Neste noso deambular pola primeira división tocounos enfrentarnos co Baio, e volvemos a ceder un empate. Adiantaronse eles e cerca do final un gran cabezazo de Rios puxo o empate coa consiguente desesperación dos de Baio aos que os tres puntos lle darían un empurrón nas súas aspiración de manter a categoría. Quedanos tres partidos: Bértoa (que por non encontrar un campo para xogar o venres de noite, case que con toda seguridade haberá que disputalo o sábado, ao ter que xogarse antes das dúas xornadas últimas), Camariñas e Cabana e como non podía ser outro xeito, vamos a intentar acabar coa máxima dignidade, sen regalar nada a nadie, para ser o máis xustos posible, porque os tres equipos que nos restan están implicados no descenso. Volvendo o partido de hoxe dicir que unha vez máis o campo noso foi o noso peor enemigo. Haberá que ir reflexionando sobre isto, porque co tipo de xogadores que temos este campo é para nós unha auténtica tortura china. Só fixemos dous puntos nel en toda a liga. Lamentar a lesión de Leo e a de Javier onte, e darlle ánimos para que se recuperen o máis rápido posible. Agora unha fotiños do evento é xa sabedes como miralas, pinchade nelas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario