XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 10 de febrero de 2008

SÍ QUE HAI 5º MALO: NO VINCULEIRO STADIUM: XUVENTUDE 1---BAIO 2

Sí hai 5º malo e o noso soño de permanecer invictos esfumouse neste quinto partido. Despois de non sei cantos cambios de hora e de campo, que se en Baio as 12, que se en Cances as 11, por fin o partido contra o BAIO celebrouse no VINCULEIRO STADIUM as 11 da mañán e perdemos por 1-2. Partido xogado de poder a poder con un Baio que para ser a primeira vez que xogaba no Vinculeiro Stadium adaptouse moi ben, e na primeira media hora dominounos completamente. Só a partir do minuto trinta da primeira parte espertamos e poidemos adelantarnos no marcador, un gran tiro de Joaquín desde fora da área pegou no pau dereito da portería deles, pero non quixo entrar. Ao descanso 0-0. Na segunda parte o Baio adiantouse no marcador despois de que Braulio executara maxistralmente unha "falta" (que só viu o árbitro Gerardo). Novo tiro a pau, esta vez ao esquerdo da porteria do Baio nun grande chut desde fora da área "do Pelat Sorribas", nembargantes hoxe non era o noso día. O Baio fixo o 0-2 nun corner que despexou a nosa defensa e o rechace quedou aos pes dun xogador deles que non desproveitou a oportunidade. O 1-2 chegou nun despiste do porteiro contrario (seguramente cegado polo sol que lle daba na cara) faltando 10 minutos para o final. Intentámolo nos últimos minutos, pero o Baio ben ordenado no nos dou opción. Cecais o resultado máis xusto sería o empate, pero a sorte que tivemos contra o Corcubión faltounos hoxe. De todas formas o equipo dou o "callo", e todos sabemos que nós nesta liga "estamos de invitados", así que tranquilidade o obxectivo noso todos sabemos cal é. Non podemos poñernos dos nervios, sabemos o que temos e a donde podemos chegar, así que tranquiliños e a seguir xogando como ata agora, arañando puntiño a puntiño. Quedannos partidos moi duros, sobre todo no Vinculeiro Stadium, pero xa sabiamos que isto non ía a ser fácil, así que serenidade. Felicitacións aos amigos de Baio que fixeron un grande partido. O Zas (só empatou un partido e foi contra nós) sigue intratable, e no segundo grupo o Camariñas conta os partidos por victorias. Aquí están as clasificacións:
CLASIFICACIÓN 1º GRUPO
  EQUIPOS
J
G
E
P
GF
CG
PUNT
DIF
1
ZAS
5
4
1
0
13
3
13
+10
2
BÉRTOA
5
3
1
1
12
7
10
+5
3
CORCUBIÓN
5
2
2
1
8
4
8
+4
4
XUVENTUDE
5
2
1
1
8
6
8
+2
5
BAIO
5
2
2
1
8
7
8
+1
6
BUÑO
5
1
3
1
3
5
6
-2
7
PONTECESO
5
1
1
3
6
14
4
-8
8
BERGANTIÑOS
5
0
3
2
2
6
3
-4
9
NANTÓN
5
0
3
2
2
6
3
-4
10
SAN ROMÁN
5
0
2
3
6
10
2
-4
CLASIFICACIÓN 2º GRUPO
  EQUIPOS
J
G
E
P
GF
CG
PUNT
DIF
1
CAMARIÑAS
5
5
0
0
11
6
15
+5
2
VIMIANZO
5
4
1
0
13
5
13
+8
3
CABANA
5
4
1
0
15
9
13
+6
4
MALPICA
5
2
1
2
14
13
7
+1
5
CORISTANCO
5
2
0
3
12
12
6
0
6
C.DEL MAR
5
2
0
3
7
8
6
-1
7
D. CARBALLO
5
1
1
3
4
7
4
-3
8
SOFÁN
5
1
1
3
4
7
3
-3
9
CORME
5
0
2
3
3
9
2
-6
10
S. LORENZO
5
0
1
4
7
14
1
-7

No hay comentarios: