XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 27 de abril de 2008

PONTECESO 1---XUVENTUDE 2, PARTIDO MOI....MOI....DIFICIL...

Hoxe conseguimos doblegar ao Ponteceso no seu campo y gañamos 1-2 nun partido moi....moi difícil. Un gran Ponteceso necesitado de puntos apretounos dende o principio, nembargantes soupemos aguantar as súas embestidas e Pallín, nun alarde de calidade, puxo o 0-1 con unha preciosa "vaselina" (non sei se se escribe así pero todos entendedes). A partires de ahí comenzamos a xogar millor e o controvertido, pero eficiente, Pelat Sorribas desquiciou a defensa contraria nunha das sús internadas, provocando un penalti que tansformou o sempre talentoso : Joaquín. Co partido de cara tivemos un dos nosos clásicos baixóns e o Ponteceso marcou un gran gol. Descanso 1-2. Na segunda parte empezamos coma case sempre "medios dormidos" e dimoslle dúas ocasións de gol que eles non aproveitaron, porque unhas veces fallaron e outras veces foi Cuba no seu "campo maldito" o que lle impediu que lograran marcar, por iso a foto de hoxe vai dedicada a él.. porque neste campo eu sei que sofriu moito e hoxe fixo un partidazo, ao mesmo tempo quitouse o mal fario que o perseguia neste Pinguel. A partir do minuto vinte o partido tornouse bronco, o que dou lugar a uns "incidentes" que xamáis se deberían de producir nun torneo de veterans. Eu dende este humilde foro invito a reflexionar as "cabezas pensantes" sobre a idoneidad de facer unha liga tan competitiva, e tamén a que den as ordes oportunas aos árbitros para que teñan man firme con aqueles que teñán comportamentos antideportivos, senón isto vaise ir ao carallo.....tempo ao ....tempo. O día que por desgracia haxa "un accidente" con algún lesionado grave (e todos sabedes de que falo, que non son precisamente patadas) veremos que o camiño que collemos non é o axeitado. Lamentar as múltiples lesións que houbo no equipo producto na maioría de problemas musculares e desexar a súa pronta recuperación . Coma sempre se queredes ver a clasificacións ir ao enlace do Comité. Unha vez máis convídovos a participar neste blog, porque senón e moi aburrido...facede comentarios, mandade fotos ao correo eléctronico, ou facede algo porque se non hai participación e millor eliminalo.¡VEÑA COÑO QUE ISTO É PARA PASALO BEN!

8 comentarios:

Aimar..co dijo...

Carai que esta seman logo se actualizou a paxina...non sei por que sera. So digo unha cousa referente os incidentes, que creo que ali xa volo dixen, estou de acordo que este camiño non é o correcto, pero gustariame dicir que o Ponteceso como grupo que é non é o único culpable, e triste falar do árbitro pero pa min foi o culpable, pois deixou que se lle fora o partido da man, pois nun partido tan bronco hai que poñer o listón alto dende o primeiro momento. Un saudo e espero que esto se quede nunha simple anécdota (triste pero que sexa asi).

Anónimo dijo...

