Acabo de ver o correo electrónico particular, o do noso club e asemesmo acabo de ver no blog do Comité a publicación das "medidas de gracia". Como o Comité non admite comentarios no seu blog, vounos a facer dende aquí. As medidas esas de gracia xa se sabían que existían, sairon pola tele antes da Asemblea do xoves. Nesa asemblea votouse que as sancións do ano pasado continuaban vixentes, e ao ser a asemblea soberana, eu personalmente, creo que hai que respectar a decisión tomada. ¿A qué ven agora esta historia das medidas de gracia se xa esta decidido pola asemblea?. De verdade que as veces non entendo por qué se está a revolver o que non se debe de revolver, ademáis xa é sabido que canto máis revolves máis cheira. Que eu saiba non estamos federados, e non nos afecta para nada iso, é máis, na maioría das asociacións de veteranos non se segue o reglamento da federación a rajatabla senón que se modifican certos artículos, sobre todo os referentes as conductas antideportivas que causen lesión por medio de violencia, aplicándose non as sancións que constan no reglamento senón sancións exemplarizantes que conlevan en ocasións a expulsión da competición por largos períodos de tempo e inclusive por tempo indefinido, todo isto previa aprobación da asemblea general que é quen en definitiva decide cómo, cando e cal é a forma da competición.
¿Hay algún interés en modificar a decisión da asemblea? Espero que non. Non sei para que nos complicamos tanto, a veces o exceso de información e contraproducente porque da lugar a debates que non teñen razón de ser e que por enriba crean confusión.
Dada a suspicacia que existe entre todos nós ven se pode entender que estas "medidas de gracia" adoptadas pola Federación revocan a decisión tomada na asemblea, e os equipos podriamos aproveitarnos de esa confusión, nembargantes espero que impere a cordura: O votado votado está. ¿Por qué quere o Comité que haxa unha nova votación sobre as famosas medidas de gracia?.Todo o que se aparte do decidido na asemblea será pisotear a soberanía da misma. Ollo con estas caralladas que xa bastantes liortas armamos ............sin que agora se pretenda dicidir novamente sobre o decidido, e MOITO MENOS VOTAR VIA TELEMÁTICA porque entonces o Comité está arrogándose unhas competencias que só lle corresponden a Asemblea Xeral, e sen ánimo de ofender parece unha auténtica metedura de pata por parte do Comité.
33 comentarios:
Dacordo en certa medida, pero tamén pregunto: ¿Por qué durante todos os anos anteriores se indultaron a todos os sancionados e este ano non?...espero que tampouco houbera algún interés detrás. É absurdo que cada ano se vote este asunto. Ten que haber unha norma é punto. Pero os sancionados de este ano están a ser perjudicados con respecto os dos anos anteriores.
Ole,ole y ole ahora resulta que a liga rigese pola federación,e nos sin sabelo mira ti por onde.Eu mais ben penso que se rige polo que lle interesa o noso comite,¿para sancionar rigese tamen polo que di a federación??Isto e unha liga para pasalo ben, coma ben se di,ainda que case ninguen o pensa,as sancions hai que cumplilas o cen por cen,nada de "medidas de gracia".As "medidas de gracia" danse nos conflictos belicos,e isto de momento non e a ningun conflicto belico,ainda que coma se siga asi pouco lle ha faltar pala selo,senon o tempo.O que fixo mal que o page e a forma de que a liga sexa iso unha liga e non unha batalla cada domingo porque total,se fago mal malo sera que o comite non teña unha "medida de gracia" coma tibo con outros non......pois non, o que se equivoque que carge coas consecuencias
Dacordo que os sancionados de este ano vense perxudicados con respecto aos dos anos anteriores, pero iso xa se votou na asemblea, e polo tanto o debate está finiquitado. Agora o que trato de dicir con ese longo comentario e: ¿por qué o Comité nos manda e publica no seu blog esa circular das medidas de gracia?. ¿cómo podemos entendela? ¿Prevalece a decisión da asemblea ou polo contrario prevalece esta nova circular?. Eso e o quid da cuestión ¿seguen ou no seguen as sancións?. Se seguen non vexo a que ven o da circular...no o vexo.....salvo xerar confusion...so confusión. Iso é todo. O comentario o único que ten por obxecto e iso saber a que atenernos o día 21 ¿poden ou non poden xogar os sancionados? Así de sinxelo.
Son Gerardo do Ponteceso, o meu entender penso que hai un error de planteamiento no tema das sancios.Eu vexo coherente e normal que un xogador que ten un partido de sancion por acumulacion de tarjetas ou por unha roja directa (sin mais consecuencias), ou duas amarillas no ultimo partido de liga, poda empezar unha nova liga sin sancion ,non pode recibir o mesmo trato que un xogador que ten 10, 20, 30 partidos ou 5 anos de sancion.Entonces creo que todos os que arrastran sancions graves si as deberian cumplir(queda por definir o que se entende por sancion grave, mais de 3 partidos, mais de 5 etc.).PORQUE ¿QUE SIGNIFICA QUE SE MANTENDRAN AS SANCIONS? ¿Vamos a seguir co ciclo de tarjetas amarillas tal como se acabou o ano pasado?
Eu xa dixen na reunión que a votación era absurda e inxusta, porque discrimina os sancionados dun ano con respecto os de outro, e demostra que non todo o mundo vota razonando, senón mirando a ver quen é o sancionado. Non se entende sinón que a votación sobre o asunto cambie de ano a ano. Houbo equipos que o ano pasado tiñan sancionados e votaron a favor do indulto, e este ano cambiaron o voto porque non tiñan afectados.
Creo que as sancións deben manterse SIEMPRE -falo das sancións que implican partidos de suspensión- non das tarjetas amarillas, xa que así evítase que a xente na última xornada aproveite para pintar o caneco.
Este sistema de votacións solo provoca que eu, por ejemplo, votase a favor do indulto pra defender un compañeiro, cando penso todo o contrario.
eu co que me quedo e cos favoritismos do comite. Un xogador por un cruce de cabezas (que as cruzaron os dous) 5 anos de sancion, nun partido contra o cances si mal non recordo un xogador do ponteceso agrediu con un puñetazo a un do cances, o comite metiulle 10 partidos por (teniendo en consideración la atenuante de ser la primera expulsión) cando xa habia sido expulsado na 1º volta por una cousa semellante. Eso creo que non e igualdade. Dous chocan as cabezas e un leva a peor parte, e este home vai el a polo contrario e dalle un puñetazo na cara. Apaja e vamonos.
DIFERENCIA:
un e do club do mar e o outro do ponteceso.
Eu o que digo e que o outro día Modesto e Fernando pediron colaboración/relevo e quen mais quen menos mirou para o teito ou fixo que dormía. E despois andamos a criticarlle todo, absolutamente todo o que se propón ou fai.
Si o reglamento que seguimos é o da federación e chega unha circular da federación, pois Modesto fai ben en comunicala (se fose eu xa non perdía o tempo vendo o que hay)
Ahora con votar xa está, se esa asamblea é tan soberana a votación quedará de novo 10-9 e punto pelota....claro, que algún cambiará ahora de opinión ou non se acordará do que votou ou botaralle a culpa de todo a Modesto, coma sempre.
Esto todo é a proba de que eso de que se xoga pra pasalo ben é DEMAGOGIA BARATA, aquí cada un mira os seus intereses. Puden oir como un delegado votaba en contra do indulto adornando o voto con esta frase: "que se joda.....-fulanito de tal-....e que cumpla os partidos". É o que hay, ese mismo delegado o ano pasado seguro que tiña un compañeiro sancionado e votou o revés.
tou totalmente de acordo en todo contigo, menos na forma de sancionar sigo decindo que pa min e o mesmo. ou que pasa este home pode ir dando ostias polos campos hasta que lle rompa os narices a alguien, home no me jodades. Se a un lle meten cinco o outro tamen, eche a maneira de que aprendan, despois no resto eu tou con modesto e con fernando, eu a reunion non fun pero fijisimo ( e poño a man no lume por ti) a que o que dis dese delegado e unha verdade coma un mundo.
