A vista dos resultados acadados o "staff técnico" por orde da directiva acordou de forma URXENTE concentrar ao equipo o próximo día 28 vernes, nas instalacións do clube social, O BAR FERGO. A hora de concentración e sobre as 22,00 horas e dependendo do estado de forma dos xogadores xa veremos cando remata. E OBRIGATORIA A ASISTENCIA DE TODOS, AQUEL QUE FALTE SERÁ SANCIONADO SEVERAMENTE. Así que xa sabedes, todos a concentración do venres, que será dura porque aparte de comenzar con unha dieta severa a base de proteinas e bebida "isotónica" haberá tamén que afina-la gorxa para pasar as pobras de canto e o que resulte ganador "levará a voz cantante os domingos" para dirixirse-protestarlle ao árbitro. ¡¡¡Non faltedes!!! |
XUVENTUDE 2010/11
MARCADOR DE ENTRADAS
martes, 25 de septiembre de 2007
CONCENTRACIÓN O VENRES 28.
domingo, 23 de septiembre de 2007
COMENTARIOS
Deste aquí instovos a que fagades comentarios sobre o que apareza publicado. Para iso tendes que pinchar donde pon comentarios e largar o que vos dea a gana. A ver si vos animades porque esto estase a converter nun mónólogo. Veña animarse a facer os comentarios que queirades........que esto non morde........ |
¡¡¡IMPRESIONANTE REMONTADA!!!! XUVENTUDE 3-CORCUBIÓN 2 (DESPOIS DE IR PERDENDO 0-2)
Ao César o que é do César. Despois da dura crítica que fixen o outro día, da que non me arrepinto, hoxe tocan loubanzas. Un que leva cerca de vinte anos ligado ao fútbol de veteranos sabe o que ten na casa, e do mesmo xeito que o domingo pasado fixémos o "ridículo " porque nos deu a gana, hoxe, despois do pau sufrido, empezamos unha vez máis con dúbidas e iso aproveitarono os nosos rivales para poñerse no marcador 0-2. Pero esta vez o equipo foi un equipo, non se tirou a bartola e demostrou que con displina táctica e a calidade que atesouran algúns dos seus xogadores, remontouse de forma espectular un 0-2 contra todo un ex-campeón da liga, e venciuse por 3-2. O resultado non reflexa o que pasou no partido porque os últimos quince minutos da primeira parte e os veintacinco da segunda forón espectaculares. Tivemos media ducia de ocasións claras para marcar. Con orden, con disciplina, con sudor e calidade, logrouse pasarlle por enriba a un rival que xoga un exquisito fútbol, nada de patadón. A mín particularmente gústame xogar contra este equipo que concibe o fútbol de veteranos tal como debía de ser, xogando desde atrás, con moitísima calidade, poucas veces hai que ir a buscar a pelota a "chousa". De verdade hoxe síntome orgulloso de formar parte de este equipo (lástima non ter dez anos menos), ao que só lle falta creer en si mesmo. Se xogamos con disciplina e creemos en nos mesmos, os resultados chegarán. Xa se demostrou noutras ocasións que podemos tutear a quen sexa, sempre que xogemos con orden. A calidade téñena cinco o seis xogadores, que xa lles gustaría ter a outros equipos, só nos falta orden e pillería, porque a veces xogamos ao fútbol de cine, coma hoxe durante 35 minutos, pero outras veces picamos de pardillos e non fácémos esa falta táctica ou nos despistamos tontamente nunha falta ou nun corner. Temos que aprender a sufrir para sacar os partidos adiante. ¡¡¡NORABOA A TODOS!!! polo partidazo de hoxe..... O VENRES A CARGAR PILAS (xa sabedes do que falo), E O DOMINGO A XOGAR SERIAMENTE EN MALPICA. Material témolo, de nos depende meternos entre os cinco primeiros.......poder pódese...... e iso xo sabedes todos.
