XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 23 de septiembre de 2007

¡¡¡IMPRESIONANTE REMONTADA!!!! XUVENTUDE 3-CORCUBIÓN 2 (DESPOIS DE IR PERDENDO 0-2)

Ao César o que é do César. Despois da dura crítica que fixen o outro día, da que non me arrepinto, hoxe tocan loubanzas. Un que leva cerca de vinte anos ligado ao fútbol de veteranos sabe o que ten na casa, e do mesmo xeito que o domingo pasado fixémos o "ridículo " porque nos deu a gana, hoxe, despois do pau sufrido, empezamos unha vez máis con dúbidas e iso aproveitarono os nosos rivales para poñerse no marcador 0-2. Pero esta vez o equipo foi un equipo, non se tirou a bartola e demostrou que con displina táctica e a calidade que atesouran algúns dos seus xogadores, remontouse de forma espectular un 0-2 contra todo un ex-campeón da liga, e venciuse por 3-2. O resultado non reflexa o que pasou no partido porque os últimos quince minutos da primeira parte e os veintacinco da segunda forón espectaculares. Tivemos media ducia de ocasións claras para marcar. Con orden, con disciplina, con sudor e calidade, logrouse pasarlle por enriba a un rival que xoga un exquisito fútbol, nada de patadón. A mín particularmente gústame xogar contra este equipo que concibe o fútbol de veteranos tal como debía de ser, xogando desde atrás, con moitísima calidade, poucas veces hai que ir a buscar a pelota a "chousa". De verdade hoxe síntome orgulloso de formar parte de este equipo (lástima non ter dez anos menos), ao que só lle falta creer en si mesmo. Se xogamos con disciplina e creemos en nos mesmos, os resultados chegarán. Xa se demostrou noutras ocasións que podemos tutear a quen sexa, sempre que xogemos con orden. A calidade téñena cinco o seis xogadores, que xa lles gustaría ter a outros equipos, só nos falta orden e pillería, porque a veces xogamos ao fútbol de cine, coma hoxe durante 35 minutos, pero outras veces picamos de pardillos e non fácémos esa falta táctica ou nos despistamos tontamente nunha falta ou nun corner. Temos que aprender a sufrir para sacar os partidos adiante. ¡¡¡NORABOA A TODOS!!! polo partidazo de hoxe..... O VENRES A CARGAR PILAS (xa sabedes do que falo), E O DOMINGO A XOGAR SERIAMENTE EN MALPICA. Material témolo, de nos depende meternos entre os cinco primeiros.......poder pódese...... e iso xo sabedes todos.

No hay comentarios: