XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 3 de marzo de 2008

NANTÓN 0 -- XUVENTUDE 0

Empate xusto contra os de Nantón. Dominaron máis eles, que máis que un campo parece que teñen unha "agra" enteira (¡que grandísimo é!), nembargantes as ocasións de gol foron poucas. Nada máis empezar Pallín poido poñer o 0-1 nun mágnifico servicio de cabeza por parte de Jorge, pero a pelota saiu rozando o pau. Eles tamén tiveron a súa ocasión que sacau espectularmente o no "Casillas-Cuba", moi ben, moi ben, cada día está máis seguro e iso notao o equipo. Na segunda parte dominio asfixiante deles pero só unha ocasión ao quitar un corner, que pegou traveseiro. Nos últimos cinco minutos, cando as forzas xa estaban esgotadas, dúas contras nosas poideron darnos a victoria. Primeiro "Pelat Sorribas" nunha das súas clásicas "cabalgadas" rompiu, unha vez máis (¡que velocidade ten o cabronazo!), a defensa contraria e plantouse na área, pero o porteiro deles estuvo moi fino e sacouna co pé. A segunda xogada de Pallín, con desmarque de Jorge, que arrastrou a defensa, e de novo "Pelat" entrou polo centro da área coma un bala pero o balón quedouselle un pouco atrás e non puido rematar. Destacar a estupenda labor defensiva de Pedro, Javi, Moi e Rios, e a de todo o equipo en xeral. Lástima eses pequenos "incidentes" derivados dos cambios e tamén da calentura que temos os xogadores cando competimos, pero que teremos que ir subsanando nun futuro. Xa todos somos maiorciños e sabemos o que temos que facer ¿ou non?. En canto ao do silbato, fíxoo ben Xosé Antonio, a pesares de dous fora de xogo que nos perxudicaron, nos que se quedou "enganchado" o número 4 deles, pero a verdade e que para un árbitro sin líneas é totalmente imposible ver este tipo de situación, así que eu desde este foro felicito a Xosé Antonio . Polo demáis seguimos de terceiros a "un mundo" (7 puntos do segundo e 10 do primeiro) dos dous de arriba que, por certo, teñen que visitar o Vinculeiro Stadium, primeiro o Bértoa e despois o Zas. ¡Que Dios nos colla confesados, comulgados e cambiados!. Ah! Pero que eles non se descoiden tampouco, non sexa que vaian a levar unha sorpresa, todos sabemos que no Vinculeiro pode pasar de todo, depende do día. En canto o grupo dous, seguen fortes o Vimianzo, líder, o Camariñas e o Cabana, que xa lle está soprando na caluga ao Camariñas, derrotado na casa polo Vimianzo. E sen máis rollo, que xa está ben, ahí tedes as clasificacións:
CLASIFICACIÓN GRUPO 1º.
  EQUIPOS
J
G
E
P
GF
CG
PUNT
DIF
1
ZAS
8
7
1
0
19
5
22
+14
2
BÉRTOA
8
6
1
1
20
10
19
+10
3
XUVENTUDE
8
3
3
2
11
10
12
+1
4
BAIO
8
3
2
3
12
14
11
-2
5
NANTÓN
8
2
4
2
7
6
10
+1
6
BUÑO
8
2
3
3
8
11
9
-3
7
CORCUBIÓN
8
2
2
4
11
12
8
-1
8
PONTECESO
8
2
1
5
8
16
7
-8
9
BERGANTIÑOS
8
1
3
4
3
9
6
-6
10
SAN ROMÁN
8
1
2
5
8
14
5
-6
CLASIFICACIÓN GRUPO 2º.
  EQUIPOS
J
G
E
P
GF
CG
PUNT
DIF
1
VIMIANZO
8
7
1
0
23
9
22
+14
2
CAMARIÑAS
8
6
1
1
16
12
19
+4
3
CABANA
8
5
3
0
22
15
18
+7
4
CORISTANCO
8
4
0
4
20
17
12
+3
5
C.DEL MAR
8
4
0
4
14
14
12
0
6
MALPICA
8
3
2
3
18
17
11
+1
7
SOFÁN
8
1
2
5
7
12
5
-5
8
CORME
8
1
2
5
12
21
5
-9
9
D.CARBALLO
8
1
1
6
6
13
4
-7
10
S. LORENZO
8
0
4
4
7
15
4
-8

3 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver se sodes capaces de frear o domingo ó Bértoa, que en Zas xa empezamos a notar a presión, e máis pensando que dentro de dúas xornadas temos que render visita ó Vinculeiro; case prefería estar un pouco máis abaixo e vivir os partidos con menos "tensión", que últimament estámonos desbocando un pouco....pero en fin...a cousa foise dando así e agora non imos deixar de pelexar ( de bo rollo eh!), veña, un saúdo e moita sorte a todos, e sobre todo que ninguén se manque que é o máis importante.

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Intentarémolo, pero antes de nada permite que vos felicite pola grandísima primeira volta que estades a facer. Só cedestes un empate e foi con nós, por iso lle damos ainda máis valor, porque a todos os demáis "pasastelos pola pedra". Supoño que xogaredes con "tensión" porque tal como se puxo este grupo só vós e o Bértoa tedes posibilidades de gañas esta "champións league", pero non vais a pensar que os outros non xogamos con "tensión", se miras a clasificación verás que se perdes dous partidos quedas no furgón de cola e iso é o que nós queremos evitar. De momentos imos facendo o que podemos, pero temos dous partidos agora a "cara de can", xa que vindes xogar o Vinculeiro os dous primeiros. A liga e cousa de vós os dous, a distancia cos outros é abismal, así que sorte e que gañe o millor dos dous. Bueno sorte en todos os partidos menos o día que veñades a Cances ¿enténdelo non? E estou dacordo coa túa última frase: ¡que naide se manque!, que isto e para divertirse, e se ademáis se gaña como estades a facer vós, supoño que o pasaredes de maravilla. Un saúdo desde Cances. E grazas por participar no blo.

Anónimo dijo...

HOXE VIN A FACAL EN LAXE......CON SANGRE NO OLLO....TEMBLA BÉRTOA !!!!