XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 31 de mayo de 2010

Pictures

CONVOCATORIA PARA OS XOGADORES DO XUVENTUDE: O SÁBADO AS 17,30 TODOS NO VINCULEIRO

Faltan poucos días para o Memorial de Facal e convócase aos xogadores do XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS, para que TODOS acudan ao VINCULEIRO o sábado as 17,30, deberedes de traer TODA A ROUPA, todas as equipacións, medias e por suposto as botas. Por favor acudide as 17,30 ou antes, porque temos que organizarnos entre todos para poder disfrutar de uns minutos, así que calquer retraso o único que acarreará será un perxuicio para a organización. TRAEDE TODOS AS DÚAS EQUIPACIÓNS COMPLETAS.

jueves, 20 de mayo de 2010

5 DE XUÑO, HORA: 18 MEMORIAL "FACAL"

Faltan poucos días para que celebremos o MEMORIAL de FACAL que será o día 5 de Xuño as 18 no Vinculeiro en Cances. Os actos programados son os siguentes: disputarase un partido ás 18,00 horas entre o XUVENTUDE-SELECCIÓN DE VETERANOS DA COSTA, para continuar o acto no LOCAL SOCIAL de Cances da Vila donde se farán os actos protolorarios para rematar con uns "pinchos" para os asistentes. A este respecto dicir que hoxe intentei mandar unha menxaxe a todos os equipos das dúas ligas que compoñen esta competición, informándolles do acontecemento, invitándoos a mesmo, pero parece que non todos o recibiron, de todos os xeitos xa lles decía que nos próximos días nos poremos en contacto telefónico persoal con todos os Presidentes dos clubes facéndolles unha invitación formal ao acto.
Con respecto ao partido, Jorge Calabanda vai a facer de entrenador da SELECCIÓN e confeccionará unha lista de xogadores, UN DE CADA EQUIPO, para que dentro do posible presten a súa colaboración a cal lle agradecemos de antemán.
Finalmente, vou a publicar algo que escribiu o BARDO DE VARCIA nun comentario do post anterior, adicado a FACAL e que dí o siguiente:
"Xa vai un ano fóra desde o pasamento de Jósé Luis Garcia Facal, amigo dos amigos, pilar importante de ese monumento que representa a amizade. Se souberamos cando e donde volvermos encontrarnos outra vez, esta nova despedida sería máis lixeira.
Un millón de palabras non poden facer que volvas. Sabémolo porque o intentamos. Tampouco un millón de bágoas, porque tamén choramos.
É posible que o que máis magoe, máis que dicirche adeus, sexa non haber tido a ocasión de despedirnos xa daquela.
As nosas lembranzas durarán toda a vida. Gardamos as mellores, claro. Soñar como si estiveras aquí, coma sempre.
Os recordos construen un camiño que chega ata o corazón e logran que sempre os sinta moi preto, anque, na realidade, estean moi lonxe un do outro.
Nunca digo adeus a ninguén. Nunca deixo que as persoas máis próximas se vaian. Lévoas á par de min, ata onde eu chegue.
Tardamos menos dun minuto en dicir hola, pero tardamos toda unha vida en dicir adeus. Hoxe dicímosche adeus, unha vez máis, para toda a vida, pero toda a vida, seguiremos pensando en Ti. Ata sempre amigo."
Fdo: Manolo Trigo

lunes, 3 de mayo de 2010

DIA 5 DE XUÑO AS 18,00: MEMORIAL A JOSE-LUIS GARCIA "FACAL"

O próximo día 5 de Xuño, sábado, ás 18,00 horas, vaise celebrar o MEMORIAL adicado a José-Luis García FACAL, a tal fin os integrantes desta Asociación (os de fútbol e os da chave) estamos a levar a cabo diversas reunións para preparar este evento. Os actos comenzarán no Vinculeiro onde temos previsto xogar un partido de fútbol entre os xogadores do Xuventude, non só os actuais, senón todos aqueles que xogaron neste equipo e queiran participar, e como equipo contrario pensamos en facer una especie de "Selección" de xogadores Veteranos que participen nesta Liga da Costa, que se encargará de confeccionar o amigo JORGE CALABANDA. Desde este foro agradecemos de antemán a colaboración de todos os que queiran participar neste acontecemento. Estamos pendientes de programar os actos do equipo da Chave ao que Facal tantas tardes dos sábados lle dedicou. Despois de terminados os actos no Vinculeiro, trasladarémonos a Cances da Vila, concretamente ao lugar donde se está a contruir o Centro Social, xunto ás Escolas. Alí nunha carpa continuaremos cos actos de homenaxe ao noso querido amigo FACAL. Pasaremos unhas diapositivas nas que intentaremos facer un percorrido pola vida fútbolistica do homenaxeado e uns penquenos vídeos del practicando o seu deporte favorito. Finalmente os asistentes poderán disfrutar de uns pinchos antes de finalizar o acto. Desde aquí agradecerlle de maneira significativa a colaboración inestimable dos amigos da ASOCIACIÓN SAN CAMPIO DE CANCES, que nos están axudando a organizar todo esto, aproveitando a súa experiencia, e tamén a súa infraestructura, xa que eles nos prestarán a carpa, os equipos de sonido e audiovisuales. ¡Gracias amigos! Finalmente, aínda que tarde, déixovos unas fotos do último partido xogado, o partido de volta da copa que gañamos ao Corcubión por 3-1, pero que non nos permitiu pasar a eliminatoria.
Xuventude 3 --Corcubión 1