Aimar, esta páxina actualízaseme moitas veces os domingos igual que a vosa, depende do tempo que teña un disponible. Os "incidentes" eu creo que e millor facer "borrón e conta nova", de ningún xeito ningún integrante do Xuventude vai a reprocharlle nada ao equipo, no seu conxunto, de veterans de Ponteceso, ao que sabedes que respetamos, así como tamén respetamos individualmente a TODOS os seus xogadores, outra cousa son as actitudes personais dalgún xogador en particular. Cada un ten que ser responsable dos seus feitos, a única responsabilidade dos "incidentes" é do xogador en cuestión, foiselle a cabeza, que lle pode pasar a calquera, pero hai accións que antes de facelas hai que pensar nas súas consecuencias, porque isto pode derivar tranquilamenete co contrario nun hospital con algún oso roto e despois virán as consecuencas derivadas de esa acción. Repito nada ten que ver co resto de equipo.E cando me refiro que ese non é o camiño non me estou a referir tampouco a vós como conxunto, refírome a todos os que formamos esta familia futbolera: Comité, árbitros, xogadores, entrenadores, etc, fai tempo que comentei que tanta competitividade ía a volverse contra nós....e desgraciadamente acertei (recordoche que houbo que suspender un partido nesta xornada tamén por "incidentes"). Isto foi feito para divertirnos en idade de VETERANOS, e a nosa a actitud nin siquiera e digna de uns rapaces de 14 anos. Imaxinadevos pasarlle un video aos nosos fillos coas tonterías que facemos e dicimos os domingos no campo, igual nos caía a cara de vergoña. En canto á culpabilidade, para mín, é única e exclusivamente do xogador que non sabe controlar os seus "impulsos", e deberá de ser él individualmente o que a pague, nada teñen que ver o resto dos compañeiros.., así que a olvidar esta mala mañán e a seguir disfrutando do fútbol nestes maravillosos campos que temos a suerte de ter (bueno o noso vaia....vaia, pero...)..Saúdos dende Cances.

Aimar..co dijo...

Non che quito a razón no que dis, pero si che repito que os árbitros teñen a sua culpa...tes que recoñecer que foi un partido duro dende o inicio, que protestas por ambos lados e faltas saidas de tono, pois dirasme se teño ou non a razon, pero o colexiado ten frear eso dende o inicio..
Eu non digo ke o que fixo o xogador tivera ben feito, senon me referia a que eso vaise cocendo o largo do partido por non poñer freno o colexiado.
Perdoa se en algo te molestei, non era a miña intencion,solo que me fode que non vexamos que piten mellor ou pero vale, pero que non deixen irse os partidos das mans...que este pasaou de todo..
Un saudo... e repito que perdon si ofendin en algo.

Anónimo dijo...

vaselina escribese con "F" de fora de xogo clarisimo, como asi dous penaltis de libro....
Asi nos vai....

Anónimo dijo...

O primeiro gol non foi fora de xogo saiu tarde o numero 6 do ponteceso o mesmo que cometeu o penalty asi que en vez de criticar tanto o arbitro dicidelle algo o voso numero 6 que regalou os goles

Anónimo dijo...

Non hai nada que desculpar, só estamos dar unha opinión. En canto aos arbitraxes eu o día do Zas fixen unha crítica "subida de tono" e prometinme que non ía a falar máis do asunto, só que, a veces, cando levas tres ou catro partidos nas que as decisións non parecen acertadas, pois ún salta e é o normal. Eu probei a pitar nuns amistosos e de verdade que a cousa é jodida, para aturarnos manda truco...se a iso lle sumamos que, o mesmo que nos pasa aos xogadores, a preparación é deficiente pois....xa me dirás. O millor é mirar cara adiante e a ver se o domingo as cousas se non dan ben a todos, así que moita sorte no próximo partido e un saúdo dende Cances para todos os integrantes da plantilla do Ponteceso.

QuitoPonteceso dijo...

Bueno, pois eu creo que o primeiro gol foi fora de xogo claro, claro, pero bueno, non imos discutir por iso. Así como o penalti foi claro, claro, tanto o que pitou en contra do Ponteceso coma o que non pitou ó final do partido (mano clara, clara) pero xa se sabe que erros hai que telos, porque ninguén é perfecto.

O Xuv. soubo aproveitar as súas ocacións e o Ponteceso non, así de claro. Se non fallásemos as 6 ocasións (polo menos que agora recorde) non faría falta que o árbitro pitase o claro penalti.

Saudos

CARIOCA dijo...

ahi ta o quid do conto: ¿quén sanciona os dianteiros que non marcan goles claros? ¿e os porteiros e defensas que cantan?.....eu xa podía tar na neveira fai catro anos.....os árbitros quitan e dan mais ou menos pa todo ijuaaaaaal.