XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

miércoles, 3 de diciembre de 2008

ACABOU A PRIMEIRA VOLTA: 1 PUNTO E DEZ DERROTAS

Afortunadamente xa acabou a primeira volta e coma sempre volvemos a perder. Esta vez foron os de Cabana os que nos palizaron 4-2. Está visto que este ano temos sorte se conseguimos gañar algún partido, porque visto o que ocurreu nas Redondas, xa non vexo de qué maneira podemos conseguir unha victoria. Xogamos aceptablemente a primeira parte e tamén os primeiros vinte minutos da segunda, inclusive chegamos a ir vencendo por 0-2, que ven poideron ser 0-3 se o Jato non quitara co pé un balón claro de gol, ou se non fallaramos a porta baleira outra vez que íamos solos dous contra o porteiro deles. Pero non, non era ainda o día de gañar, e despois de perdoar, eles fixeron o seu clásico "arreón" y conseguiron marcar CATRO goles en menos que canta un galo. Así que unha vez máis perdemos merecidamente. Non deixa de ser frustrante que teñas o partido gañado practicamente e que o tires pola borda en canto eles marcan o primeiro gol, pero nós somos así, un chollo. En fin, jode, e jode moito, sobre todo cando aínda non sabes o que é conseguir tres puntos,  pero non hai que fallecerlle. Vamos a ver o que nos depara a segunda volta igual damos a sorpresa e empezamos a gañar.

7 comentarios:

Anónimo dijo...

disque non o fixestes mal durante 70 minutos. O parecer no primeiro tempo eles solo tiraron dúas veces a porta e vós por ahí, claro que un dos dianteiros vosos nese primeiro tempo quedou so diante do porteiro deles, pero cando non quere entrar non entra. Animo que xogando así xa chegaran otros trunfos. Tedes que ter coidado con esos quince "minutos tontos" que tendes durante os partidos, tampouco vexo que os demáis sexan uns "galácticos" salvo algús...polo do nombre quero dicir.....O que creo que tendes que facer e meter un pouquiño máis o pé..iso sí....porque os outros non se quedan atrás...¡sorte!

Anónimo dijo...

Compañeiros espabilade dunha vez. E creo que ten razón o Filipe sodes demasiado blandos....non facedes unha falta táctica, non tendes.....esa mala hostia....que teñen os demáis......eu vin algúns partidos vosos e...pecades de inocencia......claro que a primeira que facedes tamén.....lojo vos chaman a capitulo....creo que tendes que facervos respetar un pouco....non sea que alguén vai a confundirse e tomarvos polo pito do sereno....un pouquiño máis de picante....un pouquiño máis e ánimo que ainda podedes gañar algúns partidos e darlle o disgusto a quen menos o pense....ainda que a veces polos comentarios que se ven nos blogs parece que aquí estamos xogando na Premier.....¡no rendirse xamáis!

Anónimo dijo...

creo que xa estades sentenciados, así que xa nos veremos na segunda división. Ides pasarlo mellor, seguro...pero antes de deixar a elite espero que deades guerra...e ganedes varios partidos.....

Unknown dijo...

Mirade o lado bo, polo menos ahora estades marcando goles, cando axustedes un pouco atrás pois seguro que os resultados melloran.
saúdos

Anónimo dijo...

Ahí, ahí, pero para iso fannos falla reforzos, temos moitos medio-centros, moitos dianteiros, pero poucos defensas e poucos medio defensivos, pero da igual imos contentos coma uns pascuas para segunda e así nos os "vellotes" aínda podemos prolongar un ano máis a no presencia polos campos de fútbol.---je..je.....Non hai mal que cen anos dure......Saudos espero que teñas millor tempo ca nós aquí, porque caen chuzos de punta.

CARIOCA dijo...

Ánimo Canceslautern, que se cheja a entrar o terceiro (como cojones pudeches fallar aquelo) taríamos falando doutra cousa. Iba ser moito arreón de cristo pra arrejlalo.
Polo menos intentades xogar o futebol e deixades xogar (ahí ta o tema, o mellor tendes que deixar xogar menos).

Anónimo dijo...

Gracias polos ánimos Carioca, a verdade e que foi un partido intachable por ambas partes (excepto a pequena cagada miña, ti xa sabes, pola que pido outra vez disculpas, e que como comprenderás foi froito da frustración e nada personal con nadie nin contra nadie de voso equipo) No partido apenas houbo contacto entre os xogadores. Un bo partido de veteranos xogando e deixando xogar. Cando fallamos o gol a porta vacia dixenlle eu a Roberto Dinamita: "agora xa te das conta porque imos de últimos non?" e él contestoume: "home con 0-2 a estas alturas de partido non creo que se vos escape". Pero estaba completamente seguro que tan pronto como abrirades a lata que non viñamos a baixo seguro. Perdemos máis partidos por debilidad mental, por ser froxos mentalmente, que polo fútbol que practicamos. De todas formas vós foi moito arriscar de dios, deixastes só dous detrás, pero hai que recoñecer que diante tedes moita...moita calidade o "arreón" jejeje...e moito "arreóan" e que coño lle vamos a facer..gañastes merecidamente, porque nos últimos 20-25 minutos pasástenos por enriba. ¡Felicidades! E nós a seguir loitando polo o obxectivo máis inmediato que é gañar polo menos un partido e.....vamos a conseguilo...non sei cando vamos a conseguilo. Saudos do farolillo roxo....jajajajja. E a ver esas fotos do cocido.....a ver en que nos sorprendes....