XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 3 de marzo de 2009

A DOBRE XORNADA TERMINOU CON UN EMPATE: XUVENTUDE 5 --- BERTOA 5, E UNHA DERROTA: CAMARIÑAS 2 --- XUVENTUDE 0

A temible dobre xornada concluiu con un empate: XUVENTUDE 5 --BERTOA 5, e unha derrota: CAMARIÑAS 2--XUVENTUDE 0.
Na xornada do sábado o Bértoa presentouse en Cances con 10 xogadores. O partido discorreu polos cauces normales ata o minuto 20, no que foi expulsado xustamente o noso porteiro por cortar coa mán unha pelota fora da área. A partires de aquí 0-1, 0-2, 1-2, 1-3, 1-4, 1-5 o Bértoa soupo aproveitar as súas ocasións e marcounos cinco nun plis...plas......Un dos xogadores de campo tivo que ocupar a portería desde a expulsión do porteiro.
Na segunda metade o Bértoa pensou máis no partido do domingo (como faceríamos calquera de nós) e xogou case que un adestramento, sobre todo desde que ISIDRIZAR nunha falta pitada ao noso favor expulsou a dous xogadores dos nosos,  por protestar un deles,  e o outro por dicirlle que estaba pitando ben (primeira amarela), e despois por dicirlle que lle podia quitar a segunda, e claró que o fixo, así que antes dos quince minutos da segunda parte quedámonos con OITO xogadores no campo por EXPULSIÓN DE TRES XOGADORES. Desde aquí xa non foi un partido, foi un adestramento no que o Bértoa co marcador a favor claramente, e un partido que xogar o domingo, relaxouse e nós fomos creando ocasións e recortando o marcador. Cando faltaban tres minutos para o final Vega internouse na área loitando con un defensa, caiu e Isidrizar pitou penalti (solo o viu él, porque o noso xogador a mín díxome que non houbo tal cousa). 4-5... E aquí pasou algo esperpéntico, sacan eles de medio roubamos a pelota e desde o círculo central Moises, o noso central, largou un chutazo que logo de pegar no pau dereito da meta do Bértoa entra coma un foguete. 5-5, Nin uns nin os outros o podían creer. Xa non houbo tempo para máis. 
O domingo fomos a Camariñas diezmados, conseguimos reunir 11, xa que dous se mancaron o sábado e os outros,  entre lesionados da semana pasada e compromisos familiares non poideron acudir. Así, nun campo grande como un mundo (polo menos para mín) ahí estamos 11 con polo menos dous xogadores con moi poucos minutos nesta segunda volta. A cuestión era aguantar con dignidade. E non o fixemos tan mal, pese ao marcador. Na primeira parte houbo poucas ocasións: unha por cada bando. Moito fútbol control pola nosa parte intentando tocar a primeira e saindo en paredes, sobre todo Roberto e Leo. Na segunda parte moitos xa estabamos ao límite das nosas forzas, pero aínda así tivemos o partido nunha magnífica contra de Vega e Surribas, que evitou o porteiro deles nun bo mán a mán co Pelat. Lástima. Sobre o minuto 75 conseguiron  abrir a lata e xa non nos quedaron forzas para máis. No minuto 85 máis ou menos marcaron o 0-2 e acabouse o partido. Destacar o esforzo, sobre dos que xogaron tamén o sábado, e que pese a derrota poidemos marchar coa cabeza ben alta xa que dimos todo o que tiñamos dentro, e máis.
E iso e todo, bueno...todo non porque o sábado despois do partido co Bértoa houbo CHURRASCO e ahí somos case que imbatibles.
Deixovos a reportaxe gráfica do partido e do churrasco, para velas facede o de sempre.
XUVENTUDE-BERTOA febreiro de 2009

2 comentarios:

CARIOCA dijo...

Boas. Seica andades en cuadro tamén. Se eso xojámolo o tute o domingo e o carallo. Malo será que non xuntemos catro ou cinco parexiñas.
viches o correo que che mandei? Ti dirás.

Saludos

Anónimo dijo...

Si entre expulsado e lisiados estamos en cuadro, pero como ningún nos xogamos nada se fai falla xogamos un tute o caso é xogar. Ah! xa vín o correo e xa che contestei. Saúdos e a ta o domingo.