XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 30 de septiembre de 2008

SEGUNDA PASADA: SAN ROMÁN 3 -- XUVENTUDE 0

Non levantamos cabeza. O domingo foi o San Román quen merecidamente nos derrotou 3-0. Aguantamos o que poidemos na primeira parte 0-0, pero na segunda barreronnos do campo. Non andamos nada finos e volvemos ao de sempre, regalamoslle dous goles tontamente. Pero insisto que foron superiores a nós. Parece ser que este ano non damos atopado o noso ritmo, pódenos a ansiedade, queremos chegar demasiado rápido a porteria e conseguimos o efecto contrario. Levamos CERO goles a favor e OITO en contra, con iso está todo dito. Somos un choio de carallo para os rivais. En fin, esto pinta mal.....moi mal.......así que eu recomendaría xogar sen ninguna presión, ao fin e o cabo non hai nada que demostrarlle a nadie. Tranquilide e ir preparándose para un "churrascote" porque a iso non nos gañan nin de coña ¡era o que nos faltaba que tamén non joderan en eso!

7 comentarios:

txpngz dijo...

änimo rapaces que ata agora lidiachedes con dous Vitorinos, xa virán as ovellas cos cornos pintados. Saúdos.

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Si,. home sí, grazas por darnos ánimos. A diferencia está en que o ano pasado ao Bergan gañamoslle os dous partidos e o San Román empatamos un e perdemos o outro. Pero como dí o refrán "ya vendrán tiempos mejores". Ou quizás non ¿quen o sabe?. Temos unha vantaxe neste momento todo Dios quere xogar contra nós, somos o equipo de moda....je...je...

O renqueante dijo...

veña que ésto é un pasatempo. xa sabedes que o clima que ten que ser é o mesmo de cando viñestedes a xogar fai unhas semanas a Malpica. por certo, xa temos blog "www.malpicaveteranos.blogspot.com". temos moito que poñer ao día pero tentaremos face-lo noso. un saudo.

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Antes de nada darvos a benvida a este muncho telematico, agora mesmo vou a visitar o voso blog e por suposto añadilo ao dos colegas. Esto axuda que esta liga ainda sexa máis divertida. Así novamente benvidos. En canto ao clima o único que nos preocupa un pouco, tal como consta na viñeta, e que o presi nos deixe sen "churrasco" e festa mentres non puntemos, polo demáis todo perfecto. Temos tanta preocupación polo resultados que como xogamos os dous partidoa as dez, despois tuvemos que afogar as penas con uns cantos viñotes e unhas tapas...je...je....¡ahí somo infalibles!. Saudos e sorte co blog e ca liga

O renqueante dijo...

gracias e esperemos que vos guste. como dixen antes estamos a empezar pero esperamos poñer en canto aprendamos algo os vosos enlaces tamén no blog. en canto aos resultados da liga esperemos que non acabemos con moitos empachos porque nos nos bares tamén somos bastante infalibles.

CARIOCA dijo...

A "lija cibernética" vai en aumento. Noraboa a Marajota Mecánica, o talento de Tono non se podía tar desperdiciando así. Ainda imos rir un cacho con eles, xa veredes

Anónimo dijo...

sinceramente despois do visto o domingo no campo eu pola miña parte teño pouco que comentar pero creo que pouco a pouco o equipo collera o ritmo de competicion e mellorara e se dentro de moi pouco
animo que rapido se mellorara