XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 5 de octubre de 2008

TERCEIRO PARTIDO, TERCEIRA DERROTA: CORCUBIÓN 2 -- XUVENTUDE 0

Un novo partido e unha nova derrota, esta vez en Corcubión por 2-0. Nada que facer este é un barco a deriva que non ten rumbo nin ruta algunha. ¡Fomos 11 a xogar!. Non sei que pasa que cada vez que toca ir a Corcubión sempre é o mesmo, vamos xustos, e entre eles, temos que xogar os máis vellos. Para colmo, 0 noso Fernandiño que xa o creíamos recuperado para o fútbol volveu a lisiarse, co cal tivemos que xogar con dez toda a segunda parte. O partido que queredes que vos diga, eles dominaron e nós defendemos como puidemos. Só ao final do primeiro tempo, minuto 43 ou 44, abriron a lata con un tiro que levado polo forte vento reinante entrou pegando no poste. A segunda parte máis do mesmo, eles a atacar e nós a defender, así ata o minuto 44 en que Manel ao borde da área nosa tirou e outra vez o vento levou o balón para dentro da portería.
O que está claro é unha cousa, se a xente que se compromete ao principio da tempada despois non aparece a xogar, non me parece serio. Cando se gañan partidos todo é moi doado e entón todo Dios quere colgarse as medallas e xogar anque sexa os 90 minutos, pero é agora cando se pasan momentos difíciles cando hai que dar o callo e poñerlle bolas a cousa. Eu apelo a responsabilidade de cada un para que polo menos sexamos 15 ou 16 en cada partido, esconderse non é a solución. Se estamos avocados a baixar, pois baixamos e NON PASA NADA DE NADA. Non nos olvidemos que o ano pasado eramos a "Cenicienta" e aínda hoxe "algún" non se explica por qué fixemos a campaña que fixemos, nembargantes a explicación e sinxella, ganas de competir, as que este ano aínda parece que non fixeron acto de presencia.

5 comentarios:

txpngz dijo...

Encherola xa compañeiro, non hai nada que una máis que iso. E arriba ese ánimo que estamos empezandoe a peor non podedes ir, mírao por ese lado. Vamos Xuventude!!

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Eso xa está feito. Na semán que ven encherola seguro. A nós as derrotas o único que nos dan e fame, así que vamos afogar as penas con un boa encherola....regada con uns caldos...unha queimada, se se tercia, e remataremos con uns "jarrillos".....como debe de ser.

Anónimo dijo...

e logo ke pasa nos blogs, ultimamente está todo moi parado.

vamos xente,,que aki non pasou nada

Anónimo dijo...

Animo xuventude , o domingo "estrenades" campo coa herba recien sejadiña e veredes como vos trae sorte

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

Esta semán é verdade que estivo algo parado o blog. A ver se o poñemos en marcha.