Vamos a ver ¿qué coño ten que ver a Federación con unha asociación deportiva sen ánimo de lucro como e a nosa?. ¿Estamos acaso federados? Claro que seguimos o reglamento da federación ¿cal vamos a seguir o de tenis?. Joder e que ....xa...xa. Aquí o que se trata e de saber de unha vez por qué o Comite somete a votación algo que xa está votado pola asamblea. E pode ser que haxa demagoxia si....o que non hai e sinceridade....e boa fe.....aquí parece haber máis intereses que nao primeira división. E non creo que se cuestión a labor de Modesto-Comité, só a inoportunidade da circular e nova votación.
Aquí parece unha panda de nenos chivatos, que se o delegado tal dixo....porque non tiña o equipo deles sancionados. Cada un votaría o que lle pareciu e comentaría o que lle pareciu, este un calquera parece que é un orellas de carallo, desprendese do su comentario que estaba máis pendiente do que decian os demais do que pasaba na reunión. No fondo da cuestión está que non todo mundo está dacordo coa amnistia pero seguro que é por interés particular e agora queremos enmerdar todo.
a última frase. No fondo non todo o mundo está dacordo con que sigan as sanción, pero seguro que é por interés particular.
relájate lucas, non te poñas tan tenso que parece que che vaia dar aljo. Chivato? orellas?...veña xa home veña. Tou expoñendo o que houbo, así de claro, nunha reunión dunha asamblea, non secreta, polo tanto contoche O QUE HAI, O QUE HAI, GUSTECHE OU NON, E DIGOCHE QUE ALI CADA UN SOLO VAI A MIRAR POLO SEU. E PUNTO.
O espíritu desta liga demóstrase co feito de que os comentarios nos blogs funcionan a tope cando hai polémica....e ademais suelen acabar con anónimos intercambiándose palabras fora de tono. Eche o que hai.
Ei...Ei....compañeiros...tranquilidade non? cada un pode expoñer os seus puntos de vista sen falla de faltar a nadie, este e un foro de debate, non de discusión nin de liortas, parece como se non souperamos debater unha cousa sen alta de cabrearnos. A intención do meu post era soamente dar un opinión sobre algo que me sorprende...so iso...non crear unha guerra...Así opinar todo o que queirades.....que eso é bo...pero por favor....sen insultos, nin cabreos ¡vale!
O de Rumenije ten algo de razon(raro),o espiritu da lija vai ben,pero o teu telo perdido,(o mellor nin tes deso)faite bo e deixa de meter bulla,e como din aljuns,que esto e pa pasalo ben e facer amigos(que dudo que ti os teñas).O de Rumenije tamen debe ser anonimo,porque ese estaba por Alemanis,e dudo que lle interese o que se coce aqui,asi que deixa de ir de bo,non sexas asi de liante.
Son Gerardo do Ponteceso,por alusions vou entrar en un tema que non e a miña guerra.O anonimo que desatou toda esta polemica digolle varias cousas :
1º Falo a cara descuberta, non con anonimos.
2º Eu non estuven no partido da famosa sancion de 5 anos para opinar si fui unha caricia entre cabezas como dis ti, a pesar de que un dos dous foi co tabique nasal roto pa residencia.
3º Tal como describes ti os feitos do partido co Cances non estabas presente.
4º O Ponteceso polo feito de que Modesto este no comite esta en boca de todos e algun equipo tendes unha enemistad con nos da que nos non temos culpa, posto que en ningun momento nos coaccionamos o comite para tomar decicions en un ou outro sentido,cousa que outros equipos si fan, co comite e cos arbitros.
5ºDebes saber que eu fun a reunion e en esa votacion non votei.
6º Por ultimo eu animaria o resto dos equipos a que alguien mais presente a alguien para entrar a formar parte do comite, e de esa forma conseguir que o comite sea o mais neutral posible.
