XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 29 de enero de 2008

O VENRES DIA 1 DE FEBREIRO, COCIDO EN CANCES

Non fai falla ter un motivo para comer un cocido, e sobre todo si o vas a facer na grata compañia dos teus propios compañeiros de equipo, e penso que tamén amigos. O noso equipo non terá títulos que celebrar, pero para botarlle unha ceniña regada con viño, e o que caia, tampouco fai falla nada especial ¿non é verdade?. Ademáis xa nos saltamos a despedida do ano así que xa era hora de repoñer forzas.
ASI QUE O VENRES DIA 1 DE FEBREIRO A PARTIRES DAS 22,30, NA SEDE SOCIAL DE CANCES TODOS A COMER COCIDO.
Que non falte ninguen, porque poderáselle poñer multa grave ao que non veña, se non ten causa xustificada. Ademáis os que falten non saben o que se van a perder.
Para ir abrindo boca mirade estas fotos, non sería mala idea facer un QUEIMADA, ¿qué dicides?. Que sí claro:

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Boas!!!!
tedes que perdoarme por faltar o domingo a unha cita tan importante pero surgiume un problema.
Espero non fallar este domingo.
Vemonos no Vinculeiro Stadium.
Noraboa polo punto conseguido nun campo tan dificil como e o do San Roman.
Saúdos

Anónimo dijo...

Non te preocupes Davizinho que o domingo seguro que estarás. Xa sabes que temos outro contertulio: o noso Delegado Romero que por fin se decidiu a entrar neste foro. A ver si se animan máis.
Un saúdo

Anónimo dijo...

boas!!!!!!!!!!!!!!
ahi ahi ,esa e o noso titulo o de festeiros a quen non lle va un bo cocido e unha boa carallada...............
saudos dende Coruña

Anónimo dijo...

Si Vega sí e importante de cando en vez facer un "comida de confraternidade", ahí si que non nos gaña nadie, je...je...
saúdos