XUVENTUDE 2010/11

XUVENTUDE 2010/11
XUVENTUDE TEMPORADA 2010/11

MARCADOR DE ENTRADAS

martes, 28 de abril de 2009

LÍDERES DO GRUPO B: BÉRTOA 1 ---- XUVENTUDE 6

Quen nos ía dicir a nos co ano que levabamos que a estas alturas estariamos liderando o noso grupo?, pois sí, aproveitando as circunstancias acaecidas, e tendo en conta a derrota do Camariñas en Buño, depois de derrotar en Paisaco por 1-6 aos de Bértoa, atopámonos con que somos líderes con tres puntos de ventaxe sobre o segundo. En fin, cousas do fútbol, a verdade é que o grupo meréceo por saber sofrir durante a liga. Non poido contar nada do partido porque non estiven nel, só dicir que marcaron ao parecer Jorge, Vega e Ramón, éste último parece ser o descubrimento  do noso mister  Tino, que según as informacións colocouno de interior e é todo un crack. Só me queda felicitar ao grupo por saber manter o tipo e polo menos acabar o ano con unhas cuantas victorias, que por outro lado tanta falla nos facían para subir un pouco a nosa autoestima.
Por outra banda parece que nos está a invadir un "virus de posters" porque segundo fuentes ben informadas,  nos dormitorios, salas de estar, pasillos e inclusive nalgún baño de moitas casas, están a aparecer carteles coma este, todo parece indicar que e unha mensaxe subliminal dun grupo de mulleres cansas de estar os domingos "viuvas en vida"..

viernes, 24 de abril de 2009

BÉRTOA -- XUVENTUDE EN PAISACO AS 11,00

O DOMINGO PARTIDO EN PAISACO AS 11,00 . Esperemos que vaian todos os que poidan. Ah!... Pallín tí tamén podes vir aínda que non poderás xogar porque estás sancionado....xa falaremos de iso. Ata o domingo A título personal, pídolle aos árbitros que por favor......por favor......sancionen as "planchas" e as "patadas" co máximo rigor, porque é completamente demencial que che ensinen unha tarxeta por falar e non che ensinen tarxetas por entradas máis ca violentas, e recordarlle que a "intencionalidade" tamén ven reflexeda no regulamento, non fai falla que che espeten os tacos na perna para sinalar falta, e isto tamén e penalizable aínda que non cheguen a darche. Vamos a ver se de unha puñetera vez nos enteramos de que non fai falla romperlle unha perna a un contrario para sinalar falta  e mostrarlle tarxeta amarela ou roxa.

lunes, 20 de abril de 2009

XUVENTUDE 3 --- BUÑO 1

O partido xogouse en Buño. Ao parecer foi un partido difícil no que íamos perdendo na primeira parte na que eles xogaban con 10. Na segunda remontamos aínda que segundo me contan non sin sacrificio, pero iso non é nada novo porque poucos partidos recordo eu nos que gañaramos con facilidade. O importante e o mesmo tempo sorprendente, é que rematamos a primeira volta invictos, con tres victorias e dous empates. Quen ía a dicir que estariamos cinco partidos sen perder este ano nefasto, pero como decía Boskov "fútbol é fútbol". O peor é que temos moita xente lesionada para esta segunda volta, pero tampouco é unha cousa que nos preocupe porque cando iniciamos esta "champións-copera" as nosas pretensión eran única e exclusivamente cumplir co trámite, así que compañeiros,  a disfrutar dos cinco partidos que nos quedan.  Aquí vos deixo a clasificación:
JV.BERGANTIÑOS
3
1
BUÑO
CORCOESTO
0
5
BERTOA
CAMARIÑAS
2
1
VIMIANZO
Equipos
Pts.
Jug.
Gan.
Emp.
Per.
GF
GC
1
CAMARIÑAS
11
5
3
2
0
16
5
2
JV.BERGANTIÑOS
11
5
3
2
0
16
7
3
BUÑO
7
5
2
1
2
10
10
4
BERTOA
6
5
2
0
3
12
14
5
VIMIANZO
4
5
1
1
3
14
16
6
CORCOESTO
3
5
1
0
4
4
20

domingo, 12 de abril de 2009

SEGUNDA ENTREGA DE FOTOS DA CEA DO EQUIPO DA CHAVE EN CANTA LA RANA (BUÑO)

Como o prometido é débeda déixovos coa segunda entrega das fotos da cea
FESTA DA CHAVE II MARZO 2009

OS DA CHAVE FORON DE CEA O 27 DE MARZO A CANTA LA RANA (BUÑO)

Con un pouco de retraso subo unha primeira tandada de fotos da cuchipanda que celebrou o equipo da chave "Fergo" en Canta la Rana (Buño), como podedes ver non faltou de nada...Boa organización Manolo..como sempre........Disfrutade que aínda faltan outras poucas.
Ahí van....para veles xa sabedes pinchade e seguide pinchando..
FESTA DA CHAVE CANTA LA RANA MARZO 2009

lunes, 6 de abril de 2009

VIMIANZO 3 -- XUVENTUDE 3

O domingo empatamos 3-3 en Vimianzo. Un partido disputado que tuvemos controlado xa que fomos sempre diante no marcador. Na primeira parte 0-1. Na segunda conseguimos marcar o 0-2 e a partir de aquí eles intentaron recortar, e conseguirono nun despiste defensivo noso, xa que un dianteiro deles gañounos a espalda y non tivo problemas para marcar. Seguimos ben plantados aínda que a iniciativa levarona eles, pero fomos nós outra vez os que marcamos o 1-3 por medio de Vila de cabeza ao saque dun corner. Dáse a casualidade que fixemos os tres goles a balón parado, cousa rara en nós, xa que non é unha das xogadas que máis dominamos. A partires de aquí outra vez "nos temblaron as pernas" e encaixamos dos goles en 10 minutos, un de falta directa e otro nunha xogada desgraciada da nosa defensa. Unha vez más, igual que o domingo pasado, facemos o esforzo, corremos, intentamos xogar, levamos a iniciativa do partido, pero é como si tivesemos medo a gañar e na xogada máis tonta fannos un gol. Así que outros dous puntos que deixamos escapar. De todos os xeitos aínda non perdemos ningún partido nesta liguilla, así que podemonos dar por satisfeitos, vendo a campaña que levabamos. O domingo descanso e o seguinte xogamos contra o Buño. Atención o Bértoa que parece que espertou. Ainda queda un mes de competición...isto é interminable......
Agora déixovos con un vídeo no que se poden apreciar varias xogadas entre elas o gol de Viliña, o primeiro con nós, espero que non cumpra a promesa de abandonarnos en canto marcara un gol.......a ver si lle colle o gusto e consigue facer outros tres ou catro na copa....isto é como o rañar....todo é empezar.
Disfrutade do video e tamén da música.

viernes, 3 de abril de 2009

DOMINGO: VIMIANZO - XUVENTUDE

O domingo as 11,00 novo partido de copa en Vimianzo. Na circular do Comité non hai ningún xogador do noso equipo sancionado, así que acudir todos a ver se podemos lle podemos ofrecer a victoria a quen todos sabemos, ao que desde aquí lle damos ánimos.......

miércoles, 1 de abril de 2009

XUVENTUDE 2 -- CAMARIÑAS 2

Unha vez máis, como outras tantas este ano, pinchamos no Vinculeiro Stadium e perdemos dous puntos nos últimos tres minutos de partido.  Partido moi físico o de este domingo. O Camariñas ben posicionado apretou moito, pero fomos nós quen marcamos na primeira parte, a pesar de que eles tiveron dúas claras ocasión para empatar e incluso adiantarse. Na segundo parte empataron pronto e logo o partido tornouse no de siempre, pouco fútbol combinativo, debido ao estado irregular do césped e a pequenas dimensións, así que moito fútbol aéreo. Sobre o minuto 35 marcamos o segundo por medio de Pallín, e despois eles empataronnos nunha falta lateral que no soubemos defender, e dicir, o de sempre, cando tiñamos feito o máis difícil, e case que o partido gañado, dexamos que nos empaten por unha falta total de concentración. De todos os xeitos polo momento estmos a facer unha máis que digna copa, a ver se conseguimos seguir así e polo menos podemos sacar o mal sabor de boca da liga. E nada mái porque desta vez non houbo fotos nin reportaxe de vídeo. Soamente ANIMAR a quen todos sabemos. Un forte abrazo de parte de todos...