XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 7 de febrero de 2012

CASTRIS 3 -- XUVENTUDE 0.

Non podemos mandar loitar as naves contra os elementos. Este domingo infernal fomos a Castris, formos diezmados, nunca millor dito, presentaronse 10 xogadores, e así empezamos o partido, máis tarde sobre o minuto 25 chegou Vila e fomos 11. Antes de nada felicitar aos que xogaron polo seu compartamento e tamén por dar a cara e por dar todo o que teñen deixandose a pel no campo.  Como dixen empezamos con dez, e deses dez a mitade estaban tocados: García, Leo, Suso Villar, Fidel,  así que xa bo foi poder empezar o partido. O Castriz foi a gañar desde o primeiro minuto. No minuto 3 tiro ao pao, no minuto 15 xa gañaban 3-0. No minuto 25 chegou Vila e xa eramos 11, no minuto 30 Isidro aplica o reglamento tal e como debe ser e expulsa con roxa directa a un xogador do Castris por unha entrada terrorífica a Fidel, estamos en veteranos e hai entradas que non se deben permitir. Que eles xogaran con 10 non influiu porque a desvantaxe no marcador era grande e as forzas no campo poucas, así que trancurriu o resto de primeira parte e toda a segunda sen que houbera goles. Eles tiveron 3 ou 4 oportunidades, máis fallos nosos que méritos deles.

Nada que reprocharlle ao equipo, todo o contrario, diron todo o que tiñan e máis porque moitos deles estaban en unhas condicións non aptas para xogar.

Con respecto aos que non viñeron, moitos estaban lesionados con anterioridade, outros "lesionaronse a última hora" non sei si físicamente ou da cabeza, que ahí tamén se lesiona un, e supoño que algúns, que carallo, porque se estaba millor na cama. O certo é que aquí non avisa nin Dios que non ven a xogar, así que como dicía un dos que xogou e dou o callo o domingo: o millor será que o que non veña xogar avise polo menos o sábado pola tarde-noite porque o único que se fai se non se avisa é joder aos demáis. O domingo xogou xente que non debía xogar porque estaban lesionados e as súas condicións non eran as aptas para aguantar 90 minutos. Faltoulle moi......moi pouco para que non se poidera xogar o partido, así que A PRÓXIMA VEZ QUE ALGUIEN NON POIDA VIR XOGAR FACEDE O FAVOR DE AVISAR CON ANTELACIÓN, algunha vez tendes que pensar nos demás compañeiros oh.....e non solo no propio cú de un. E digo todo isto non para suspender o partido, como fixeron algúns equipos este ano, que ante a falta de xente ou porque estaban lesionados algúns dos millores, aplazaron partidos e xogaronos cando lles petou. O Xuventude os únicos partidos que aplazou nestes anos foi polo mal estado do terreno de xogo, e para iso o Comité montanos uns circos de carallo. Nos non facemos trampas, polo menos ata o momento, se non temos xogadores e temos que ir 11 vamos 11, ou 10 ou 9; claro que para o pago que levamos vamos ter que empezar a facelas como fan outros que só pensan en gañar.....gañar......e gañar. Para buenos entendedores sobran as palabras.

Que eso,  que O QUE NON POIDA VIR XOGAR QUE AVISE CON TEMPO...o que máis e o que menos ten teléfono.

A parte de iso parece que nos viu un torto, está medio equipo lesionado e a pesar de ter 24 fichas estamos como estamos, con menos de 11 efectivos. A próxima vez darei o parte de "guerra" cos lisiados.

En canto a xornada o Corcubión pediu a ocasión de darlle case que puntilla ao San Román, porque de gañarlle estaría a 6 puntos e golaverage, así quedaron empatados a puntos, o Castriz está a tres menos pero con un partido menos, así que a loita é cada vez máis cerrada. Na parte baixa todo sigue igual e na zona de nadie os demás andamos tamén por ahí.

CLASIFICACIÓN;


DESCANSA
 
 
VIMIANZO
CASTRIZ
3
0
JV.BERGANTIÑOS
CAMARIÑAS
0
1
CABANA
BAIO
2
2
NANTON
BERGANTIÑOS
2
1
BUÑO
CORCUBION
0
2
SAN ROMAN
SAN LORENZO
2
1
BERTOA
PONTECESO
2
1
ZAS
 
Equipos
Pts.
Jug.
Gan.
Emp.
Per.
GF
GC
1
CORCUBION
41
18
13
2
3
58
22
2
SAN ROMAN
41
18
13
2
3
43
16
3
CASTRIZ
38
17
12
2
3
44
19
4
JV.BERGANTIÑOS
34
18
10
4
4
35
26
5
SAN LORENZO
29
18
8
5
5
36
26
6
CABANA
24
18
5
9
4
32
27
7
PONTECESO
22
18
6
4
8
30
29
8
BAIO
21
18
5
6
7
33
36
9
ZAS
21
17
5
6
6
22
27
10
NANTON
21
18
6
3
9
31
41
11
BERGANTIÑOS
20
18
5
5
8
27
41
12
BERTOA
19
17
5
4
8
33
38
13
CAMARIÑAS
16
18
4
4
10
29
34
14
VIMIANZO
12
17
4
0
13
32
72
15
BUÑO
11
18
3
2
13
20
51
AGORA AS FOTOS DO PARTIDO: