XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 24 de marzo de 2009

BUENOOOOOO....SEGUNDA VICTORIA CONSECUTIVA: CORCOESTO 1 --- XUVENTUDE 5

O domingo fomos xogar a Piña (Sofán) contra o Corcoesto. Campo inmenso. Esta vez fomos 13 e sen Cuba, o noso porteiro, ao que supliu o xa segundo porteiro indiscutible: Javier. Partido moi físico na primeira parte. Marcamos nada máis empezar por medio de Vega 0-1. Empataron eles mediada a segunda parte nun erro clamoroso do árbitro que primeiro fixo amagos de levantar a mán para finalmente conceder gol.  Sobre o minuto 40 marcou Garcia afortunadamente recuperado das súas lesións e nun gran estado de forma. Nesta primeira parte debido en parte a que eles corren coma gamos e que entre o balón e o aire era dificil botalo ao chan, entramos no xogo físico deles e as cousas non iban moi ben. Sobre o minuto 10 da segunda parte marcou Bernardo desde fora da área e a partir de aquí o partido estuvo un pouquiño máis controlado, xa poidemos xogar por abaixo, ainda que eles seguiron correndo moito. Máis ou menos sobre o minuto 30 marcou novamente Vega (xa leva 4 goles en dous partidos) e finalmente marcou Sorribas nunha gran xogada de Garcia que se internou na área e pasoulla o Pelat que ben desmarcado e na área pequena empurrouna para dentro. 
Victoria traballada pese a que o resultado pareza dicir outra cousa.
O positivo: dúas victorias seguidas nesta tempada maldita. O negativo unha vez máis fomos 13. Non sei que pasa agora que os resultados parecen axudarnos algún dos nosos dáselle por desaparecer do mapa, eu creo que na era dos móviles se un non pode vir ou non quere vir o millor e decilo ¡vamos digo eu!, de todos os xeitos a cuestión e solventar este trámite da copa, que volvo a insistir unha vez máis e un auténtico fiasco porque nos vai levar ata junio xogando.....e sinceramente moitos xa estamos ata os cojj......de tanto fútbol.
O domingo xogamos en Cances, no noso Vinculeiro Stadium contra os de Camariñas, e eu animo a todos os compañeiros que poidan para que  acudan a xogar, a ver se conseguimos prolongar a racha, sería toda unha novedade este ano....

miércoles, 18 de marzo de 2009

COPA: XUVENTUDE 3 --- BÉRTOA 0

O domingo comenzou este invento da champión-copa e tocounos de xogar en Cances reeditando o partido de fai quince días contra o Bértoa. Coma naquela ocasión os contrarios presentáronse con 10 homes. Na primeira parte igualdade, con un tiro o pau por parte nosa. Nós tampouco estabamos sobrados de cambios porque tiñamos dous e non precisamente dos máis novos. Na segunda parte, coma era de preveer e aínda que eles son moito máis novos ca nós, as forzas foron a menos e en 20 minutos fixemos tres goles, que todo sea dito, poideron ser más sobre todo cando eles quedaron con 9 e despois 8. Nova lesión dun xogador deles e ....partido finalizado na metade da segunda parte. Polo menos serviu para arrancar con tres puntos a ver  se recuperamos xente e podemos facer na copa un papel máis digno do que fixemos na liga.
O próximo partido xogamolo contra o Corcoesto o domingo  NA PIÑA (Sofán) as 11,00. Os que veñan da Coruña poden coller a carretara que vai a Piña, apartan na Laracha despois do Concello a esquerda e siguen a carretera da Piña. Esperemos que a xente se vaia animando porque aínda que todos querian dar por rematado isto, agora temos que ir tirando ata acabar esta liguilla. 

domingo, 8 de marzo de 2009

¡POR FIN ACABOUSE!

Por fin acabouse esta maldita tempada. Xa era hora. Hoxe en Cances perdemos outra vez máis cos de Cabana nun encontro totalmente descafeinado. O resutado xa o di todo,  3-6 máis parece un set de tenis que un partido de fútbol.
Este foi un annus horribilis para nós pero ¡por fin xa acabou!
Fomos un dos poucos equipos que na reunión do venres non votamos a favor desta copa. Case que todos os equipos diron o seu voto para que se xogara esta pachanga de copa sen sentido. O torneo de copa é o que é. Desde tempos inmemoriables a copa é un torneo mágico, distinto, no que moitas veces os equipos pequenos eliminan aos grandes, na que a sorpresa se pode vivir en calquer partido. Pois ben, este ano vamos a xogar non unha copa, senón unha liga disfrada de copa. Agora a principios de Marzo dámonos conta de que o torneo de copa xogado polo sistema de toda a vida sería corta, e os equipos queren alargar acompetición. Eu persoalmente non estou dacordo con este bodrio, aunque respeto a decisión dos demáis equipos. Como tampouco estou dacordo co bordrio que se inventou das dúas divisións nunha decisión persoal e caprichosa. Como tampouco estou dacordo con que se pasen as decisións da asemblea dos delegados polo forro dos seus caprichos. Afortunadamente vivimos nunha democracia e o que queira pertenecer a  un colectivo ten que someterse ás decisións que acorden a maioría, son as regras do xogo. Esta é a grandeza do sistema democrático. Pero tamén a democracia ten outras grandezas, e unha delas é a libertad de expresión e de opinión aínda que ésta non lle guste a todo o mundo ou a algúns en particular.  
Un dos puntos polémicos que se discuten en  todas as asembleas  son os árbitros, e non é sen razón, ¿pero alguén pensou en farcerlle unha especia de cursiño por xente que sepa do asunto, para polo menos unificar os criterios e darlle un repasiño o reglamento?, ademáis a mín constame que hay xente que o sabe de memoria.....ou iso din........(refirome ao reglamento).
Finalmente darlle as gracias aos compañeiros, a todos en xeral, pero en particular aos que aguntaron ata o final sen rajarse, pese aos resutados desastrosos que obtivemos e a sorna  e unha pizca de  cachondeo  que tivemos que aguntar nalgunhas ocasións....
Agora compañeiros comenza a COPA O PROXIMO DOMINGO EN CANCES CONTRA O BERTOA AS 11. 

