XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 25 de octubre de 2009

NOVA PÁXARA NO TOURMALET: XUVENTUDE 1-----BERGANTIÑOS 2

O Tourmalet estase a facer moi longo. Hoxe nova derrota en Cances ante o Bergantiños que xogou os últimos 30 minutos da segunda parte con dez.
Igual que o domingo anterior puxémonos diante 1-o no marcador. Irían unos 25 minutos da primeira parte, e despois de un saque de esquina, novamente Alberto conseguiu marcar o 1-0. Eles apretaron e froito de iso sacaron un un penalty que fallou Pea (vese nas fotografías). Tivemos as nosas oportunidades, aínda que eles son un equipo serio que tamén nos puxo en apretos. Cerco da final desta primerira parte Vega trastabillado, despois de facerller falta en primeira instancia, conseguiu zagarse e cando ía dereito cara a porteria agárrao Alexo. Resultado falta e tarxeta amarela. Na segunda parte mais do mesmo, partido de aquí para aló. Empatou o Bergan nunha xogada na que Alberto e un xogador do Bergan vanse o chan dentro da area, e tócalle o balón na mán ao noso xogador. Penaty e 1-1. O árbitro expulsoulle a un deles por darlle unha patada a un dos nosos sen balón. A partir de aquí tivemos dúas ou tres chegadas, entre elas unha grande oportunidade por medio de Vega que fixo un remate de tacón, pero saliu fora. Este mesmo xogador noso sofriu unha agresión por parte do porteiro do Bergan, que viron todos os que estaban no campo, expecto quen o tiña que ver. Cerca do final do partido eles aproveitando a súa veteranía chegaronos en entradas por banda, Nunha avisaron, e Cuba fixo un paradón. Na terceira chegada marcaron no minuto 52 da segunda parte. No minuto 55 rematou o partido. A segunda parte foi longa de carallo empezou as 11,5o e rematou as 12,45, aínda que según o árbitro, o debutante no Vinculeiro Stadium, Castiñeiras, só durou 46 minutos.
Decir que o equipo aínda que leva dous partidos seguidos perdendo segue a crecer, e que a nosa liga está no medio da tabla para baixo, ¡ánimo chavales! que isto non fai máis que comenzar e aínda nos tedes que dar tardes de gloria para o Xuventude. Xa veredes como algún dos teóricamente grandes vai a morder o polvo con nós....tempo o tempo...
Agora déixovos coas fotos do partido.