XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

viernes, 29 de agosto de 2008

ACORDOS DA ASAMBLEA CELEBRADA ONTE EN MALPICA

A asemblea celebrada onte en Malpica aprobou o que brevemente paso a resumir:
1º) Xogar a liga a dúas voltas, con dous grupos un de 12 (os 10 do ano pasado máis os dous que ascenderon) e outro de 11 (entran o Leiloio, Porteño e Corcoesto).
2º) Elevar a cuota de inscripción do equipo ata 200 euros , e elevar a cuota dos árbitros que agora será de 50 euros por partido.
3º) Comenzar a liga o 21 de setembro, e a copa xa se decidirá o seu formato nunha próxima asemblea
4º) Manter a sancións impostas aos xogadores (ata de agora había amnistia ao principio da tempada e todos os xogadores partían de cero). Este foi un dos puntos máis controvertidos xa que a votación gañouse 10 a 9.
No que se refire ao calendario dironnos un provisional e en breve pasarásenos o definitivo.
No que a nós respecta dicirvos que o día 21 de setembro xogamos o primeiro partido en Cances contra o Bergantiños, e o dia 27 o segundo en San Román. Así que xa podemos ir entrenando, porque segúndo teño entendido calquera deles reforzouse de carallo e medio. O mercado de fichaxes anda tolo, isto en vez de un torneo de veteranos para pasalo ben, parece unha competición oficial da UEFA.....señor....señor....o que non fixemos de novos queremos facelo agora de vellos.......en fin .....nos ao noso.......a xogar e a pasalo ben que de iso se trata.

14 comentarios:

Anónimo dijo...

emodooo,elogo tanto fichaxe hai?quen ficha tanto?,hay extranxeiros?

CARIOCA dijo...

Podo confirmar que a nosa secretaría ténica ta en llamas contestando os faxes que chejan na procura de efectivos. Nos non vendemos, pero hai xente adorecida por ahí fichando. A nós tocáronnos a dous ou tres. Nos incorporamos tres da casa que debutan en veteranos...e chejan ben, que despois non hai sitio no campo pra tanto barrijudo.

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Si, por aquí por esta zona parece que arden as chequeras, e tamén creo que se está a sondear o mercado extranxeiro, así que ollo porque en calquer momento póden volar os kracks dos equipos, todo depende das ofertas económicas, pode haber sorpresas de última hora, o que poide que amarre as súas figuras con cláusulas desorbitantes, ou senón que o amarre con cadeas ao banco dos vestiarios.

ratomil dijo...

A min se me amarraran a unha botella de azpilicueta e unha fuente de churrasco.......

Anónimo dijo...

Hai dous do Malpica, pero que non son de Malpica, que volan cara un equipo de Cabana que non é o Cabana.....aaahhhh

Anónimo dijo...

E un de Cabana, pero que non xoja no Cabana, pode que vaia pra un equipo de Cabana que non é o Cabana....ahhhh

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

E o equipo é o de Cabana que non é o Cabana ¿non sí?

Anónimo dijo...

e que ahora hai dous equipos en CAbana que non son o Cabana, non sabes....ahi ta o conto, que parece que tal e tumba pero non, non sabes?

Anónimo dijo...

Teniente, debe usté mellorar os datos que de cabana xa sempre estuberon o Cabana e o Nantón e xa levamos a dous e ahora o terceiro ten muitas novias e pouca palabra asi que keda ti con el

Anónimo dijo...

En Cabana tamén hai un equipo que se chama Corcuesto. Os dous que levades tan ben ahí..por un aniño, que despois cambian outra ves, e o outro non vos vai por levar os outros dous.

Anónimo dijo...

Hai xente na liga de veteranos que flipa moito. Eso de andar cambiando de equipo é de xente que non vale pa estar cos compañeiros como hai que estar. Se non estás a gusto onde naceches e paceches...mal asunto, non creo que vaias estar mellor entre desconocidos en plan crack.

ratomil dijo...

Haiche ben policia...sargentos,inspectores,tenientes....a xente estache informada,coa infraestructura do exercito detras non me extraña,seguro que hasta micros poñedes,jeje.Saudos.

Anónimo dijo...

O Rumenije ese que non beba mais,que hasta a auga lle debe facer mal.Parece que ti tes aljo de razon,O TEU E PACER,da igual o sitio,deixa de meter carabulladas,que todo dios ten dereito a ir onde queira,e por suposto que estar a disgusto non creo que sexa o mellor plan.Pero ti que entenderas deso......

Anónimo dijo...

A túa forma de expresarte xa te define. Ta todo dito.