martes, 3 de marzo de 2009

A DOBRE XORNADA TERMINOU CON UN EMPATE: XUVENTUDE 5 --- BERTOA 5, E UNHA DERROTA: CAMARIÑAS 2 --- XUVENTUDE 0

A temible dobre xornada concluiu con un empate: XUVENTUDE 5 --BERTOA 5, e unha derrota: CAMARIÑAS 2--XUVENTUDE 0.
Na xornada do sábado o Bértoa presentouse en Cances con 10 xogadores. O partido discorreu polos cauces normales ata o minuto 20, no que foi expulsado xustamente o noso porteiro por cortar coa mán unha pelota fora da área. A partires de aquí 0-1, 0-2, 1-2, 1-3, 1-4, 1-5 o Bértoa soupo aproveitar as súas ocasións e marcounos cinco nun plis...plas......Un dos xogadores de campo tivo que ocupar a portería desde a expulsión do porteiro.
Na segunda metade o Bértoa pensou máis no partido do domingo (como faceríamos calquera de nós) e xogou case que un adestramento, sobre todo desde que ISIDRIZAR nunha falta pitada ao noso favor expulsou a dous xogadores dos nosos,  por protestar un deles,  e o outro por dicirlle que estaba pitando ben (primeira amarela), e despois por dicirlle que lle podia quitar a segunda, e claró que o fixo, así que antes dos quince minutos da segunda parte quedámonos con OITO xogadores no campo por EXPULSIÓN DE TRES XOGADORES. Desde aquí xa non foi un partido, foi un adestramento no que o Bértoa co marcador a favor claramente, e un partido que xogar o domingo, relaxouse e nós fomos creando ocasións e recortando o marcador. Cando faltaban tres minutos para o final Vega internouse na área loitando con un defensa, caiu e Isidrizar pitou penalti (solo o viu él, porque o noso xogador a mín díxome que non houbo tal cousa). 4-5... E aquí pasou algo esperpéntico, sacan eles de medio roubamos a pelota e desde o círculo central Moises, o noso central, largou un chutazo que logo de pegar no pau dereito da meta do Bértoa entra coma un foguete. 5-5, Nin uns nin os outros o podían creer. Xa non houbo tempo para máis. 
O domingo fomos a Camariñas diezmados, conseguimos reunir 11, xa que dous se mancaron o sábado e os outros,  entre lesionados da semana pasada e compromisos familiares non poideron acudir. Así, nun campo grande como un mundo (polo menos para mín) ahí estamos 11 con polo menos dous xogadores con moi poucos minutos nesta segunda volta. A cuestión era aguantar con dignidade. E non o fixemos tan mal, pese ao marcador. Na primeira parte houbo poucas ocasións: unha por cada bando. Moito fútbol control pola nosa parte intentando tocar a primeira e saindo en paredes, sobre todo Roberto e Leo. Na segunda parte moitos xa estabamos ao límite das nosas forzas, pero aínda así tivemos o partido nunha magnífica contra de Vega e Surribas, que evitou o porteiro deles nun bo mán a mán co Pelat. Lástima. Sobre o minuto 75 conseguiron  abrir a lata e xa non nos quedaron forzas para máis. No minuto 85 máis ou menos marcaron o 0-2 e acabouse o partido. Destacar o esforzo, sobre dos que xogaron tamén o sábado, e que pese a derrota poidemos marchar coa cabeza ben alta xa que dimos todo o que tiñamos dentro, e máis.
E iso e todo, bueno...todo non porque o sábado despois do partido co Bértoa houbo CHURRASCO e ahí somos case que imbatibles.
Deixovos a reportaxe gráfica do partido e do churrasco, para velas facede o de sempre.
XUVENTUDE-BERTOA febreiro de 2009

O CLUB DEL MAR NOVO EQUIPO DE PRIMEIRA

NORABOA AO 
CLUB DEL MAR
POLO SEU ASCENSO A PRIMEIRA