Bueno a cousa aquí creo que comenzou polo de que se o Comité debía o non someter novamente a votación o que xa se votou. Todo o demáis son liortas e opinións respetables. Non estou dacordo que nadie odie o Ponteceso porque Modesto é do Comité. Y efectivamente é digna de alabar a labor de Modesto, pero eu recordovos unha frase: "todo o mundo é necesario pero nadie é imprescindible". Nadie, creo eu, obliga a nadie a pertenecer o Comité (que repito ten o seu mérito pola labor feita), pero o que non queira estar que non estea e se nadie o quere coller quedan dúas solución: desaparecer a liga ou nombrar membros aos delegados obligatorios de equipos, por turnos. No estamos no caso porque non hai motivo ningún grave para isto, pero o que é verdade e que estas "medidas de gracia" non teñen razón de ser, ademáis parece que xa sairon antes da asamblea. E senón que se vote dunha puta vez e que fangan o que queiran...
eu non son do Ponteceso pero si opino que a nova directiva está a pagar un pouco os platos rotos pola anterior e mais por ter a modesto hai no Comité, mais ca fovorecelos está todo o contrario. señores sexamos persoas ante todo que non é mais ca un deporte, ainda que visto o visto o futbol da costa por moito seculo 2o no que estamos segue coma na prehistoria.
Alguien pensou en federar esta liga?.
Como está o patio. Un saudiño
Ratomil acaba de dar no clavo. Esto fedérase coma casi todas as ligas de veteranos e acábanse os problemas co comité, cos árbitros e coas sancións. A mayoría das liortas nestes blogs veñen dados por culpa do tema Comité e das famosas reunións dos delegados.
Por certo amigos do Canceslautern: vaia exitazo nos comentarios. Vou ter que endurecer o discurso no blog pra que veñan por alí tamén. jejeje
nón son horas pero tou cos ultimos. Liga federada xa!
O certo é que non sei o que supón federar a liga, pero visto o visto está claro que sería unha boa solución. Criticar a federación polo menos non é meterse continuamente con un compañeiro/conocido. E árbitros teñen abondos e un pouco mellores.
Eu tamén voto por federar a liga.
Agora que hai un novo debate sobre federarse. Só vos vou a dar un dato. Non sei se na liga de Santiago están federados, pero o que sí sei é que una ficha na liga de Santiago custa cerca de 50 euros. e dicir 50x25= 1250 euros de fichas, más a inscripción que non sei canto é, e despois hai que sumarlle os arbitraxes. En definitiva esta liga sae barata ¿ou non? iso non quere dicir que non haxa que mellorala e para iso creo que se fan estos debates, aunque algúns os queiran ver como críticas destructivas contra Modesto é o Comite. Eu quero ver a botella medio chea e vexo como debates para millorar esta liga que repito creo que é barata.
Pois daquela propoño outra solución, que creo que xa comentou aljún mais: coma nas comunidades de veciños, que vaian pasando xente de todos os equipos polo comité, e que de cada vez haxa 4 ou 6 representantes polo menos pra que haxa diversidad de opinions e polo tanto mais xustiza
o que pasa é que seique o outro día pediron colaboradores e non se apuntou nin o tato, polo tanto é dificil que esto sea viable
o que pasa é que seique o outro día pediron colaboradores e non se apuntou nin o tato, polo tanto é dificil que esto sea viable
esto é coma nas festas do pueblo, sempre lle toca o mismo e ainda lle critican as orquestas que trae
esto é coma nas festas do pueblo, sempre lle toca o mismo e ainda lle critican as orquestas que trae
Tamen hay comisions de festas que din que suben a cuota porque van traer a PANORAMA,e despois traen a TROCO....
pois si que hai controversia con este tema, vichedes a votación da enquisa deste blog?....empate total
De Modesto creo que mellor que non falemos,porque sinceramente para min non vale a pena.E esto vivimolo nos o ano pasado nun Ponteceso - Xuventude de Bergantiños e houbo unha liorta,na cal el estaba presente e nin se inmutou e puxo unha sancion que para a Sancion que puxo case era mellor que non a puxera e logo ten a cara de aparecer no seguinte partido no Vinculeiro Stadium.Por favor hai que ter un pouquiño mais de seriedade e xogar con mais tranquilidade xa que esto e unha liga de veteranos non e a champions league.O que hai que facer é xogar para divertirse que esto é para pasar un bo anaco o domingo pola mañan e para ver aos antigos amigos cos xa vos enfrontastes cando xogabades na liga da costa.
Ah por certo aer se todo o mundo da a cara.
Un saúdo
Publicar un comentario