Hoxe no Vinculeiro Stadium caiu derrotado un dos grandes da liga: O Bergantiños. Magnífico partido do Xuventude que ao final da primeira parte adelantouse no marcador con gol de Jorge a pase de Leo. Na segunda parte novamente Jorge a centro de Sorribas puxo o marcador 2-0. O Bergan quedou con dez e metiu un último "arreón", conseguindo recortar con gol de Julio. Finalmente Sorribas de penalti conseguiu batir a Tasende y puxo o 3-1 definitivo. Resultado xusto e cecais corto porque o Bergan non soupo en ningún momento adaptarse as medidas e ao cesped do Vinculeiro Stadium. Por parte do Xuventude destacar ao equipo en xeral que xogou un partido moi moi serio, con moita loita en todas as súas líneas. Muchachos a seguir así que vamos ben.
No hay comentarios:
Publicar un comentario