No campo das Eiroas tocou madrugar e as 10 da mañán empezou a tempada 2008-2009 e coma sempre chegamos xusto para comenzar o partido. Nada que obxetar a victoria do Bergantiños que nos pasounos por enriba, souberon aproveitar as súas oportunidades, aínda que nós tamén tivemos as nosas: dúas chegadas sós diante de Tasende nos primeiros 45 minutos poideron cambiar o rumbo do partido, pero como non era o noso día non marcamos. Na primeira parte 2-0. No comenzo da segunda parte tivemos un par de chegadas pero nunha contra deles e a súa vez nunha inxenuidade nosa, marcaron o 3-0 é ahí rematou o partido. Os últimos 15 minutos foron de pena, non é que o Bergan xogara un gran partido, porque a partires do minuto 20 da segunda parte xogaron os "que case que nunca xogan", pero fomos nós unha vez máis os que lle puxemos os goles en bandexa, . En fin, vendo os resultados no blog do Comité parece que o Bergan e o San Román comenzan fortes ¿acordádevos do comenzo do ano pasado?, pois iso.....que parece que este ano ........ toca sofrir. Creo que vamos ter que correr menos, xogar máis e tolear menos no campo, senón vannos a pintar a cara en todos os campos.
AH! e eiquí da queima non se salva nin Dios porque os partidos ganos o equipo...soamente o equipo.....e tamén os perde o equipo TODO EQUIPO NON SO UNS CANTOS. TODO O EQUIPO.
6 comentarios:
hai que reaccionar. Xa sabes como, stage, concentración, cocido, viñote....non falla!! ánimo
Vese compañeiro que de isto sabes un rato largo...porque efectivamente si o domingo que ven nos derrota o S.ROMÁN xa temos programado unha "concentración" desas que saen nos videos y nas fotos....e non vaias a pensar que iremos tan disgustados como para non "papear", todo o contrario, a maioría estas derrotas abrenlle o apetito. Non sei o que dirá o noso tesoreiro........non sei.....
Estee........e se gañamos ou empatamos tamén haberá concentración....seguro.
o tesorero, se pon reparos, A PUTA CALLE!!, nombrades outro mais espléndido e punto. Non hai que andar con miramentos nestes casos.
Viches que cera vos dan no blog da liga. Téñenvos polo Sporting.Non saben como as jasta a "máquina alemana do Canceslautern"...¡hai que reaccionar e janar partidos!...así chejades o Cabaninter tranquiliños...xa sabes
si home sí tés toda a razón do mundo tomaronos polo Sporting, pero isto ainda non fixo máis que comenzar, así que aínda pode haber sorpresas, nós nas quinielas sempre somos candidatos ao descenso, parece coma se non nos quixera ver na elite, será que non temos "pedigri" suficiente, pero como dician de aquel Pontevedra dos anos 60, este ano "ainda hai que roernos"....je...je...
Publicar un comentario