E esta é unha pequena montaxe de vídeo do cocido do ano 2008. Polo momento vamos a dar por rematado o asunto das festas, non sea o demo que a xente pense que o de xogar é unha disculpa para enchernos ata os topes.....aunque non vai a cousa descamiñada. Só decir que estaba caralludo.
6 comentarios:
pero ese que é un equipo de fútbol ou unha peña gastronómica? E que parece que non saides de unha e xa estades metidos noutra. Así da gusto pertencer a un equipo, sí señor, a ver cando invitades porque ten unha pinta todo....
Si home sí non todo vai ser xogar, gañar, xogar, perder, xogar, empatar. Nos divertimonoss que para eso e esto do fútbol de veteranos. Se se gaña algunha vez millor, pero senón tamén se celebra. Aquí naide se como o tarro ca idea de acadar títulos, iso deixamosllo aos profesionales. Nos a xogar, pasalo ben e divertirnos, pero sobre todo que non falta un cocidiño, un churrasquiño, un cochinillo....en fin.....todo o sano
oes o conto dos videos cada día vai millor, segue así que vas ben...
bueno, non vais a pensar que non da chollo de carallo, pero o que antes me levaba dúas horas, agora xa o fago en media, vamos a ver ata donde conseguimos chegar....Ah! e grazas, porque esto leva o seu tempo, e se polo menos alguén ten ben recoñecer o tempo que perdemos con estas historias, polo menos dache ánimos para seguir adiante, do contrario é millor cerrar o chiringuito.
Estes chiringuitos non se deben cerrar: débense declarar BIC, coma o pazo ese de meirás..
Non, non non o vou a cerrar, despois de pasar horas e traballo aprendendo o dos videos, de ningún xeito, a pesares de que os meus non fan un puto comentario, pero ao millor e que non lle dou de que falar....pero de cerrar nada, para mín e un divertimento.
Publicar un comentario