XUVENTUDE 2010/11
MARCADOR DE ENTRADAS
lunes, 15 de diciembre de 2008
SEGUIMOS EN CAIDA LIBRE: XUVENTUDE 1 -- SAN ROMAN 3
O que lea estas crónicas seguro que se escaralla de risa, pero non son contos de ciencia-ficción son realidades empíricas. Volvemos a nosa senda e coma sempre perdemos outra vez. Na primeira parte 0-2. De tres veces que o San Román chegou con perigro, dúas metérona dentro. Unha de penalti. que o foi, e outra nunha cagada na que un xogador deles foise de tres dos nosos, centro o segundo pau e gol a pracer deles. Foi todo o que fixeron na primeira parte. Poido variar o resultado pero este ano non temos sorte, e co árbitro que nos tocou menos, xa en Nantón non birlou un gol legal, que era o 1-1, e onte pitounos o penalti rápidamente, pero non viu uns minutos máis tarde un na área deles, en fin......cosas do futbol. Para acabar de rematala nun saque de banda noso despexan eles a pelota y un dos nosos marca un golazo en propia meta. Dicer que se xogou aceptablemente, excepto nas dúas cagadas, repito, dos dous primeiros goles, e que a diosa fortuna tennos abandonados, porque por dúas veces os paus salvaron ao San Roman. So nos queda felicitalos polo partido serio que xogaron, pero con un pouco de sorte resultado poido ser distinto. Unha vez máis tuvo que xogar na porteria, un compañeiro que non é porteiro, que o fixo moi ben, pero perdemos un home importante na defensa. E nada máis o próximo domingo en Cances outra vez contra o Corcubión é vamos a ver si sona a flauta.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario