Unha vez golearonnos. Esta vez foi o Corcubión que sen facer ningunha cousa doutro mundo gañounos con facilidade. Iso si, viñan ca lección aprendida, e esta vez propuxeron un fútbol de contención. Nada que ver co fútbol que normalmente practican nos partidos que xogan contra nós. Marcaron o primeiro, pretrecharonse en defensa, meteron o pé con voluntade, e iso solo bastoulles para pasarnos por enriba. Nós, coma sempre. fallamos tres ou catro ocasións e logo fixémoslle os regalos de costumbre. Estamos todos convencidos que non temos que cambiar a nosa maneira de xogar, pero os resultados están empeñados en levarnos a contraria. Pouco importa que xoguemos ben a pelota, que a toquemos unha e outra vez, iso está moi ben para o fútbol sala, no fútbol de campo é algo máis, e meter o pé un pouco, estorbar ao contrario, facerlle esa falta táctica que eles nos fan a nós, empurrar nos corners como fan todos, en fin, ter un pouquiño máis de mala hostia, ser un pouquiños máis.......agresivos, sen por suposto ser violentos. Se non o facemos así. os contrarios. a parte de vir convencidos de que nos gañan, van a perdernos o respeto..que xa non nos teñen moito, pero polo menos que non nos tomen polo pito do sereno.Así que vamos a espabilar nestes últimos partidos que quedan entre a élite..
Agora se queredes mirade as fotos que quitei. Son todas do segundo tempo. Vense dous dos goles que nos marcaron, en dous churros nosos, e algunha outra cousa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario