Derrota sin paliativos na Porta Santa de Payosaco. O Bértoa tomounos a medida e gañou os dos partidos en Cances 0-1 e hoxe 4-0. E digo grazas, porque si apretaran un pouco podian facernos un descosido. Este noso equipo e como o "pupas" cando vamos perdendo algunhas veces volvemonos "tolos", parece como se nunca xogáramos ao fútbol. Todos para adiante, e claro, os contrarios aproveitan, xa nos pasou contra o Cabana. Unha cousa e perder porque sale un mal partido, pero outra é regalarlle os goles o contrario. De tódolos xeitos na primeira parte (1-0) xogouse ben, e se o árbitro fose coherente coas xúas decisións, o partido tomaría outro rumbo. Se se pita unha man fora da área do porteiro, non se lle enseña a tarxeta amaela, enséñaselle a roxa, porque o noso dianteiro estaba alí, ou senón non se lle enseña nada. Temos mala sorte este ano con este árbitro, xa en Malpica se enganou e esta vez ou ben no é falta ou sea é hai que expulsar o porteiro. Na segunda parte poidemos empatar, pero tanto Bernardo como Pardo non acertaron a metela a pelota na portería. A partires do segundo gol do Bértoa, total superioridade deles que nos perdoaron unha goleada. O motivo e o de sempre, a xente tolea a queremolo facer todo, pois non, cada un ten que xogar no seu posto e facer o seu traballo, e non tirarse a desbandada como se fai sempre. Noraboa a Bértoa que repito na segunda parte pasounos por enriba como se fora unha apisonadora.POLO MENOS ESTABAN BOS OS CALLOS ¿OU NON ...?
|
1 comentario:
Para min a derrota non foi tan merecida.Se temos en conta en que o porteiro do Bertoa,Santi,tiña q ser expulsado despois dunha man fora da area e na que el era o ultimo home.Houbo moitas oportunidades clarisimas na 1ª parte unha de Pardo e outra a balon parado de Pallín.E na 2ª parte houbo unha dobre ocasion de Bernardo que parou Santi nunha gran estirada e que despois no rechace se iria por encima da porteria tras o tiro de Pardo e despois xa co partido case rematado Bernardo lanzou o pao.
E este domingo pasado contra o San Lorenzo 1ª parte aparte dos goles que se deron nesta e o xogo por parte do Cances, pero na 2ª parte o xogo por parte do Cances mellorou o 200% gran 2ª metade do Cances o que propiciou o abultado 9 - 2 ante un equipo inferior pero moi renovado con respecto a 1ª volta.Dar a noraboa os 2 substitutos de Cuba,a Rio que incluso se permitiu o luxo de parar un penalti e a Javier que fixo unha gran parada dun tiro de fora da area cunha gran potencia.Parecian os novos Casillas da liga da costa de veteranos.
un saudo
Publicar un comentario