XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

miércoles, 22 de diciembre de 2010

¡¡¡¡¡¡¡FELICES FESTAS A TODOS!!!!!!

FELICES FESTAS A TODA A FAMILIA DO FÚTBOL DE VETERANOS DA COSTA: COMITÉ, DIRECTIVAS, XOGADORES, ÁBRITROS E AFICIONADOS.

domingo, 19 de diciembre de 2010

PALIZÓN MERECIDO: BÉRTOA 6 --- XUVENTUDE 0

Non puIden estar hoxe en Paiosaco, campo maldito para nós donde non somos capaces de acadar nunca un bó resultado. O Bértoa viña de gañar dous ou tres partidos seguidos e palizounos en debidas condicións. Devolviunos a pelota do partido de ida e fíxonos un set a cero.
Segundo me contan os meus informadores, vergonzosa actuación do equipo de Cances, porque eu son dos que sosteño, e sempre o sosterei, que non é igual perder por 2-0 ou 2-1 que perder por esta goleada de escándalo, sobre todo cando no banquillo temos tres ou catro cambios. Solo queda felicitar ao Bértoa polo gran partido que fixo e que ao parecer nos barriu da Porta Santa e inclusive nos poideron metar outros tres ou catro, e en particular o seu goleador Gonzalo que marcou 4 goles volvendo tola a toda a nosa zaga.
A mín particularmente non me van a sorprender resultados coma estes a partires de agora, o que non era normal eran os resultados de antes, e máxime xogando como estamos a facer nos últimos encontros: coas líneas separadas, correndo coma polos sen cabeza, sen sentido da colocación ningún, experimentos con gaseosa de tres defensas e ningún deles rápido, en fin un auténtico desastre, proba de elo é o correctivo de 9 goles en contra en dous partidos.
Espero que nadie se atreva a abrir o pico sobre outro obxectivo que no sexa o da permanencia, porque o buf da primeira volta acabouse e nesta segunda toca joderse e apretar os dentes se non se quere facer o rídiculo coma hoxe en case que todos os campos...e senón tempo o tempo.
FINALMENTE DARLLE MOITOS ÁNIMOS A SUSO "GARYGAR" despois de confirmarse a súa grave lesión...¡¡¡ÁNIMO SUSO!!!!

martes, 14 de diciembre de 2010

PRÓXIMO DOMINGO DIA 19 DE DECEMBRO: BÉRTOA --- XUVENTUDE AS 10,00 NA PORTA SANTA DE PAIOSACO

Hoxe o Presidente do Bértoa, Carrracedo, informoume que o partido do próximo domingo contra eles será:
DOMINGO 19 DE DECEMBRO
BÉRTOA -- XUVENTUDE
HORA: 10,00 NA PORTA SANTA DE PAIOSACO

domingo, 12 de diciembre de 2010

REPASO NAS FONTIÑAS E ¡¡¡ADIOS AO TÍTULO HONOFÍFICO DE CAMPIÓN DE INVERNO!!!: NANTÓN 3 --- XUVENTUDE 0,

Non puido ser o de gañar, aínda que fora un título honorífico, porque o Nantón goleounos nas Fontiñas por 3-o. N0 descanso 0-0. Partido que comenzou con posesión e control do Nantón que necesitaba gañar para non perder o tren da liga, que tal como dixo Paco o miércoles vendo o partido do Bergantiños-Ponteceso: "nos imos pola liga" . Para iso necesitaban gañar hoxe e gañaron merecidamente. O dito, na primeira parte os 20 primeiros minutos foron deles que tiveron a pelota e o control. Incluso pidieron un penalti sobre Lillo, sobre todo o xogador, que saiu trastabillado dentro da área pero pudo encarar o porteiro, fallou e as protestas arrecieron, sorprendendente a primeira tarxeta do partido viuna Ivan desde o banquillo do Xuventude. Un par de ocasións deles por parte de Froxán e alguha que outra nosa por parte de Vega, con elas cerrouse a primeira parte. O partido acabouse cando no minuto dous Froxán conseguiu burlar a defensa nosa pola parte dereita, tirou e Oscar fixo unha gran parada pero non puido facerse coa pelota e o mesmo xogador marcou o 1-0. A partires de aquí nós inténtamolo pero sin crear ningunha ocasión clara. Desde o minuto 80 o mister decidiu arriscar con unha defensa de tres e ahí sí que foi a debacle total porque como eles tiñan o control do medio campo, como tiveron sempre durante todo o partido, e fixeron contras que se non fora, unhas veces por Oscar, e outras polo seu individualismo, ben poidemos haber recibido un par ou tres de goles maís. Partido gañado xustamente polo Nantón porque foron millores no control, posesión e tempo do partido, aínda que o resultado poida ser algo abultado, e iso digo porque os 10 últimos minutos sobraron. Noraboa ao Nantón e o Bergan que é o novo lider e CAMPIÓN DE INVERNO, sen dúbida merecidamente porque é o único equipo que non perdiu ningún partido. En canto a nós o soño estuvo ben durante case que toda a primeira volta, pero temos que volver a realidade, despeertar e ser obxectivos, o equipo consigue grandes resultados en Cances, coa excepción do partido do Ponteceso, pero temos que recoñecer que fora e en campos grandes, en contra do que pasou sempre, xa que a nós ibánnos os campos grandes, agora corremos como decia o gales Toschah: " como polos sen cabeza", con unha distancia sideral entre líneas e sen apoios e chuzando a pelota para arriba, con prisas moitas prisas. Nestes campos a presión ten que saber facela todo o equipo e non correr por correr. FINALMENTE DARLLE ÁNIMOS A SUSO "GARYGAR". De momento na radiografía que lle fixeron non aparece nada, pero está pendiente de que lle fagan unha resonancia mañán ou pasado. Vamos a ver si ten sorte e a cousa non pasa a maiores. ÁNIMO SUSO. Esto é parte negativa desta nosa afección: as lesións, que neste caso foi totalmente fortuita. Agora coma sempre déixovos con unhas fotos:
NANTÓN 3 -- XUVENTUDE 0

miércoles, 8 de diciembre de 2010

NOTICIAS SOBRE POSIBLES FICHAXES DE XOGADORES DE 1ª E 2ª. CLASIFICACIÓN NON OFICIAL A DIA DE HOXE

Fai uns día alguén me consultou sobre a posibidade de que os xogadores que estean fichados nun equipo de primeira ou de segunda, poideran pedir a carta de liberdade e fichar noutro equipo doutra categoría distinta. A resposta douma hoxe o Presidente do Comité Modesto e é a seguinte. Calquer xogador que xogue en Primeira ou Segunda se lle dan a liberdade no equipo no que este inscrito pode fichar nun novo equipo. Iso sí en categoría distinta. É dicir si un xogador xoga en Primeira pode pedir a liberdade e inscribirse como xogador en Segunda. O mesmo se un xogador de Segunda ten a liberdade pode fichar nun equipo de Primeira. Pero ollo, para que a ficha do xogador que quede libre poida ser cuberta por un novo xogador, é imprescindible e necesario que ó xogador ao que se lle conceda a liberdade esté dado de alta nun novo equipo de Primeira ou de Segunda. É dicir si eu estou como xogador no Xuventude e pido e me conceden a libertade podo fichar en Segunda, pero a miña ficha no Xuventude non queda libre para que eles poidan incorporar outro xogador ata que eu teña a ficha dada de alta en Segunda. Así evítanse as especulacións. Isto foi o que me informou o Comité e é o que eu entendin. O que fago público porque ISTO É UNHA NOVIDADE QUE NON SE DEU ATA ESTA TEMPADA. Por outra banda xa que teño algo de tempo con estes festivos vouvos a actualizar a clasificación NON OFICIAL, despois de que hoxe o Bergantiños lle gañara ao Ponteceso 1-0. Como pode apreciarse sigue invicto e sigue a ser un dos principais candidatos a liga. CLASIFICACIÓN NON OFICIAL DESPOIS DA XORNADA DE HOXE:

