XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 19 de agosto de 2007

PRIMEIRO TEST, XUVENTUDE-SOFAN

No VINCULEIRO-STADIUM, xogouse hoxe o primeiro partido da pre-tempada e parece que por parte de ambos equipos había "mono"de fútbol. Os primeiros vinte minutos transcorreron a un rítmo coma si estivesemos en plena competición. Despois as forzas foron desaparecendo. O resultado e o de menos. LAMENTAR A LESIÓN DUN DOS XOGADORES DO SOFAN QUE SE MANCOU NUNHA RODILLA, AO QUE LLE DESEXAMOS UN PRONTA RECUPERACIÓN.¡¡¡¡ÁNIMO!!!!. A plantilla é case a do ano pasado, pendiente de algunha incorporación por parte do "staff técnico" Tino-Luis, que parecen ser os novos "misters" deste equipo. Con respecto ao ano pasado fecilitarnos pola recuperación dos xogadores lesionados (Pallín, que xa xogou hoxe e, por certo, a un moi bo nivel para o tempo que leva no dique seco; e esperamos que en breve o faga Josito, Fernando e Bernardo a este último dámoslle folgos despois da súa grave lesión no ollo.). Os máis veteranos do equipo: Facal, Manolo Sorribas e Sindo, todos por enriba do medio cento de anos, parece que ainda se resisten a abandonar e van a vestir de corto un ano máis para disfrutar deste deporte tan bonito que se chama fútbol.

No hay comentarios: