XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 20 de agosto de 2012

CARTEL ANUNCIADOR DO III MEMORIAL FACAL A CELEBRAR O SÁBADO DIA 1 DE SETEMBRO

Como xa anunciamos con anterioridade o SÁBADO DIA 1 DE SETEMBRO  ás 18 horas dará comenzo no Campo do Vinculeiro o III MEMORIAL adicado a José Luis García FACAL.

No propio campo de vinculeiro celebraremos un partido de fútbol entre o XUVENTUDE e o DEPORTIVO CARBALLO, este é o cartel anunciador.

Na cancha da Chave, sita enfrente do Bar Fergo, os amigos da sección da chave tamén xogarán un partido contra un rival de momento sen decidir, no seu momento colgaremos o cartel anunciador.

Finalmente no sitio de costume onde facemos as comidad, no local que está o lado da cancha da chave, disfrutaremos de un pinchiños como agasallo aos que participaron  no memorial.

miércoles, 15 de agosto de 2012

SABADO 18, ÁS 19:00: XUVENTUDE- AT. MILAGROSA, NAS EIROAS EN CARBALLO

O sábado día 18 de Agosto iniciamos a pretemporada con un partido contra o At. Milagrosa de Carballo. Disputarase no campo das EIROAS en Carballo, hora 19:00, así que os que vaiades acudir estade alí antes das 18,30.

Xa se que moitos estades de vacacións e outros tendes compromisos, así que vamos a ver se xuntamos once polo menos.

A liga comenza o DIA 16 DE SETEMBRO, e antes hai que facer o seguro para que diligencien a ficha, o prezo son 15 euros que deberá de pagar cada un dos xogadores, así que....toca poñer..

jueves, 9 de agosto de 2012

III MEMORIAL JOSÉ-LUIS GARCÍA FACAL: SÁBADO 1 de SETEMBRO

Hola a todos, retomamos brevemente a actividade neste blog para anunciar, que tal como se estableciu o ano pasado, o dia 1 de SETEMBRO  celebrarase no campo do Vinculeiro de Cances o III MEMORIAL JOSÉ-LUIS GARCÍA FACAL.
Estamos gestionado a presencia do equipo invitado, e para iso estamos en conversación co DEPORTIVO CARBALLO, o outro equipo no que xogou federado José-Luis. 
O evento será no campo do Vinculeiro pola tarde. Aproveito xa para citar a todos aqueles xogadores do Xuventude para acudir ao memorial, asimismo programaremos uns partidos antes do comenzo da liga (que aínda non sabemos cando comenza,  xa que está pendiente de celebrarse a reunión o viernes 10), dos que xa iremos informando. 
Saudos a todos