XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 22 de octubre de 2007

XUVENTUDE 1 - BERGANTIÑOS 1

O líder levouse un punto do Vinculeiro Stadium que non mereciu. Aos 15 minutos tivemos un penati ao noso favor, que parou Tasende, nembargantes o árbitro enganouse porque ademáis da falta debía de ser expulsión. O porteiro do Bergan tirou na área a Bernardo cando este, despois de recortar cara o centro da porteria, ía a marcar gol. Ao final da primeira parte, nun novo regalo noso, adiantaronse os de Carballo, e mediada a segunda parte Pardo, nunha das súas xenialidades, mandoulle un chupinazo que se colou a rentes do pau dereito, e así poidemos empatar. Imparable o tiro desde fora da área, despois de dous recortes ao defensa. Nos últimos minutos os de Carballo pedían a hora.....Un puntiño para cada un e todos a tomar as cervexas....Isto sigue Por certo a directiva está a valorar a posibilidade de que a partir do próximo partido saimos a xogar estilo "Ronaldinho Gaucho" ,co pañuelo na cabeza tal como está na foto Vila, que serviu de modelo, máis ca nada para protexer as ideas. Tamén se está a estudiar de comprar uns "tabarrabos" para non ensinar as vengozas por esos campos (algúns pantalóns non teñen "bragueta") e para iso un dos nosos (non vou a dicilo nome) deleitounos hoxe con un modelo interesante, creo que llo trouxeron de "Paris", lástima non poder quitarlle un foto.
E a ver se vos animades a facer algún comentario.

1 comentario:

ACD Veteranos Ponteceso dijo...

Eso, eso, cachondeo que para presión xa estan os da champions. Tiñamos que facer un campionato de blogs caralleiros, pero ia a estar reñido, pois andamos todos ben de imaxinación. Ánimo e a levar a marathon leage con cachondeo. Saudos do Ponteceso