XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

miércoles, 30 de marzo de 2011

PREVIA DE COPA: XUVENTUDE -- D. CARBALLO, DOMINGO ÁS 10:00 NAS EIROAS (CARBALLO)

Previa da Copa : Xuventude- D. Carballo.

XUVENTUDE -- DEPORTIVO CARBALLO

DOMINGO ÁS 10:00

CAMPO: AS EIROAS (CARBALLO).

Vamos a ver si se recuperan os lesionados  para poder disputar estas eliminatorias.

domingo, 27 de marzo de 2011

REMATOU: O FINAL TERCEIROS, hoxe: XUVENTUDE 2 -- NANTÓN 1

Por fín rematou a Liga. Xa facía unhas xornadas que para nós sobraba. Hoxe media pachanga no Vinculeiro,  comenzou ás 10. O resultado 2-1 ao noso favor: 1-0, Vega que reaparecía. 1-1 Lilo. 2-1 Iván. Partido con pouca historia.
O campión da competición resultou ser o BERGANTIÑOS, campión e invicto, con iso creo que está todo dito. Nadie foi capaz de gañarlle a este equipo de Carballo, o que dí ben as claras a súa superioridade sobre o resto. Non é fácil aguantar toda a liga sin perder un partido, pois ben os de Germán conseguírono,  e é por iso  o Xuventude de Bergantiños de Cances dalle as maís sinceras FELICITACIÓNS pola grandísima campaña que fixeron. Durante algunhas xornadas intentamos poñerllo difícil pero foi imposible. E xusto recoñecer a súa merecida víctoria. Unha cousa non ten nada que ver coa outra, cando tí xogas contra un equipo éste equipo é o teu adversario, que non inimigo. Lástima non ter unha foto do equipo completo para poder publicala, pero espero subsanalo nun futuro. Reitero, isto xa a nivel persoal, a miña felicitación a todos os xogadores do Bergantiños, grandísimos xogadores, é fágoa extensiva a o seu entrenador, e directiva, en especial a Germán, Ramiro, Chispas, Jesús, Luciano, Lolo,  e a toda a xente que acompaña e apoia ao equipo. 
Felicitar asimismo ao San Román pola fé que tiveron ata o final, e como non aos dous equipos: San Lorenzo e Buño polo ascenso.
Para rematar felicitar a todos e cada un dos nosos xogadores, polo sacrificio, compromiso, e  por acadar a millor clasificación na historia do club, ao entrenador, ao Presidente e a todos  e cada un daqueles  que, dunha maneira ou de outra, colaboraron e fixeron posible que durante una parte importante da competición poideramos codearnos cos grandes. Recordar especialmente a aqueles que están convalecientes polas lesións, especialmente a Suso Garygar, ao que lle desexamos una pronta recuperación.¡¡ánimo Suso!!
Nos próximos días informaremos máis ampliamente sobre a copa e as novidades  que acordaron na Asamblea celebrada o xoves. Parece que ¡por fin! (e xa iba sendo hora) se vai a organizar unha festa de fin de tempada.
Agora as fotiños de sempre:
XUVENTUDE 2 - NANTON 1

miércoles, 23 de marzo de 2011

DOMINGO CAMBIO DE HORA DE PARTIDO: XUVENTUDE -- NANTÓN, ás 10:00 no VINCULEIRO


Despois de avisar a Paco do Nantón e mandarlle un correo o Comite, por circunstancias, vémonos obrigados a cambiar a hora do partido:

XUVENTUDE --- NANTÓN

DOMINGO ÁS 10:00

NO VINCULEIRO STDIUM DE CANCES

Toca madrugar un pouco, pero.....hai que joderse. É o último partido da Liga así que espero que polo menos veñades más de once.

lunes, 21 de marzo de 2011

O SÁBADO: XUVENTUDE 2 -- CORCUBIÓN 2. E O DOMINGO: VIMIANZO 3 -- XUVENTUDE 3

Solamente fun ver un anaco do partido do sábado contra Corcubión. Na primeira parte 0-1 a favor deles, na segunda conseguimos remontar con goles de Isidro 1-1 e Roberto 2-1, finalmente eles empataron o partido por medio de un falta ao borde da área 2-2.

O domingo según me contaron fomos sempre diante no marcador incluso con 1-3, pero unha vez más desperdiciamos a ventaxe, como sempre nos pasa en Vimianzo,  e empatamos 3-3.

FINALMENTE VAMOS A FELICITAR SINCERAMENTE AO EQUIPO DO SAN LORENZO POR CONSEGUIR O SEU ASCENSO A PRIMEIRA DIVISIÓN. ¡¡FELICIDADES!!

Para o ano que ven, se decido seguir con este conto do blog, depende do tempo que teña para adicarlle,  en caso de seguir, darei información máis ampla das dúas divisións, porque a segunda este ano estuvo algo abandonada,  foron demasiadas emocións e demasiadas ilusións....

Queda por saber quen será o campión den primeira División, pero salvo unha hecatombe ten un 99 por 100 de posibilidades de ser o Bergantiños, equipo que por outra parte foi o máis regular de todo o ano, tal e como señala o seu número de partidos perdidos, que ata de agora non foi ningún.
Tamén falta por saber quen é o outro equipo que descende xunto co At. Milagrosa, que non tuvo sorte nesta primeira tempada en primeira.

Na segunda tamén está por decidir quen acompañará ao San Lorenzo.

Sorte a todos.

O COMITÉ INFORMA NO SEU BLOG QUE O XOVES 24 AS 21:00 HABERÁ UNHA ASAMBLEA NO CENTRO CÍVICO DE MALPICA, PARA TRATAR O RELACIONADO COA COPA, TARXETAS, ORGANIZADOR, ETC. TEN QUE ACUDIR UN DELEGADO DE CADA EQUIPO POLO MENOS.

Agora como de costume unhas fotos, só do partido do sábado:

XUVENTUDE 2 - CORCUBION 2

viernes, 18 de marzo de 2011

MAÑÁN SÁBADO AS 10,30: NO VINCULEIRO STADIUM: XUVENTUDE -- CORCUBIÓN

Parafraseando a certos persoeiros do mundo politiquil, mañán por imperativo legal:

SÁBADO DIA 19 DE MARZO


XUVENTUDE      &        CORCUBIÓN


CAMPO DO VINCULEIRO DE CANCES

HORA 10,30

Vamos a ver se con un pouco de sorte xuntamos 11 xogadores, por favor que acudide os que poidades.

lunes, 14 de marzo de 2011

O SAN ROMÁN FÍXONOS UN SETE: XUVENTUDE 2 -- SAN ROMÁN 7

Partido nun Vinculeiro Stadium en aceptables condicións, aínda que un pouco rápido. Dous equipos, dous conceptos, dous obxectivos, dúas actitudes. O Xuventude coa tempada xa feita e terminada desde a derrota contra o Castriz e Bergan, o San Román coa mínima esperanza de quedar campión se o Bergantiños falla. Dúas actitudes (dí o diccionario que a actitude "e a disposición de anímo manifestada de algún modo", pois ben o Xuventude tomouno coma un trámite e o San Román coma un requisito para poder aspirar a algo máis.
Comenzou o partido coa agresividade clásica que esgrime o San Román, e que é por todos coñecida,  e dicir, a italiana, rozando a ilegalidade en todas as accions, metendo o pé, vamos o de sempre, tiveron unha primeira oportunidade os 5 minutos despois de un corner que inventou o árbitro, previo fora de xogo descarado dun delantero deles. 0-1 Tira un delantero rebota nun desfensa e "gol churro". 1-1 Corner que saca Joaquín e esta vez "gol churro" noso que marca, creo que Nacho en propia meta. A partir de aquí algún dos nosos xogadores, puxose as pilas e tamén empezaron a meter o pé e gañarse un pouciño o respeto dos contrarios que nos estaban avasallando coa súa presión.  Uns minutos despois patadón  a Bernardo  no vértice esquerdo dentro  da área do San Román que se escoitou ata nas minas de  Monte Neme, pero como non se tirou ao chan, como era previsible o "colexiado" nin se enterou: "siga, siga"... de pena.
1-2 Comenza a comedia, fora de xogo claro de un delantero deles que intenta intervir na xogada, bloquea a un defensa noso, creo que a Leo, e aproveita a situación o seu compañeiro para seguir coa pelota e marca. Gol moi protestado polos nosos,  non recoñecido polos contrarios, que coma sempre teñen razón en todo, ou polo menos creen tela.
2-2 Cerca do final da primeira parte, German dalle unha patada por atras no xemelo a Bernardo, o árbitro pita falta e creo que tarxeta, non sei si para él ou para outro, porque unha vez máis protestarona, coma todas as do partido. Cando está colocando a barreira o porteiro Cotelo , Joaquin ve que vai cara o centro da porteria, saca a falta sin que o árbitro pite e sorprendeo. O trencilla duda, pero como a conciencia remordíalle, dou gol. Eles protestaron airadamente, esta vez, e sen que sirva de precedente, tiñan toda a razón. Gol completamente ilegal. Ata o final desta parte un inferno con protestas continuas por todos e xogo brusco.
Así rematou a primeira parte.
Comenza o segunda: 15 minutos de toma e daca con millor xogo pola nosa parte con respecto o que fixemos nos primeiro 45 minutos. Cando a cousa esta máis igualada, un despiste polo centro da zaga, xogada combinativa deles e 2-3. O primeiro gol "decente" do partido. Seguen  as protestas. Sobre o minuto 20 pelota larga sobre Manolo Sorribas "el abuelo" como tivo a ben chamarlle un dos xogadores contrarios (xa se ve a pouca catadura moral e pouca educación que ten, fai falla ter cojones para rirse doutro xogador por ter certa idade, porque seguramente cando  este elemento teña a idade de Manolo: 55 tacos, andará arrastrado polo sofá, sen poder levantarse del,  o tempo pon a cada ún donde merece), o que ibamos,  o lenguas éste, arréalle un codazo en toda regla a Manolo, a pelota chega a Malpica que encara a Cotelo, patada por atrás do último home deles, Malpica dispara caendo e Cotelo, para mín fora da área, toca a pelota coa mán.  Vamos un tres en uno. O resultado foi corner, ni tarxeta polo codazo, nin pola falta sendo o último defensa, ni mán do porteiro, nada de nada, só foi corner. O único rédito que quitamos da xogada foi a lesión de Malpica.  Outra vez protestas, nin puto caso, faltaría máis. Xa sabemos como é Gerardo mete a cabeza no medio dos hombros e turra e turra, e siga..siga. Despois de mil discusións inútiles finalmente sacamos o corner, despexan eles para a banda dereita, non estamos listos para facer a falta correspondiente, contraataque e 2-4. Morreu o partido. Desde aquí todo foi do San Román. Uns minutos despois novo burato polo centro do campo e chegan ata o punto de penalti donde Alberto derriba ao dianteiro. Penalti e segunda amarilla, cando debía ser roxa directa. Quedamos con 10 e todos correndo coma polos sen cabeza. O San Román xoga a placer e  fai o 2-6 e 2-7 moi facilmente.  Menos mal que o trencilla, agora sí, nos "axudou" porque lle escamoteou dous ou tres penaltis ao San Román, que unha vez máis seguía sendo animando, pese a ir gañando 2-7, polo seu millor hincha que desde a portería a grito pelado decía:  "vamos azules...vamos azules".
Pitido final, as risitas de rigor daqueles que son unineuronales, que tamén os hai,  e fin do partido.
Que nadie se crea que está crónica é unha disculpa ou crítica contra o árbitro para justificar a chosca. Non oh.....nada máis lonxe da realidade,  a crítica vai para nós mesmos, hai xeitos e xeitos de perder, e tamén rivales cos que perder pero de unha maneira máis decorosa. Saber perder é un arte, e cando o contrario xoga millor ca tí, como foi neste caso, temos que achantar,  pero non é mesmo perder por 2-3 que  perder 2-7, sobre todo cando loitas pola posibilidade da segunda plaza e por enriba ao final tes que aguantar o que tes que aguantar e xa sabedes o que me refiro..De todos os xeitos toda a responsabilidade desta pasada é nosa. Unha vez máis os "grandes" aínda nos quedan "moi grandes".
Quedan tres partidos para acabar esto dunha vez por todas.
Ala agora unhas fotiños da desfeita:
XUVENTUDE 2 --- SAN ROMAN 7

domingo, 6 de marzo de 2011

AT. MILAGROSA 1 -- XUVENTUDE 5

Partido disputado nas Eiroas as 12.00 con moi bó tempo. Na primeira parte 0-2 goles de Garcia e Isidro. Na segunda parte tres goles de Malpica que reapareceiu despois de case un mes de baixa pola lesión sofrida. Estrenou posto de dianteiro centro e non lle foi mal.
Partido sin historia ninguna que se nos puxo de cara con dous erros defensivos deles.
Ao final do partido no minuto final penalti a favor do At. Milagrosa que a punto estuvo de paralo Chuspo: 1-5.

Nesta liga esta todo o peixe vendido pola nosa parte. So nos queda a honrilla de intentar gañarlle a dous equipos aos que non fomos quen na primeira volta: como son o San Román e o Nantón. O Bergan sigue o seu camiño triunfante cara a consecución de un novo título.
Agora as fotiños de rigor:
AT. MILAGROSA 1 -- XUVENTUDE 5

viernes, 4 de marzo de 2011

DOMINGO PARTIDO AS 12 NAS EIROAS: AT. MILAGROSA -- XUVENTUDE

Pola páxina web do Comité acabamos de enterarnos da hora do partido o domingo.


DOMINGO AS 12:00, NAS EIROAS

AT. MILAGROSA -- XUVENTUDE

ULTIMA HORA ACUERDO DO COMITÉ SOBRE O PARTIDO APRAZADO:

ACUERDO DEL COMITÉ:
Al finalizar el plazo donde los dos equipos debían de mandar propuesta en mutuo acuerdo y por escrito y a falta de ésta, después de estudiar los escritos, presentados acuerdo.
1º De forma excepcional y que no sirva de precedente aceptar la fecha 19 de Marzo 2011 a las 10:30 horas en el Campo Do Vinculeiro en Cances para la disputa de este partido, advertiendo a los dos equipos que de darse otro caso de estos se le aplicara el Reglamento.

2º Agradecer al San Roman y Bertoa , por la disputa de su partido aplazado que se jugó este Miércoles a las 20:30 horas en el Municipal de a Laracha .

Viernes 4 de Marzo 2011


El Comité Modesto Parga