XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

miércoles, 25 de febrero de 2009

O SABADO AS 17,00: XUVENTUDE -- BERTOA, NO VINCULEIRO STADIUM

No houbo maneira. Non fomos capaces de buscar campo para o venres. Imposible, así que ante a intransigencia do Comité que se empecinou (¡unha vez máis!) en que había que xogar o partido antes das dúas últimas xornadas non tivemos máis remedio que poñer o partido para o SÁBADO DIA 28 AS 17,00 HORAS. E eu (Sindo) persoalmente sinto polo Bértoa, que en todo momento se mostrou colaborador  e comprensivo con nós,  cando tivemos o percance do campo totalmente anegado, cousa que non fixeron outras instancias. Eu non sei que carallo pensa a xente, ou se realmente pensa, porque a vista do diluvio que nos caiu non sei por qué coño se poñen tantas pegas para suspender un partido  nun campo no que nin siquiera era posible mover o balón  . Pero alá cada un. Gracias novamente ao Bértoa pola súa colaboración e pedirlle disculpas públicamente por teren que xogar  dous partidos en menos de vintecatro horas cando se está a xogar a promoción. Estou completamente seguro que  se se tratara de algún outro equipo non sería así, pero claro trátase do Xuventude (un descendido) e do Bértoa  e xa sabemos vale máis caer en gracia que ser gracioso.  Repito persoalmente, porque este post ou entrada e a título persoal meu, de Sindo,  e o que non lle guste poder replicar porque aquí non hai censura de comentarios, repito, pídolle disculpas ao Bértoa por metelos neste compromiso, que por outro lado sendo xustos podíase evitar xa que nos van a sobrar domingos para acabar esta liga. Outra cousa sería se se planificara a liga como debía de ser, con calma, e tendo en conta que calquer equipo pode ter un percance de calquer tipo e verse obrigado a non poder xogar. Se non se prevee unha xornada en cada volta,  para xogar eses partidos suspendidos, despois pasan estos casos. Xa veredes como agora se propondrá xogar unha copa panchanguera con formato de liguilla para rellenar os domingos que nos sobran da tempada regular. Antes dar comenzo esta liga da Costa,  xa fai decenios que existen ligas de veteranos noutros sitios, e que pouco a pouco foron pulindo estos pequenos detalles, delas debiamos de aprender e creo que nos queda moito por aprender.  
Así que xa sabedes compañeiros: SÁBADO AS 17,00 HORAS PARTIDO CONTRA O BÉRTOA NO VINCULEIRO.
O que poida vir  que veña e se non pode vir ao partido QUE VEÑA AO ANOITECER PORQUE A DIRECTIVA DECIDIU FACER UN CHURRASQUIÑO PARA DESPEDIR ESTA TEMPORADA QUE TAL MAL NOS FOI, en todos os aspectos.
 
¡¡¡ASI QUE TODOS OS INTEGRANTES DA PLANTILLA A COMER CHURRASCO O SÁBADO EN CANCES!!!

No hay comentarios: