XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

jueves, 20 de mayo de 2010

5 DE XUÑO, HORA: 18 MEMORIAL "FACAL"

Faltan poucos días para que celebremos o MEMORIAL de FACAL que será o día 5 de Xuño as 18 no Vinculeiro en Cances. Os actos programados son os siguentes: disputarase un partido ás 18,00 horas entre o XUVENTUDE-SELECCIÓN DE VETERANOS DA COSTA, para continuar o acto no LOCAL SOCIAL de Cances da Vila donde se farán os actos protolorarios para rematar con uns "pinchos" para os asistentes. A este respecto dicir que hoxe intentei mandar unha menxaxe a todos os equipos das dúas ligas que compoñen esta competición, informándolles do acontecemento, invitándoos a mesmo, pero parece que non todos o recibiron, de todos os xeitos xa lles decía que nos próximos días nos poremos en contacto telefónico persoal con todos os Presidentes dos clubes facéndolles unha invitación formal ao acto.
Con respecto ao partido, Jorge Calabanda vai a facer de entrenador da SELECCIÓN e confeccionará unha lista de xogadores, UN DE CADA EQUIPO, para que dentro do posible presten a súa colaboración a cal lle agradecemos de antemán.
Finalmente, vou a publicar algo que escribiu o BARDO DE VARCIA nun comentario do post anterior, adicado a FACAL e que dí o siguiente:
"Xa vai un ano fóra desde o pasamento de Jósé Luis Garcia Facal, amigo dos amigos, pilar importante de ese monumento que representa a amizade. Se souberamos cando e donde volvermos encontrarnos outra vez, esta nova despedida sería máis lixeira.
Un millón de palabras non poden facer que volvas. Sabémolo porque o intentamos. Tampouco un millón de bágoas, porque tamén choramos.
É posible que o que máis magoe, máis que dicirche adeus, sexa non haber tido a ocasión de despedirnos xa daquela.
As nosas lembranzas durarán toda a vida. Gardamos as mellores, claro. Soñar como si estiveras aquí, coma sempre.
Os recordos construen un camiño que chega ata o corazón e logran que sempre os sinta moi preto, anque, na realidade, estean moi lonxe un do outro.
Nunca digo adeus a ninguén. Nunca deixo que as persoas máis próximas se vaian. Lévoas á par de min, ata onde eu chegue.
Tardamos menos dun minuto en dicir hola, pero tardamos toda unha vida en dicir adeus. Hoxe dicímosche adeus, unha vez máis, para toda a vida, pero toda a vida, seguiremos pensando en Ti. Ata sempre amigo."
Fdo: Manolo Trigo

2 comentarios:

SINDO dijo...

Xa fai tempo que non leo algo tan emotivo. O millor agasallo que se lle pode facer a alguén tan querido que nos deixou nesta vida terrenal, creo que é recordalo deste xeito. Claro que para iso hai que dominar a arte de xuntar as palabras, e niso tí, Bardo (que "alcume" tan acertado ¿verdade?), eres un maestro. Gracias por ese escrito, monumento a eterna amizade.

Anónimo dijo...

Que algue lle diga o comite que poñan a foto actual do bergan que hai xogadores que non estan nese equipo