XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 24 de marzo de 2009

BUENOOOOOO....SEGUNDA VICTORIA CONSECUTIVA: CORCOESTO 1 --- XUVENTUDE 5

O domingo fomos xogar a Piña (Sofán) contra o Corcoesto. Campo inmenso. Esta vez fomos 13 e sen Cuba, o noso porteiro, ao que supliu o xa segundo porteiro indiscutible: Javier. Partido moi físico na primeira parte. Marcamos nada máis empezar por medio de Vega 0-1. Empataron eles mediada a segunda parte nun erro clamoroso do árbitro que primeiro fixo amagos de levantar a mán para finalmente conceder gol.  Sobre o minuto 40 marcou Garcia afortunadamente recuperado das súas lesións e nun gran estado de forma. Nesta primeira parte debido en parte a que eles corren coma gamos e que entre o balón e o aire era dificil botalo ao chan, entramos no xogo físico deles e as cousas non iban moi ben. Sobre o minuto 10 da segunda parte marcou Bernardo desde fora da área e a partir de aquí o partido estuvo un pouquiño máis controlado, xa poidemos xogar por abaixo, ainda que eles seguiron correndo moito. Máis ou menos sobre o minuto 30 marcou novamente Vega (xa leva 4 goles en dous partidos) e finalmente marcou Sorribas nunha gran xogada de Garcia que se internou na área e pasoulla o Pelat que ben desmarcado e na área pequena empurrouna para dentro. 
Victoria traballada pese a que o resultado pareza dicir outra cousa.
O positivo: dúas victorias seguidas nesta tempada maldita. O negativo unha vez máis fomos 13. Non sei que pasa agora que os resultados parecen axudarnos algún dos nosos dáselle por desaparecer do mapa, eu creo que na era dos móviles se un non pode vir ou non quere vir o millor e decilo ¡vamos digo eu!, de todos os xeitos a cuestión e solventar este trámite da copa, que volvo a insistir unha vez máis e un auténtico fiasco porque nos vai levar ata junio xogando.....e sinceramente moitos xa estamos ata os cojj......de tanto fútbol.
O domingo xogamos en Cances, no noso Vinculeiro Stadium contra os de Camariñas, e eu animo a todos os compañeiros que poidan para que  acudan a xogar, a ver se conseguimos prolongar a racha, sería toda unha novedade este ano....

6 comentarios:

txpngz dijo...

Noraboa rapaces, parece que isto empeza a arrancar. A ver se dura a racha e pasades de ronda que o tedes ó alcance da man. Moita sorte e vémonos nas tabernas.

Anónimo dijo...

Gracias oh.... a ver si é verdade, ainda que iso sería alargar esta maldita temporada que tan mal nos foi. Veremos o que pasa o domingo....e sí vémonos polas tabernas....

Anónimo dijo...

eu tamen quero ir de tabernas

CARIOCA dijo...

e mais eu!!!
noraboa polo voso tesón. A moral non vos jana nin o Alcoyano. Espero que chejedes lonxe na copa, de verdá volo digo.
Saludos

txpngz dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Huntelaar dijo...

Transmitelle a García os ánimos de todo o plantel do Bergan de Santiago, esperemos que se recupere pronto para coincidir por esos campos da nosa bisbarra.
Saúdos e actualiza langrán!!