XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

domingo, 9 de noviembre de 2008

UNHA NOVA DERROTA: ESTA VEZ PALIZOUNOS O PONTECESO. XUVENTUDE 1 -- PONTECESO 4

Unha nova e merecida derrota e xa van............non sei......xa perdin a conta....Esta vez foi o Ponteceso o que se divertiu a nosa conta, gañounos merecidamente 1-4, e gracias, porque si estiveran atinados igual non facían oito o dez goles, por oportunidades non foi, porque tiveron unha ducia delas solos diante do porteiro, que unha vez máis foi un xogador de campo. Esto é así, tan pronto como os contrarios consiguen "abrir a lata" e marcarnos o primeiro gol, un virus de loucura entra no equipo e por arte de birli-birloque todo Dios fai de todo, menos o que se debe facer. Non vou perder o tempo analizando o partido, só dicir que os de Ponteceso gañaron mericidísimamente, e así hai que recoñecelo e felicitalos, inclusive o resultado foi corto para os méritos que fixeron. Por outra banda partido de "guante blanco", porque nós, coma sempre, somos como o tonto de pueblo, picamos en todas as facetas do xogo. O fútbol, ademáis de calidade, é para pillos, e nós pilleria......nin jota, non facemos un falta táctica nin de coña, é como se tiveramos medo de lastimar aos contrarios....e claro así nos vai. En fin, os contrarios están desexando xogar contra nós, porque teñen a seguridade de que nos van a palizar, sin correr o mínimo riesgo.....no  oh......connosco non corren peligro de lesión, salvo que torzan un pé.  
O día que aprendamos a estar cada un  no seu puesto, xogar como sabemos, e non tolear e facer o indio polo campo, correndo  repito "colo polos sen cabeza", sin ton ni son, cansándonos, perdendo a posición e poñéndolle todo en bandexa as outros equipos, cando aprendamos estar cada un no seu puesto....poida ser que entonces consigamos algún punto......sabe Dios en que ano......¡xa da igual!
Estamos a bater todos os records de derrotas de todas as ligas de veteranos.....por fin.....somos os primeiros en algo......
Sinceramente creo que nos enganamos de deporte........vamos a ter que probar co rugby, co beisbol, ou millor quedar na casa e non andar pintar a mona e dando vergonza polos campos de fútbol adiante, así de claro e de sinxelo.
Este Xuventude non o coñece nin a madre que o pariu. R.I.P.
Tomaremolo con humor e para iso vamos a acordarnos da leyenda: nós coma o Alcoyano, anque perdamos 10-0 pediremos prórroga por si ....empatamos.....Ah! e agora vamos a ir polo record de goles en contra ata que consigamos que nos marquen 100 non paramos............¡señor que cruz! ¡que ano!...
Cambiando de tema creamos unha nova productora de video: XUVENTUDECANCES  PRODUCTIONS, en breve apareceran os seguintes vídeos da cea e outros máis....atentos.....polo menos a pasalo ben ¿non?.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Eu so quero felicitarvos polo ben que estades a levar esta mala racha. Creo que poucos sería capaces de aguantar o chaparron que estades aguantando e sen malos rollos entre o voso grupo.
En canto a deportividade por min xa tendes o meu voto. Animo que xa veredes que pronto chegarán os primeiros puntos, se seguides unidos xa veredes como si.

Un saudo.
MARCO (Ponteceso)

Anónimo dijo...

Eh un momentiño, o record de goles en contra ni no soñedes, ese temolo nos e de Soandres non se escapa, ou que pensabades que se nos iba a olvidar?. Veña chavales e so unha mala racha xa veredes como saides adiante. Un Saudo.