Quinta victoria nesta segunda fase da liga que nos serve para remontar postos e ao mesmo tempo poñer o gol-average a favor noso con respecto aos de Baio. Mañán infernal na que caian "chuzos de punta", xa facía anos que non se xogaba con tanta auga. O fermoso e grandísimo campo do Baio tornouse nunha piscina na segunda parte. O partido púxosenos ben xa na primeira parte, na que conseguimos marcar por dúas veces, ademáis de realizar un xogo bonito, con poucos regates, con pases case que o primeiro toque. Uha moi boa primeira parte na que marcou O PELAT SURRIBAS que parece remocear outra vez na súa posición de dianteiro centro. A segunda parte foi deslucida poque o campo era un charco, así que patadón pa diante. Conseguiron eles acortar distancias nun erro noso, e foi outra vez o PELAT o que conseguiu o terceiro gol e o seu primeiro "hat trick" da tempada (iso sí tuvo a delicadeza de non levarse o balón para a casa, je..je..). A partir de aquí poidemos golear aos de Baio que se foron para arriba, pero unhas veces porque non tiñamos o punto de mira axustado, e outras veces porque en fin....que queres que vos diga.......(non se pode xogar con orelleiras, porque impiden ver aos compañeiros desmarcados) o certo é que ao final eles poideron acortar distancias, xa que o trencilla no tempo de desconto pitoulles un penalti (deses que se inventa cando lle parece que xa todo está feito y tamén para quedar ben con todo dios), pero tirarono fora. Así que poñemos algo de terra de por medio co Baio e Bergantiños. O domingo outro partido importantísimo en Ponteceso, se gañamos alí case que estaremos "salvados", así que ..........a dar o callo......
No hay comentarios:
Publicar un comentario