XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 19 de octubre de 2008

XOGAMOS CON NUNCA (ESTA TEMPADA) E PERDEMOS COMA SEMPRE: NANTÓN 2 -- XUVENTUDE 0

Hoxe en Nantón xogamos o millor partido da tempada. Xogamos coma nunca e.....perdemos coma sempre. A verdade é que este ano estamos totalmente gafados, cando xogamos mal goleannos e cado xogamos ben perdemos tamén. Case que sería millor que xa acabara a tempada para nós, pero aínda quedan dúas terceiras partes da liga. Hoxe volvemos a ter problemas coa xente, porque uns están lesionados, outros desaparecidos e finalmente conseguimos xuntar trece ou catorce. Como non somos capaces de estar vestidos 15 minutos antes, como fan os demáis equipos, saimos dormindo e xa no minuto un do partido non meteron o primeiro gol.....a debacle xa se vía vir, pero contra todo pronóstico, e xogando con un xogador de campo coma porteiro, fomos aguantantando e inclusive chegamos a marcar un gol que nos anulou o colexigado, creo que inxustamente, era máis ou menos sobre o minuto corenta da primeira parte. Na segunda aguantamos como poidemos e incluve tivemos dúas ou tres chegadas unha delas moi clara no minuto oitenta e oito, cando un dos nosos rompiu o fora de xoga e se plantou só diante do porteiro deles, pero a sorte non está con nós e o balón saíu por riba do traveseiro. Como a can fraco todo son pulgas na xogada seguinte o Nantón, con un "uñazo" desde o borde da área sentenciou o partido é 2-0.
Dicir que unha vez máis o partido co Nantón foi un auténtico partido de veteranos, xogando ao fútbol os dous equipos, sen marullerias, nin faltas, e case que sen protestas. Desde estas páxinas xa loubamos outra veces o bó facer deste equipo que disfruta xogando ao fútbol e que entende o fútbol de veteranos por encima do resultadismo, hoxe unha vez máis demostrataron, a parte da súa calidade como futbolistas, a súa calidade como deportistas que entenden a competición como debe de ser, para pasalo ben e divertirse, pero é que eles ademáis consiguen gañar, nos tamén o conseguiremos algún día.
Felicitar finalmente a todos os compañeiros polo excelente partido feito, pese a derrota, é sobre todo a aqueles que en menos de vintecatro horas se meteron dous partidos entre peito e espalda.
En fin ....levamos unha manita de derrotas e cero victorias, nembargantes espero que isto terá que cambiar algún día, porque en contra do que pense a xente o equipo é o mesmo do ano pasado, e inclusive se reforzou con incorporacións de xente xoven que pouco a pouco se vai asentando e terá moito dicir, mentras tanto...queridos xiadeiros tende pacencia con nos, porque os máis jodidos de todos somos os que nos vestimos de corto..

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Estase cocendo a primeira victoria, pronto vai chegar

XUVENTUDE DE BERGANTIÑOS dijo...

je.....je.....si home sí tamén en fútbol hai milagros. Estamos a espectativa de que se produza un e se é no Vinculeiro Stadium..millor...mentras tanto nós tranquilos, da demo presión temos....ninguha.,