XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

viernes, 27 de agosto de 2010

PRIMEIRA VICTORIA DA PRETEMPADA e NOVO PARTIDO O SÁBADO 28 AS 17,30 NAS EIROAS (CARBALLO)

Despois de rematar as vacacións poñemosnos a darlle algo de vidilla a este blog. Segundo me informa o delegado o sábado pasado gañamos en Oseiro 0-4. Comenzamos fortes, pero con escasos xogadores, ao parecer só acudiron nove, os outros dous tiveron que ser prestados. Isto non é algo novo na pretempada xa que moitos están de vacacións. As baixas este ano son numerosas: Pelat, Antonio, Ramón, Suso....e outros que o están pensando. A verdade é que os anos van pasando para todos e a xente que leva cinco o seis anos parece que non está disposta a sufrir nesta liga tan competitiva. Os novos fichaxes parece que tamén o están pensando e de momento ás incorporacións son escasas, de todos os xeitos non haberá problema para poder confeccionar a plantilla, temos que ter en conta que o sábado no foron xogar os da liga de Santiago que tamén tiñan partido, así non lle fagades caso aos "cantos de sirena" que se oian por ahí, porque algúns por joder non saben o que facer.
Definitivamente o entrenador este ano parece que será o PELAT SURRIBAS, que debido aos problemas físicos que leva arrastrando fai máis dun ano ten que tomar un descanso se cadra definitivo. Sorte neste modo cometido, non che espera unha tarea fácil...non oh......non este ano.....
Este sábado día 28, tal como estaba programado xogamos contra o DEPORTIVO CARBALLO, pero o partido será en CARBALLO NO CAMPO DAS EIROAS a partir das 17,30 horas, a idea e comenzar o máis rápido posible. Según as informacións que eu teño é que o Vinculeiro está coma un croio de duro. Acudide todos os que poidades porque moita xente segue de vacacións.

jueves, 12 de agosto de 2010

PRIMEIRO PARTIDO DE PRETEMPORADA: SÁBADO 21 DE AGOSTO ÁS 18 HORAS EN OSEIRO

Pois ahí estamos, segundo me manifestou Pelat Sorribas, o próximo día 21 de agosto, sábado, ás 18,00 horas xogaremos o primeiro partido de pretemporada en OSEIRO. Toca sacar as botas do armario e poñerse a correr.
Estou intentando poñerme en contacto cos xogadores, pero con algúns non o consigo, seguramente porque estarán de vacación, así que os que vexades o blog, chamádame para saber quen ten libre e vai a ir xogar. Xa sei que é tempo de vacacións e o primeiro é o primeiro, pero unha vez ou outra temos que comenzar.
Onte unha representación da Asociación acudiu a Cances da Vila, con motivo da presentación por parte do Concello de local social. Estivemos presentes varias asociacións de Cances e quedamos para a segunda quincena de setembro. Unha vez máis os amigos do Asociación San Campio xa tiñan feito o seu traballo e posto unhas mesas e unhas sillas. ¡¡¡¡¡Sodes grandes, compañeiros, sodes grandes!!! . O local para mín é un auténtico lujo, con maiúsculas. Gracias novamente aos compañeiros da Asociación San Campio, porque sin eles non sería posible este soño feito realidade.

sábado, 7 de agosto de 2010

XA ESTAMOS DE VOLTA

Despois de dous meses de ausencia xa estamos de volta. Acabáronse as vacacións y estou vendo que algúns equipos teñen faena para todo o mes de Agosto. O noso equipo de momento aínda non ten nada programado. O que sí ten xa programación é o Comité que pretende facer un liga de 32 equipos, 16 en primeira e 16 e segunda, así que a cousa promete.
Segundo as informacións que teño vamos a ter unhas cuantas baixas, a vella guardia, igual que fixemos outros, parece que se vai a retirar e polo tanto haberá que incorporar novos xogadores. O ano pasado alguén decía que había xogadores en edad de veteranos en Cances, agora é o momento de dar un paso ó frente y tomar o relevo.
Na directiva tamén parece que haberá cambios e inclusive parece que todo apunta que haberá unha nova dirección técnica. De momento todo son noticias non contrastadas por este medio, pero.....cuando el rio suena .......