EQUIPOS

PTS
PJ
PG
PE
PP
GF
GC
DF
1 XUVENTUDE
28
12
9
1
2
37
13
+24
2 BERGANTIÑOS
26
12
7
5
0
25
8
+17
3 SAN ROMÁN
23
12
7
2
3
25
13
+12
4 CORCUBIÓN
20
12
6
2
4
20
18
+8
5 NANTÓN
19
11
5
4
2
31
19
+12
6 ZAS
19
12
5
4
3
19
18
+1
7 BAIO
19
12
4
4
4
26
24
+2
8 PONTECESO
16
12
4
4
4
21
21
0
9 CABANA
15
11
4
3
4
24
23
+1
10 CAMARIÑAS
13
12
4
1
7
20
27
-7
11 BÉRTOA
11
12
3
2
7
20
47
-27
12 VIMIANZO
10
12
2
4
6
20
30
-10
13 CASTRIZ
8
12
2
2
8
14
25
-11
14 AT-MILAGROSA
5
12
1
2
9
15
31
-16

lunes, 6 de diciembre de 2010

No Vinculeiro Stadium: XUVENTUDE 3 --- VIMIANZO 1

Por razóns personais non puiden acudir o Vinculeiro Stadium onte domingo. Así que me contaron que o partido comenzou con un gol en propia meta noso 0-1, e segundo o informador con moita pacencia o equipo consegui empatar por medio de García (menuda temporada está a facer o ex-entrenador) e remoutouse por medio de dous goles do incombustible Isidro. O informador tamén me dixo que non fora un partido fácil pero que con pacencia y sen perder o norte conseguiuse unha nova victoria o cal nos permite seguir o fronte da clasificación alargando unha semana máis o noso soño- Destacar a derrota do San Román en Baio, equipo este correoso, e unha novo victoria do Bergantiños que é o único equipo que aínda non perdiu ningún partido nesta primeira volta o que reflexa o potencial que teñen. Os demás resultados: victoria do Bértoa, derrota do Zas e derrota do At. Milagrosa. Esta semana non teño fotos que poñervos.

sábado, 4 de diciembre de 2010

¡¡¡ULTIMÍSIMA HORA!!! DEFINITIVAMENTE O PARTIDO CONTRA O VIMIANZO XÓGASE EN CANCES AS 11,00

Pese a boa voluntade de Allo ao final nas Redondas ás once había partido de federados e tiñamos que xogar ás 12,30. Serían as 19,00 horas cando nos enteramos de eso e daquela no nós quedou más remedio que decidir xogar en Cances, pese a que o estado do terreo de xogo vai a estar moi blando. Agradecerlle novamente ao Cabana representado por Allo a sú boa voluntade e cooperación. Tamén disculparnos cós de Vimianzo porque onte dixémoslle que foran para Cabana e hoxe tivemos que decirlle que viñeran para Cances, pero como decimos arriba as cousas ás veces son así. Disculpas novamente. Son os inconvenientes de non ter un campo dos modernos. Xa mandei un sms a todos os xogadores dispoñibles aos que lle pido disculpas por marealos. Traede as CAMISETAS AZUL OSCURO.
DOMINGO DIA 5 DE DECEMBRO
NO VINCULEIRO STADIUM DE CANCES
XUVENTUDE --- VIMIANZO
HORA: 11,00

viernes, 3 de diciembre de 2010

¡¡¡¡¡ULTIMA HORA!!!!!! XUVENTUDE --- VIMIANZO 11,00 HORAS EN CABANA

O Vinculeiro Stadium non aguanta e temos que desplazarnos a Cabana. Gracias a xenerosidade dos homes de Allo podemos celebrar este partido. Desde Cances estamoslle eternamente agradecidos por facilitarnos o que se poida celebrar esta xornada porque o vello Vinculeiro Stadium xa non pode coa climatoloxia.
GRACIAS OUTRA VEZ MÁIS, E TAMÉN O VIMIANZO por ser comprensivos pese a avisalos hoxe, tamén o Comité.
DOMINGO AS 11,OO
NAS REDONDAS DE CABANA
XUVENTUDE --- VIMIANZO