|
lunes, 17 de septiembre de 2007
¡¡¡¡VERGONZOSO!!!! O RESULTADO ACADADO: XUVENTUDE 1-CABANA 7
Una vez máis y xa van...........¡sabe Dios! dimos pena. E incribel que se poida perder por semellante goleada. Non ten un explicación lóxica. O que fixemos no campo e lamentable, vergonzoso e totalmente penoso, máis ca un equipo fomos un auténtica "banda". O fútbol e un xogo de equipo e aquí parece que único que priva son as individualidades. No fútbol, tal como eu o entendo, hai que xogar con orden, e nos non xogamos con orden, somos anárquicos e cada un vai a súa bola. E vergonzoso peder deste xeito. Un partido que no descanso estaba 1-1, tan pronto como marcan o 1-2, nun novo despiste do equipo, non da defensa, veusenos todo abaixo. No fútbol no caben individualismos que se superpoñan ao xogo de conxunto. O fútbol tal como entendo eu, empeza por defender aunque vaias perdendo 1-2, non se pode largar todo o mundo cara a portería contraria, porque os demáis equipos tamén saben o que fan. Repito lamentable a actuación de todos....de todos....que naide se queira desmarcar, porque o equipo fano once xogadores, aunque eso algúns non parecen recoñecelo. Aquí en veteranos non hai "fenómenos" aquí hai xogadores e máis vale un xogador ordenado e disciplinado que sepa xogar tácticamente, que un que faga virguerias nunha xogada aislada. No fútbol de veteranos hai que cambiar cada certo tempo, pero hai que cambiar de forma ordenada. No fútbol de veteranos xogamos todos e todos chupamos "banquillo", así que xa está ben de tantos egos e de tanta hostia, a xogar en conxunto ou senón esto se vai a tomar por culo. No fútbol de veteranos no hai figuritas nin intocables. No fútbol de veteranos o que é compañeiro, por dignidade, ten que pedir o cambio cando está cansado e non andar arrastrándose polo campo como pasa moitas veces. No fútbol de veteranos que eu concibo, as "figuras" que veñen a gañar "a champions league" aos 35, 40 ou 45 e non se sacrifican polo equipo e millor que non enganen aos compañeiros. Esperemos que isto nos sirva de lección..........e que cambie de rumbo porque así non imos a ningún lado.
Por outra banda felicitar aos nosos rivales que, cos seus máis e os seu menos, polo menos tiveron a delicadeza de non "humillarnos"......de tódolos xeitos o fútbol da moitas voltas......
No que non tivemos tan acertados ningún dos dous equipos, foi nas trifulcas que unha vez máis sucederon entre os xogadores. A educación deportiva, porque a outra suponsenos a todos, brilou pola súa ausencia, eso sí hai que agradecer a inestimabel colaboración do "trencilla" que aunque lle chamaran fillo....de....., como fixo algún, nin se inmutou. Lamentable o nivel dálgúns árbitros.......de pena......A ver se de unha puñetera vez se lle bota, por quen corresponda, un pouco de testiculina e cando un xogador brame incontinencias, se lle carguen 20 ou 30 partidos e así aprendemos todos. Esto en vez de ser unha competición de veteranos para divertirnos, parece a "verbena da paloma". Se os nosos fillos virán un video do que facemos e decimos no campo de fútbol os domingos CAERIANOS A CARA DE VERGONZA OU VERGOÑA OU O QUE QUEIRADES CHAMARLLE, si é que ainda a temos...., somos todo un dechado de boa educación e comportamento....sí.....señor....
martes, 11 de septiembre de 2007
O DOMINGO CONTRA OS DE CABANA EN CANCES
O próximo domingo dia 16 de setembro xogamos a terceira xornada contra os de CABANA NO CAMPO DE CANCES as 11,00 da mañán. A ver si estamos todos en traxe de faena polo menos as 10,45. Xa sei que son un pesado pero e millor para todos estar vestidos dez minutos antes de empezar. Por certo desde aquí felicitar aos nosos contrincantes por lo BLOG tan divertido que teñen. |
domingo, 9 de septiembre de 2007
PRIMEIRA VICTORIA
Segundo partido da liguilla inicial e victoria contundente no campo do San Lorenzo de Verdillo (0-9). Partido xogado con exquisita deportividade por los de Verdillo aos que desde este foro felicitamos polo seu comportamento. Todo un exemplo a seguir. Desexarlles sorte para os próximos partidos nos que sen dúbida mellorarán o seu rendimento. Pola nosa parte a seguir así principalmente no aspecto de ter un 4 ou 5 cambios, polo menos, y que nos respeten as lesións. |
domingo, 2 de septiembre de 2007
PRIMEIRA DERROTA: XUVENTUDE 0-BÉRTOA 1
Una vez máis comenzamos a Liga con unha derrota. Esta vez foi o Bértoa que gañou 0-1 no campo de Vinculeiro, nun partido aburrido con pouco xogo e que o máis xusto sería que terminara con empate. Ámbolos dous conxuntos tiveron a súas oportunidades, pero foi o Bértoa, nun regalo do noso equipo o que logrou meter a pelota dentro da portería. Lastima de resultado. Agora xa pasou e o domingo teremos outra nova oportunidad. A ver se temos máis sorte. ¡¡¡¡ANIMO QUE ISTO NON FIXO MÁIS CA EMPEZAR !!! |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)