XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

lunes, 16 de febrero de 2009

PONTECESO 0 -- XUVENTUDE 2

O fútbol é un deporte singular, algúns dín que é un estado de ánimo. Onte en Ponteceso non podemos dicir que practicamos o millor fútbol da tempada nin moito menos, pero en contra do que nos sucediu moitas veces este ano maldito, conseguimos o triunfo. Non é que maltrataramos a pelota, pero houbo partidos nos que fixemos moito millor fútbol e sin embargo perdemos. Comenzamos con retraso e igual nos veu ben porque de todos é sabido que nós quetamos o xustiño. A historia do partido podese definir en querer e non poder. Na primeira parte o Ponteceso foi polo partido e tuvo máis posesión da pelota pero case que non conseguiron chegar con perigro, eu solo anotei unha chegada de Mouzo só ante o noso porteiro, partindo de un claro fora de xogo,  que estrelou a pelota no largueiro, e un centro desde a dereita que ningún dos seus dianteiros acertou a rematar. Pola nosa parte outras dúas:  unha de Pallín ante o porteiro que éste lle sacou, e outra doble primeiro de Vega  que se plantaou diante do porteiro pero conseguiu sacar a pelota  que caiu nos pés de Suso e rematou fora. Na segunda parte o mesmo que na primeira. eles teñen máis posesión, pero non sei se foi debido a que estaba O Pelat Surribas no banquillo (de todos é sabido que en Ponteceso sempre lle saen bos partidos e coas súas galopadas preocupa a defensa contraria) o certo é que decidiron adiantar  a defensa case que ata o medio campo,  é nós empezamos a facerlle moito dano polas dúas bandas. Antes de marcar xa García tuvo un man a man contra o porteiro e o rechace mandouno Suso ao pau dereito da porteria deles, pero a insistencia deste noso xogador tuvo o seu premio e marcou un bonito gol, con regate incluido no área. Eles achuchaban e nós a contra chegamos con claridade. Outro tiro o largueiro por parte de Suso e finalmente xogada de Vega que dribla ao defensa e centra para que Garcia ben desmarcado marque de cabeza a porta baleira. A partir de aquí eles empuxaron e tiveron a  súas oportunidades sobre todo a balón parado ao borde da área, xa que quitaron unas cinco o seis faltas na frontal, pero non tiñan o seu día (e de eso nós sabemos un rato largo  este ano). Final do partido no que sinceramente creo que ganamos con xustiza porque dispuxemos de más oportunidades e máis claras. Esta vez hai que darlle un dez a a actitud defensiva de todo o equipo que incluso fixo algunha falta táctica no medio do campo, cousa rara en nós. Xa sei que seguramente será unha sorpresa para os outros equipos, dada a nosa clasifiación, pero repito unha vez máis houbo varios partidos nos que xogamos bastante millor e saimos derrotados, por iso digo que o fútbol é caprichoso. Quedannos catro partidos e o noso obxectivo é disfrutar desta primeira división, aínda que por outra banda, tal como están as cousas igual  nos vemos involucrados no asunto do outro descenso, xa que nos quedan catro partidos: Bértoa, Baio, Camariñas e Cabana e todos están na "pomada" do descenso. Así que van ser todos os partidos moi...moi difíciles e seguramente tensos.
O partido do Bértoa estamos intentando xogalo un viernes pola noite (igualito que na Fórmula 1 jejeje...e sería o ideal) pero temos dificultades para que nos deixen un campo porque a maioría dos equipos entrenan ese día, no caso de non conseguir campo teríamos que xogar un sábado e iso é unha jodienda porque serían dous partidos en doce horas. Por outro lado, aunque desgraciadamente nós xa non nos xogamos máis que a honrilla, non queremos perxudicar nin alterar a competición porque hai equipos que estan a xogar a permanencia.
Agora unhas fotiños do evento de onte. Xa sabedes: pinchar nela e despois en presentación de diapositivas.  Ah! e para o ano como non participedes máis no blog pechoo e a tomar por saco porque  perdou máis horas ca ....d.....e prestade atención a foto número 17 na que Vega está ante o porteiro, pinchade na lupa que está arriba a dereita para ver a foto ampliada e mirade o que se ve........¡un 10 para o fotógrafo.......! ¿ou non?....jeje.....iso sí non se recolleron os goles......foi a emoción...jajajaja.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Felicidades pola victoria,non sei como foi o partido de onte pero é verdade que se chogaron moi bos partidos e perderonse como o partido contra o Zas
Ahora intentar gañar os 4 segints partidos e dar un boa imaxe xa que o descenso non se pode evitar
E que este equipo polo xogo moitos partidos non debería perder

David da Coruña
Un saúdo

Anónimo dijo...

Gracias David, eu non estiven no partido de Zas, pero polo que me contaron foi un partidazo, pero ¿cómo lle explicas a xente que xogaches ben o fútbol, moi ben, tiveches un feixe de oportunidades, e despois perdeches 3-0? E coma ese partidos máís: Cabana 0-2 fallamos dous goles cantados e perdemos, o día do Camariñas, o día de Baio. Polo menos deberiamos estar loitando por quedar en Primeira, o normal sería ter 20 ou 22 puntos a estas alturas, pero o fútbol a veces non é xusto. Intentaremos polo menos nestes catro partidos que quedan seguir sendo fieles ao noso estilo e para o ano que ven xa veremos o que pasa. Que en Segunda como non amarremos máis defensivamente vamos a pasalo mal outra vez.