nos queda "divertirnos" se é que sair goleado de todos os sitios e divertirse.
Seguindo coa lectura positiva, algo ten de bó todo isto: todos os equipos están desexando 
xogar contra nós, somos o equipo máis apetecible, o equipo de moda.....é dicir......un choio.
O venres 24 estase a programar unha churrascada para celebrar o comenzo máis desastroso na historia da liga da Costa de Veteranos .
Así que hala, a seguir así, cada un xogando a súa bola, que así é como se gañan os partidos. A estadística vai para record do Guinnes: 1 gol a favor e 14 goles en contra.......Bueno......lástima non ter grabado en video a segunda parte de hoxe porque foi todo un tratado de cómo NON se debe de xogar ao fútbol. Individualmente facémolo de puta madre, cando consigamos aprender que para gañar ou empatar temos que xogar en conxunto xa a liga acabou e mentras a seguir.....¡que Dios nos colla confesados!.

sábado, 11 de octubre de 2008

A VER SE SE ACABA O VOTO DE CASTIDADE O DOMINGO CONTRA O BUÑO NO VINCULEIRO STADIUM AS 11,00

Din as malas, ou boas, vaite tí a saber, linguas que no Xuventude de Bergantiños fixemos "voto de castidade". Parace ser que o de "voto de castidade" é porque non "a damos metido", e eu digo que non lles falta razón. Como en 270 minutos non fomos quen de "metela" dentro da porteria contraria, seguimos sendo virxes, esperemos que este domingo ¡por fin! non noso benquerido VINCULEIRO STADIUM consigamos deixar de ser castos e polo menos a ver  si "a metemos algunha vez" e se serve para gañar moito millor.
XUVENTUDE --BUÑO, domingo as 11,00 en CANCES.

domingo, 5 de octubre de 2008

TERCEIRO PARTIDO, TERCEIRA DERROTA: CORCUBIÓN 2 -- XUVENTUDE 0

Un novo partido e unha nova derrota, esta vez en Corcubión por 2-0. Nada que facer este é un barco a deriva que non ten rumbo nin ruta algunha. ¡Fomos 11 a xogar!. Non sei que pasa que cada vez que toca ir a Corcubión sempre é o mesmo, vamos xustos, e entre eles, temos que xogar os máis vellos. Para colmo, 0 noso Fernandiño que xa o creíamos recuperado para o fútbol volveu a lisiarse, co cal tivemos que xogar con dez toda a segunda parte. O partido que queredes que vos diga, eles dominaron e nós defendemos como puidemos. Só ao final do primeiro tempo, minuto 43 ou 44, abriron a lata con un tiro que levado polo forte vento reinante entrou pegando no poste. A segunda parte máis do mesmo, eles a atacar e nós a defender, así ata o minuto 44 en que Manel ao borde da área nosa tirou e outra vez o vento levou o balón para dentro da portería.
O que está claro é unha cousa, se a xente que se compromete ao principio da tempada despois non aparece a xogar, non me parece serio. Cando se gañan partidos todo é moi doado e entón todo Dios quere colgarse as medallas e xogar anque sexa os 90 minutos, pero é agora cando se pasan momentos difíciles cando hai que dar o callo e poñerlle bolas a cousa. Eu apelo a responsabilidade de cada un para que polo menos sexamos 15 ou 16 en cada partido, esconderse non é a solución. Se estamos avocados a baixar, pois baixamos e NON PASA NADA DE NADA. Non nos olvidemos que o ano pasado eramos a "Cenicienta" e aínda hoxe "algún" non se explica por qué fixemos a campaña que fixemos, nembargantes a explicación e sinxella, ganas de competir, as que este ano aínda parece que non fixeron acto de presencia.

viernes, 3 de octubre de 2008

DOMINGO AS 11, EN CORCUBIÓN: CORCUBIÓN---XUVENTUDE

Despois dos "exitos" colleitaos nas dúas primeira xornadas, tócanos de xogar en Corcubión, a ver se de unha vez por todas non sae un partido algo decente e podemos sacar algún puntiño.
O staf técnico está barallando cambiar de táctica e con toda seguridade adoptaremos unha destas:
A DO AUTOBÚS: TODOS DIANTE DO PORTEIRO

A DA PAREDE TODOS INCLUIDO OS SUPLENTES DIANTE DO PORTEIRO

TODOS O ATAQUE: INCLUIDO PORTEIRO, ENTRENADORES, SUPLENTES E XIADEIROS