O domingo, despois da frustación de ver a Alonso escartado contra o muro, e da concentración do venres que, todo hai que dicilo, resultou todo un éxito: moito exercicio físico, sobre todo de cóbado, moito exercicio de canto y finalmente unha malleira impresionante no plano físico nunha paisaxe paradisíaca como é a pista das escolas de Cances da Vila, que durou ata ven entrada a madrugada (que llo pregunten aos músicos), xogamos en Malpica as DEZ DA MAÑÁN, hora a todas luces indecente para levantarse, máxime cando hai unha concentración por medio. O resultado acadado foi Malpica 2-Xuventude 2. Puido ser outro se o ártitro non picara nun "penalty teatrero" deses que acostuman a facer algúns dos delanteiros que militan nesta liga de veteranos. Algúns pintan a mona tanto da que sexa aos 30 anos, coma aos 40, como aos 50, da igual con tal de acadar un bo resultado. ¡Despois queixanse se lle dan nas canelas!.
No hay comentarios:
Publicar un comentario