O "diluvio" que caiu estos días foi demasiado para o noso vello campo e segundo nos informou Manolo (Blas), non é apto para disputar nel un partido de fútbol, así que nos puxemos en contacto cos amigos do Bértoa e despois de explicarlle o que pasaba, acordamos SUSPENDER o partido, e disputalo nunha fecha e hora que fixaremos no seu momento, sempre antes de finalizar a última xornada.
Como non podia ser doutro xeito informamos ao Comité sobre o acordo adoptado, facéndolle saber o mal estado en que se encontraba o campo, e quedou en requerirnos para que fixaramos data para celebrar o partido antes de chegar a última xornada.
Antes de nada agredecerlle a o equipo de Bértoa a súa comprensión e colaboración, a todos en xeral, pero en particular ao amigo Carracedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario