XUVENTUDE 2010/11
MARCADOR DE ENTRADAS
lunes, 19 de mayo de 2008
NORABOA AOS CAMPIÓNS BÉRTOA E CABANA, e tamén aos de CAMARIÑAS. HOXE OUTRO PALIZÓN BÉRTOA 7 -- XUVENTUDE 0
Antes de nada felicitar aos CAMPIÓNS: BÉRTOA E CABANA. Para nós finou este calvario, porque se chega a durar un pouco máis a liga, descendemos seguro. Xao dicía aquel "non mandei a miñas naves loitar contra os elementos", e a nós parece que no mirou un torto, o parte de guerra é desolador, porque temos un feixe de lisiados: en defensa: Pedro, Antonio e Ramón, no medio campo: Leo, Ricardo e Garcia, e na dianteira: Vega, Jorge e Milito (aunque este só participou en dous partidos), ou sexa que temos un equipo completo no dique seco. Hoxe fomos 10, e ísto é un dicir, porque realmente foron 9, así que o Bértoa volviunos a palizar sin piedade. De catro partidos que xogamos con eles gañaronnos os catro. Metéronnos 7, fallaron outros 14 e tiraron ao pau tres ou catro. Non hai que dicir que os BOMBONEROSBOYS (case todos "nenos " de treinta e poucos anos) non puxeron empeño. Aguantamos 25 minutos, pero cando abriron a lata (por certo con unha celebración estilo Fernando Alonso: "Toma" "Toma" "Toma", en fin .....sen comentarios..) todo foi un camiño de rosas para eles e en cinco minutos xa nos meteron otros dous máis. De ahí ata o final tocounos sofrir moito...pero moito....a goleada poido ser de escándalo, menos mal que unhas veces non atinaron, outras tiraron ao pau e outras parounas Cuba. Non lle deseo a nadie esa situación, sobre todo ante un equipo tan ambicioso e con tanto poderío físico e técnico coma este (senón se ten ambición nadie é campión), porque aínda que na segunda parte xogaron os non titulares, o que máis e o que menos tiña gaña de marcar....e eu comprendoo....sí...non sempre se gaña un título e por enriba na primeira participación. O que está claro é unha cousa, do mismo xeito que o Zas se deixou catro puntos con nós, se hoxe poideramos tamén ao Bértoa lle birlariamos os tres en xogo. En fin compañeiros isto acabou por sorte...... se se recupera a xente vamos a disputar a copa con todo o ardor do mundo, e senón se recupera, para ir con nove ou oito, e millor quedar na casa, ser palizado deste xeito non creo que sea a imaxe que máis favoreza ao equipo, como equipo, nin aos xogadores como xogadores......Un saúdo para todos. e repito NORABOA AOS DOUS CAMPIONS: BÉRTOA E CABANA por ser os campións e os de CAMARIÑAS polo seu merecido ascenso
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
A pregunta e,¿se vos estiverades xogando o descenso,cantos seriades?
esperaba algún comentario parecido....ai....ai...ai....que jodido....que mente tan retorcida.....pero ome, despois de pasalas putas para clasificarnos, e máis putas para intentar quedar entre os 8 primeiros, agora a final, ¿paréceche que levamos dúas choscas de carallo por gusto? Non señor neste equipo ningún é masoquista e que che metan 12 goles en dous partidos jode...pero moito...moito..En canto aos descensos compañeiro ratomil xa sabe todo o mundo que non os vai haber, e en último caso nos non somos responsables do que cada equipo fixo no campionato. Por esa regla de tres os de Zas, que perderon catro puntos con nós, terían que ter o coitelo nos dentes porque o Bértoa paliounos nos dous partidos en Cances 1-5 e ote 7-0, se che parece que despois de ganarnos 4 partidos de 4 non lle temos gañas é que non nos coñeces ben....
ratomil.....sempre metendo o dedo no ollo. Descansa un poukiñoo,,que en tódolos lados se cocen fabas e quen mais quen menos xa xojou con nove aljunha ves. Aínda hai xojadores que abandonan o equipo a mitá da lija...non si?
Se eu meto o dedo no ollo ti non sei donde o metes....Supoño ke sabes moito da miña vida...polo cal saberas os motivos que eu tiven pa abandonar o equipo...non si??
Terlle gañas, polo que se ve non lle tiñades todos, pois erades poucos. Contra o Ponteceso trouxeches ata o cociñeiro. Non vos boto a culpa, é unha liga moi larga e costa manter a intensidade e as gañas ata o final.
Por outra banda felicitarvos polo blog e por mantervos en primeira, e desexarvos que sigades en ela pois apostades polo futbol.
P.D. (Ó jjcobiñas)Paréceme, que intentar apagar o lume con gasolina ten un nome ... PIROMANO
Vale a pena morder algo a lingua antes de faltarlle o respecto á xente cando non se está na súa pel para saber porqué deixas un equipo, pois para min en determinadas circunstancias vale a pena deixar un grupo que reventar por ser políticamente correcto e en outras e a propia vida a que che manda deixar un clube, polo que che pido respecto para os que opinamos con nome e apelidos.
Susinho Jaucho ... Ponteceso
É verdade o día do Ponteceso eramos catorce o quince, pero , entre o partido de Baio e o de Ponteceso lesionaronse un feixe deles, de feito o día do Nantón que foi o partido seguinte aínda eramos menos: 8, e entre eles dous "mozos" de cincuenta e pico. Menos mal que xa nos están a facer un dieta para o día 30 de maio a ver se nos recuperamos....Grazas por participar neste blog e xa espermos volver a xogar para ano, porque ojala non baixedes, ademáis o Vinculeiro dásevos moi ben case nunca conseguimos gañar, pero o importante é pasalo ben. Saúdos desde Cances
É verdade o día do Ponteceso eramos catorce o quince, pero , entre o partido de Baio e o de Ponteceso lesionaronse un feixe deles, de feito o día do Nantón que foi o partido seguinte aínda eramos menos: 8, e entre eles dous "mozos" de cincuenta e pico. Menos mal que xa nos están a facer un dieta para o día 30 de maio a ver se nos recuperamos....Grazas por participar neste blog e xa espermos volver a xogar para ano, porque ojala non baixedes, ademáis o Vinculeiro dásevos moi ben case nunca conseguimos gañar, pero o importante é pasalo ben. Saúdos desde Cances
EU SOLO DIJO QUE É MOI FACIL CRITICAR OS DEMAIS. PODEN TER OS DE CANCES O MISMO MOTIVO PARA NON IR XOGAR QUE RATOMIL. A VER SE RESULTA QUE AHORA É OBLIGATORIO XOGAR PA SALVARLLE O CÚ A OUTROS EQUIPOS. CADA UN QUE FAJA OS SEUS DEBERES.
E NON LLE FALTO O RESPETO A NADIE, QUE EU SEPA (A FRASE METER O DEDO NO OLLO NON É FALTONA, QUE EU SEPA, E DICIR QUE EL TAMPOUCO VAI XOGAR É UNHA REALIDAAADEE). NON SE PICA O QUE NON COME ALLOS
MEEEEEEEEEEECCCCCCCCC Falso eu vou xogar,por aclamacion popular....
Publicar un comentario