XUVENTUDE 2010/11
MARCADOR DE ENTRADAS
domingo, 2 de noviembre de 2008
CONTINUA A PESADILLA: BÉRTOA 7 -- XUVENTUDE 1
Unha vez máis o partido contra o Bértoa foi un auténtico suplicio. Este é o único equipo co que nunca logramos facer un punto. Volveron a palizarnos sen compasión 7-1. No fútbol como na vida mesma, o tempo vai poñendo a cada un no seu sitio, e o ano pasado fomos toda unha sorpresa para moitos, e parece que o agora os demáis equipos estannos a poñer no noso sitio, é dicir na cola. Nada que comentar do partido, porque cada un ve o fútbol a súa maneira e aínda que eu vín que fixemos un primeiro tempo medianamente bó, inclusive con tres ocasións clarísimas de gol en cinco minutos, non serviu de nada porque na segunda parte fixémos outra vez o indio. O equipo pártese pola metade, regalamos o que non está nos escritos, en definitiva non entendo como perdendo 4-1 podemos ir coma tolos para arriba intentando ¿qué? ¿que no humillen e que nos goleen? pois estamos conseguindoo. Esta vez non non nos valiu de nada a churrascada do viernes. Eu preguntome se somos tan malos como dín o resultados, a resposta diranmo hoxe varios compañeiros: "si home somos malos de carallo". Así que despois de esta vergonzante campaña que estamos a facer solo nos queda levarnos ben entre todos e pasar este calvario o máis pronto posible, máis baixo xa non podemos caer, estamos a pensar que xa sería millor non facer ningún punto en todo o campionato e así pasaríamos a historia da liga como o único equipo que perdiu todos os puntos. Ah, a este ritmo chegamos a levar máis de 100 goles, sería outro record. Ánimo compañeiros, que o millor de todo é que non haxa lesionados. Só animarnos e o domingo empezar a espertar de unha puta vez.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Veñaa oooo...esperade un domingo mais, non fagades eso...
Aimar..co.
Un saudo. Vemonos o domingo.
No se a nós danos igual total por un domingo máis, xa case que vamos a perder todos os partidos da primeira volta para así non ter ninguha influencia no campionato. Saúdos. Vémonos..pero vinde pianiño..Tí xa me entendes...tampouco non hai que cebarse connosco. Facemos o que podemos....que por certo non é moito...je...je..
Pois eu hoxe mais que nunca anímovos a seguir loitando. O domingo é un bo día pra despertar....jeje....
compañeiro do xuventude nos non somos ninguen para cebarse con ninguen, recoñezo que os resultados no vinculeiro favorecennos en canto a estadisticas como a vos no pinguel. cada partido é un mundo, o domingo xa será o que teña que ser.
Saudos.
Aimar..co
Non home non, o de cebarse ao millor foi unha expresión desafortunada, que non ía dirixida particularmente a ninguén, porque eu sei que cada equipo vai a gañar os partidos polo millor resultado posible. O que pasa é que sempre hai equipos se che dan millor ca outros, e nos para os, por outro lado amigos, do Bértoa somos un choio, así como vos sodes una especie de "vesta negra" (dito con todo o respecto eh), nós non conseguimos nin siquiera empatarlle e non só iso senón que sempre nos golean: 0-5, 0-6, 7-1, en fin unha desfeita, e a vos por exemplo dásevos moi ben, por exemplo o ano pasado que non estabades pasando ben, gañastes en Bértoa, gañastes a Copa, en fin, a eso me refería eu co de cebarse, Por exemplo nós o Bergantiños, cando quedaba abaixo nunca fomos capaces de gañarlle, e sen embargo o ano pasado gañámoslle os dous. O fútbol é así. Ah! é gracias a Carioca polo ánimos para que espertemos do sono .......je...je........precisamenteo domingo non?. Bueno de todos os xeitos grazas por animarnos participando no blog , porque de verdade que aunque nunca aspiramos a gañar títulos, porque somos conscientes de quenes somos, o de empezar tan mal...tan...mal.....que queredes que vos diga....¡Mira tí que sempre que faciamnos un churrasquiño cambiabamos o signo dos resultados e estaba vez tamén, pero para pior ainda!. Sáudos desde Cances. E felicitación tanto o Ponteceso coma o Cabana pola excelente campaña que estades a facer.
A grandes males,grandes remedios.Se non funciona invitar a plantilla a churrasco.....invitade o contrario,tocavos de xogar contra nos,jejjeje.Non vos preocupedes que xa chegaran as victorias.
Veña oh, dende soandres damosvos animos, acordadesvos de que era antes o chollo da lija? pois veña cabeza arriba e a comenzar a escalada. Dende aqui un saudo pa todos, especialmente a Manolo o do bar por esa manjeiriña con auja que nos deixou non hai moito. Veña con forza a consejir puntos
Publicar un comentario