Hoxe en Vimianzo escapousenos unha oportunidade de ouro para afianzarnos na parte alta da tabla. Despois de ir gañando 0-1, con catro o cinco oportunidades de marcar o segundo, non só non marcamos, senón que nos marcaron eles dous goles en cinco minutos. O primeiro deles nun clamoroso fora de xogo que o trencilla de turno no viu, a pesares de que o dianteiro do Vimianzo, estaba por detrás da defensa cinco o seis metros; o segundo un regalo noso, coma case sempre. A segunda parte, co marcador en contra, foi de total dominio noso, e a decir verdade poidemos gañar folgadamente, pero unha veces a precipitación (non sei porque temos que chegar tan rápido a portería contraria) e outras veces o individualismo levounos a que rematara o partido con empate. Repito ¡lastima da ocasión perdida!. Gustoume o Vimianzo que deu un salto de calidade no se xogo. O campo non me desagradou, pero para ser de última xeración creo que os hai mellores. En fin, o domingo comenza a segunda volta e vamos a ver se seguimos sumando puntos...¡esto está que arde! NON SERÍA MALA COUSA IR PROGRAMANDO OUTRA CONCENTRACIÓN ¿QUÉ VOS PARECE? A ÚLTIMA DOU OS SEUS FROITOS: 5 PARTIDOS, 9 PUNTOS.... |
XUVENTUDE 2010/11
MARCADOR DE ENTRADAS
domingo, 28 de octubre de 2007
OPORTUNIDADE PERDIDA: VIMIANZO 2- XUVENTUDE 2
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario